{"id":88621,"date":"2026-10-16T20:54:30","date_gmt":"2026-10-16T18:54:30","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=88621"},"modified":"2026-10-16T20:54:30","modified_gmt":"2026-10-16T18:54:30","slug":"encontro-turismo-costa-da-morte-volve-parador-muxia-cinco-anos-despois","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/encontro-turismo-costa-da-morte-volve-parador-muxia-cinco-anos-despois","title":{"rendered":"O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parador de Mux\u00eda cinco anos despois"},"content":{"rendered":"<p><strong>A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Mux\u00eda, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrar\u00e1 o vindeiro 17 de novembro, cinco anos despois de que este mesmo espazo acollese a primeira edici\u00f3n da cita. O encontro conta coa financiaci\u00f3n da Axencia Turismo de Galicia e a colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/strong><\/p>\n<p>O regreso a Mux\u00eda ten un significado especial para unha iniciativa que, desde aquel primeiro encontro celebrado en 2021, foi medrando en participaci\u00f3n, alcance e repercusi\u00f3n ata converterse nunha das datas sinaladas no calendario tur\u00edstico do territorio. Naquela primeira edici\u00f3n, o encontro daba os seus primeiros pasos e a\u00ednda estaba lonxe da dimensi\u00f3n que ten acadado hoxe, pero foi precisamente no Parador onde se puxo a primeira pedra dunha cita que cinco anos despois xa est\u00e1 plenamente consolidada.<\/p>\n<p>A elecci\u00f3n deste escenario, entre as propostas recibidas para acoller esta edici\u00f3n, permite as\u00ed volver ao punto de partida e po\u00f1er en perspectiva o cami\u00f1o percorrido, nun encontro que reunir\u00e1 de novo a representantes p\u00fablicos e privados vinculados ao turismo da Costa da Morte.<\/p>\n<p>O VI Encontro ser\u00e1 tam\u00e9n un espazo para compartir o traballo desenvolvido pola CMAT ao longo do \u00faltimo ano, presentar novas propostas e abordar os retos e oportunidades que ten por diante o xeodestino, reforzando a colaboraci\u00f3n entre os diferentes axentes que traballan polo seu desenvolvemento.<\/p>\n<p><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/parador-costa-da-morte-exteriores.jpg\" alt=\"Vista exterior das terrazas e a fachada do Parador Costa da Morte en Mux\u00eda\" \/><\/p>\n<p>Durante o encontro ter\u00e1 lugar tam\u00e9n a entrega do IV Premio Embaixador\/a Costa da Morte, co que a CMAT reco\u00f1ece a persoas que contrib\u00faen a dar visibilidade ao territorio e a proxectar a s\u00faa identidade e os seus valores m\u00e1is al\u00e1 das s\u00faas fronteiras. Nas edici\u00f3ns anteriores, o galard\u00f3n recaeu en Bieito Romero, membro fundador de Luar na Lubre; Jorge Mira, catedr\u00e1tico de F\u00edsica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; e Marta Lado, actriz e creadora fisterr\u00e1, cunha destacada traxectoria no cine e no teatro galegos. O nomeamento da persoa que recibir\u00e1 o reco\u00f1ecemento nesta sexta edici\u00f3n darase a co\u00f1ecer proximamente.<\/p>\n<p>Nesta edici\u00f3n, a CMAT incorporar\u00e1 ademais un reco\u00f1ecemento colectivo \u00e1s entidades de inclusi\u00f3n social que traballan no territorio, como agradecemento ao seu labor para favorecer que todas as persoas poidan gozar dos recursos, experiencias e tesouros que ofrece a Costa da Morte.<\/p>\n<h2>Un encontro que medra co territorio<\/h2>\n<p>Desde aquel primeiro encontro no Parador Costa da Morte en 2021, a iniciativa pasou por Costa Cai\u00f3n, na Laracha; a Torre de Laxe; o Pazo de Trasariz, en Vimianzo; e o Pazo de Villar de Francos, en Carballo. Cada edici\u00f3n serviu para achegar o encontro a diferentes puntos da Costa da Morte e, ao mesmo tempo, para reforzar os v\u00ednculos entre os axentes p\u00fablicos e privados que forman parte do destino.<\/p>\n<p>O encontro converter\u00e1 as\u00ed o Parador Costa da Morte nun espazo para celebrar o cami\u00f1o percorrido, reco\u00f1ecer o traballo que se fai desde o territorio e seguir debuxando xuntos o futuro tur\u00edstico da Costa da Morte.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n ou confirmaci\u00f3n de asistencia, contactar co equipo de Asistencia T\u00e9cnica da CMAT:<br \/>comunicacion@visitacostadamorte.com<br \/>621 25 63 91 (Jessica Lago) \/ 634 09 21 12 (Marta Ba\u00f1os)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Mux\u00eda, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrar\u00e1 o vindeiro 17 de novembro, cinco anos despois de que este mesmo espazo acollese a primeira edici\u00f3n da cita. O encontro conta coa financiaci\u00f3n da Axencia Turismo de Galicia e a colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":88618,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"slim_seo":{"title":"O Encontro de Turismo da Costa da Morte volve ao Parador de Mux\u00eda cinco anos despois - Costa da Morte","description":"A CMAT escolleu o Parador Costa da Morte, en Mux\u00eda, como sede do VI Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrar\u00e1 o vindeiro 17 de novembro, cinco ano"},"page_builder":"","_slim_seo_primary_term_category":0,"_slim_seo_primary_term_post_tag":0,"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523,122,529,531,143,1534,1461,535],"class_list":["post-88621","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl","tag-costa-da-morte-gl","tag-embaixador-costa-da-morte","tag-encontro-de-turismo","tag-muxia-gl","tag-parador-costa-da-morte-gl","tag-vi-encontro-de-turismo","tag-xeodestino-costa-da-morte"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/88621","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=88621"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/88621\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":88623,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/88621\/revisions\/88623"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/88618"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=88621"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=88621"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=88621"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}