{"id":89039,"date":"2026-10-27T19:25:15","date_gmt":"2026-10-27T18:25:15","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=89039"},"modified":"2026-10-27T19:51:42","modified_gmt":"2026-10-27T18:51:42","slug":"xose-ameixeiras-iv-embaixador-costa-da-morte-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/xose-ameixeiras-iv-embaixador-costa-da-morte-2026","title":{"rendered":"Xos\u00e9 Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo (CMAT) v\u00e9n de anunciar que Xos\u00e9 Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia en Carballo, ser\u00e1 distinguido co t\u00edtulo de \u00abEmbaixador da Costa da Morte 2026\u00bb, en reco\u00f1ecemento a toda unha traxectoria profesional dedicada a dar voz e visibilidade ao territorio a trav\u00e9s da prensa e dos medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O reco\u00f1ecemento entregarase o martes 17 de novembro, durante a celebraci\u00f3n do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, no Parador Costa da Morte (Mux\u00eda), unha cita anual que re\u00fane profesionais e representantes institucionais arredor dos retos e oportunidades do sector tur\u00edstico. Este galard\u00f3n distingue persoas que contrib\u00faen, desde diferentes \u00e1mbitos, \u00e1 proxecci\u00f3n da Costa da Morte e \u00e1 difusi\u00f3n da s\u00faa identidade dentro e f\u00f3ra de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Unha traxectoria dedicada a dar voz \u00e1 Costa da Morte<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xos\u00e9 Ameixeiras leva m\u00e1is de corenta anos traballando para La Voz de Galicia, primeiro como correspondente desde Salto-Vimianzo, a s\u00faa parroquia natal, e posteriormente como redactor e delegado da edici\u00f3n de Carballo. Ao longo de toda esta traxectoria, a Costa da Morte, as s\u00faas xentes, o seu patrimonio e as s\u00faas necesidades estiveron no centro do seu traballo, contribu\u00edndo a que a realidade do territorio tivese unha presenza constante nos medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa visi\u00f3n da Costa da Morte est\u00e1 tam\u00e9n marcada pola defensa da unidade e da colaboraci\u00f3n entre concellos como v\u00eda para avanzar no desenvolvemento do territorio, as\u00ed como polo apoio a iniciativas e servizos de car\u00e1cter supramunicipal. Neste sentido, ten defendido en numerosas ocasi\u00f3ns a importancia da cooperaci\u00f3n e dunha planificaci\u00f3n tur\u00edstica que vaia m\u00e1is al\u00e1 das fronteiras administrativas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha parte fundamental do seu traballo foi tam\u00e9n dar protagonismo \u00e1s persoas da Costa da Morte. Ao longo dos anos puxo en marcha secci\u00f3ns como Persoas con historia, na que participaron centos de veci\u00f1os e veci\u00f1as compartindo as s\u00faas experiencias e contribu\u00edndo a conservar a memoria de como se viv\u00eda no territorio. A esta iniciativa sumouse posteriormente Lobos de Mar, centrada no mundo mari\u00f1eiro, e m\u00e1is recentemente A canteira do talento, que d\u00e1 visibilidade a mozos e mozas da Costa da Morte que est\u00e1n a desenvolver proxectos e traxectorias de \u00e9xito desde o rural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O seu compromiso coa cultura e o patrimonio foi tam\u00e9n unha constante ao longo da s\u00faa traxectoria, contribu\u00edndo a dar a co\u00f1ecer figuras como Man de Camelle e \u00e1 recuperaci\u00f3n do dolmen de Dombate, as\u00ed como a po\u00f1er o patrimonio da Costa da Morte no centro da informaci\u00f3n. No \u00e1mbito da promoci\u00f3n do territorio, destaca tam\u00e9n a s\u00faa implicaci\u00f3n cos Premios V\u00e1kner e coa difusi\u00f3n do Cami\u00f1o de Fisterra e Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por toda esta traxectoria, a Xunta Directiva da Costa da Morte Asociaci\u00f3n de Turismo (CMAT) elixiu a Xos\u00e9 Ameixeiras como IV Embaixador da Costa da Morte 2026, destacando non s\u00f3 o seu labor como xornalista, sen\u00f3n tam\u00e9n a s\u00faa profunda vinculaci\u00f3n co territorio e a s\u00faa contribuci\u00f3n continuada a dar visibilidade \u00e1s s\u00faas persoas, \u00e1 s\u00faa cultura, ao seu patrimonio e aos retos que afronta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa capacidade de di\u00e1logo e comprensi\u00f3n, as\u00ed como o respecto que foi constru\u00edndo ao longo de d\u00e9cadas entre diferentes sensibilidades pol\u00edticas e sociais, completan o perfil dunha persoa que leva m\u00e1is de corenta anos contando a Costa da Morte e contribu\u00edndo a que o territorio sexa co\u00f1ecido e reco\u00f1ecido m\u00e1is al\u00e1 das s\u00faas fronteiras.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">VI Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte<\/h2>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O martes 17 de novembro \u00e1s 18:00 h a CMAT organiza o VI Encontro de Turismo da Costa da Morte no Parador Costa da Morte (Mux\u00eda). O Encontro de Turismo da Costa da Morte \u00e9 unha cita anual que re\u00fane profesionais do sector, representantes institucionais e entidades do territorio para compartir experiencias e propostas que contrib\u00faan ao desenvolvemento do xeodestino.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta sexta edici\u00f3n, que se celebrar\u00e1 o vindeiro 17 de novembro, entregarase o reco\u00f1ecemento a Xos\u00e9 Ameixeiras como IV Embaixador da Costa da Morte e realizarase tam\u00e9n unha homenaxe colectiva \u00e1s entidades de inclusi\u00f3n social que traballan para constru\u00edr unha Costa da Morte m\u00e1is accesible, inclusiva e aberta a todas as persoas, po\u00f1endo en valor o seu labor para avanzar cara a un destino no que todo o mundo te\u00f1a cabida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Para m\u00e1is informaci\u00f3n ou confirmaci\u00f3n de asistencia, contactar co equipo de Asistencia T\u00e9cnica da CMAT:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><em><a href=\"mailto:comunicacion@visitacostadamorte.com\">comunicacion@visitacostadamorte.com<\/a><\/em><\/li>\n\n\n\n<li><em><a href=\"tel:+34621256391\">621 25 63 91<\/a> (Jessica Lago)<\/em><\/li>\n\n\n\n<li><em><a href=\"tel:+34634092112\">634 09 21 12<\/a> (Marta Ba\u00f1os)<\/em><\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta Directiva da CMAT elixiu a Xos\u00e9 Ameixeiras como IV Embaixador da Costa da Morte, en reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa traxectoria xornal\u00edstica e ao seu compromiso coa difusi\u00f3n e posta en valor do territorio. A distinci\u00f3n entregarase o vindeiro 17 de novembro, durante a celebraci\u00f3n do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":88980,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"Xos\u00e9 Ameixeiras nomeado IV Embaixador da Costa da Morte - Costa da Morte","description":"A Xunta Directiva da CMAT elixiu a Xos\u00e9 Ameixeiras como IV Embaixador da Costa da Morte, en reco\u00f1ecemento \u00e1 s\u00faa traxectoria xornal\u00edstica e ao seu compromiso coa"},"page_builder":"","_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523,529,1461,1556],"class_list":["post-89039","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl","tag-embaixador-costa-da-morte","tag-vi-encontro-de-turismo","tag-xose-ameixeiras"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89039","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=89039"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89039\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":89056,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/89039\/revisions\/89056"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/88980"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=89039"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=89039"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=89039"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}