{"id":89483,"date":"2026-11-05T20:02:24","date_gmt":"2026-11-05T19:02:24","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=89483"},"modified":"2026-11-05T20:02:24","modified_gmt":"2026-11-05T19:02:24","slug":"cmat-oito-experiencias-guiadas-costa-da-morte-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-oito-experiencias-guiadas-costa-da-morte-2026","title":{"rendered":"A CMAT prop\u00f3n oito experiencias guiadas para descubrir a Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p>Este ano, a CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo busca completar a s\u00faa proposta de dinamizaci\u00f3n tur\u00edstica coa organizaci\u00f3n dun programa de oito experiencias guiadas que se desenvolver\u00e1n nas xornadas previas ao VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, previsto para o martes 17 de novembro no Parador Costa da Morte, en Mux\u00eda.<\/p>\n<p>O programa, que ter\u00e1 lugar a fin de semana do 13, 14 e 15 de novembro, pretende ofrecer novas oportunidades para co\u00f1ecer e experimentar o territorio desde diferentes perspectivas, achegando tanto \u00e1 poboaci\u00f3n local como \u00e1s persoas visitantes alg\u00fans dos seus recursos m\u00e1is singulares da man de profesionais e persoas expertas en \u00e1mbitos como a natureza, o patrimonio, a cultura mari\u00f1eira, a artesan\u00eda e o astroturismo.<\/p>\n<p>Esta programaci\u00f3n servir\u00e1 de antesala ao VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrar\u00e1 o martes 17 de novembro no Parador Costa da Morte (Mux\u00eda) coa financiaci\u00f3n da Axencia Turismo de Galicia e a colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. A cita reunir\u00e1 representantes institucionais, profesionais do sector e entidades vinculadas ao turismo para compartir o traballo desenvolvido e abordar os retos de futuro do destino. Durante o encontro tam\u00e9n se entregar\u00e1 o IV Premio Embaixador Costa da Morte ao xornalista Xos\u00e9 Ameixeiras e ter\u00e1 lugar un reco\u00f1ecemento colectivo \u00e1s entidades de inclusi\u00f3n social que traballan no territorio.<\/p>\n<h2>Oito propostas para co\u00f1ecer o territorio<\/h2>\n<p>O programa, organizado pola CMAT co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, arrincar\u00e1 o venres 13 de novembro cunha visita \u00e1 lonxa de Malpica dirixida \u00e1 Asociaci\u00f3n \u00cdntegro, cunha proposta espec\u00edfica para achegar a actividade pesqueira \u00e1s persoas participantes desde unha perspectiva inclusiva. Esa mesma tarde, \u00e1s 19:00 horas, ter\u00e1 lugar unha sesi\u00f3n de astroturismo no miradoiro do Alto da Vela, en Camari\u00f1as, con Virxinia Barros, para descubrir as estrelas, a mitolox\u00eda e a relaci\u00f3n hist\u00f3rica do firmamento coa navegaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O s\u00e1bado 14 ser\u00e1 a quenda da artesan\u00eda e do patrimonio. \u00c1s 11:00 horas, as persoas participantes poder\u00e1n visitar o taller e a casa-museo do ceramista Nacho Porto, en Carnota. A continuaci\u00f3n, \u00e1s 12:00 horas, desenvolverase unha visita guiada \u00e1 antiga factor\u00eda baleeira de Caneli\u00f1as, en Cee, para co\u00f1ecer a historia dunha actividade que marcou a vida de numerosas familias da zona. Pola tarde, \u00e1s 16:00 horas, Tania Carreira conducir\u00e1 un percorrido polo patrimonio hist\u00f3rico e arqueol\u00f3xico de Brandomil, en Zas, que incl\u00fae a Ponte Vella, o Castro e os restos da domus romana de Pedra do Altar.<\/p>\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/chat-image-3.jpg\" alt=\"Taller do ceramista Nacho Porto, en Carnota\" \/><\/figure>\n<p>A programaci\u00f3n pecharase o domingo 15 de novembro con tres propostas. \u00c1s 10:00 horas, unha ruta de oito quil\u00f3metros pola Senda do Xallas, en Mazaricos, permitir\u00e1 descubrir a riqueza natural da contorna. \u00c1s 12:00 horas, A Laracha acoller\u00e1 unha andaina bot\u00e1nica con degustaci\u00f3n silvestre da man de Sabores Espont\u00e1neos. Finalmente, \u00e1s 16:30 horas, Suso Lista, percebeiro e escritor, guiar\u00e1 unha visita ao cabo Roncudo, en Ponteceso, para dar a co\u00f1ecer de primeira man o oficio do percebeiro e a cultura mari\u00f1eira de Corme.<\/p>\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/chat-image-2.jpg\" alt=\"Porto de Corme, na Costa da Morte\" \/><\/figure>\n<h2>Inscrici\u00f3ns e organizaci\u00f3n<\/h2>\n<p>As actividades contan con prazas limitadas, polo que ser\u00e1 necesaria a reserva previa a trav\u00e9s do formulario habilitado na web de turismo da Costa da Morte. As persoas interesadas poden consultar os horarios, os puntos de encontro e as condici\u00f3ns de cada proposta no seguinte enderezo:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/experiencias-na-costa-da-morte\" target=\"_blank\" rel=\"noopener noreferrer\">https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/experiencias-na-costa-da-morte<\/a><\/p>\n<p>Este programa de actividades est\u00e1 organizado pola CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo, no marco da li\u00f1a de subvenci\u00f3ns DP0030\/2026 da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, destinada a apoiar o desenvolvemento de iniciativas de promoci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n tur\u00edstica no territorio.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n ou confirmaci\u00f3n de asistencia, contactar co equipo de Asistencia T\u00e9cnica da CMAT:<br \/>comunicacion@visitacostadamorte.com<br \/>621 25 63 91 (Jessica Lago) \/ 634 09 21 12 (Marta Ba\u00f1os)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O programa incl\u00fae oito propostas guiadas os d\u00edas 13, 14 e 15 de novembro, como complemento ao VI Encontro de Turismo, que se celebrar\u00e1 o d\u00eda 17 no Parador de Mux\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":89479,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"A CMAT prop\u00f3n oito experiencias guiadas para descubrir a Costa da Morte - Costa da Morte","description":"O programa incl\u00fae oito propostas guiadas os d\u00edas 13, 14 e 15 de novembro, como complemento ao VI Encontro de Turismo, que se celebrar\u00e1 o d\u00eda 17 no Parador de Mu"},"_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[521,523,122,1461,1557],"class_list":["post-89483","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-astroturismo-gl","tag-cmat-gl","tag-costa-da-morte-gl","tag-vi-encontro-de-turismo","tag-visitas-guiadas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89483","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=89483"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89483\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/89479"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=89483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=89483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=89483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}