{"id":82424,"date":"2022-11-21T00:00:00","date_gmt":"2022-11-20T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=82424"},"modified":"2026-06-04T21:00:33","modified_gmt":"2026-06-04T19:00:33","slug":"entrevista-a-patrick-vilan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-a-patrick-vilan","title":{"rendered":"Entrevista a Patrick Vil\u00e1n"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Costa da Morte e surf son dous conceptos que van intimamente ligados. Isto s\u00e1beo ben Patrick Vil\u00e1n, \u00e1 fronte de Cai\u00f3n Surf House, un surfcamp que ademais ofrece aloxamento a p\u00e9 de praia en Cai\u00f3n, A Laracha. A continuaci\u00f3n co\u00f1eceremos a s\u00faa perspectiva sobre a situaci\u00f3n actual do sector e as perspectivas de futuro do surf en toda esta costa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Entrevista cofinanciada entre a CMAT e a Xunta de Galicia a trav\u00e9s dun convenio con Turismo de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Turismo como revulsivo para a creaci\u00f3n de escolas de surf ou surf como catalizador e dinamizador tur\u00edstico da Costa da Morte?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">O surf na Costa da Morte \u00e9 unha das m\u00faltiples actividades e pr\u00e1cticas deportivas existentes nesta zona, sendo algunhas das m\u00e1is co\u00f1ecidas o Cami\u00f1o dos Faros ou a peregrinaci\u00f3n a Fisterra, as rutas en kaiak, o sendeirismo&#8230; Dispo\u00f1er dun contorno id\u00edlico como o noso contrib\u00fae a que o surf estea presente en practicamente todas as praias m\u00e1is importantes, contando cunha boa infraestrutura para poder dar servizo a esta demanda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Sen d\u00fabida, as escolas de surf contrib\u00faen a dinamizar o sector tur\u00edstico, ao mesmo tempo que este tam\u00e9n favorece que pouco a pouco as empresas se profesionalicen e medren para poder ofrecer un servizo de maior calidade.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">En que momento se atopa o sector tras a pandemia e o posterior auxe do turismo de natureza e do turismo activo? Perc\u00edbese un maior interese pola cultura do surf nesta zona?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Nos meses inmediatamente posteriores \u00e1 pandemia, cando se relaxaron as restrici\u00f3ns por primeira vez, si se notou un grande incremento, xa que moita xente optou polo surf e outras actividades ao aire libre como unha v\u00eda de escape tras todos os meses de confinamento. Houbo un aumento considerable da demanda, sobre todo desde a comunidade local e o turismo nacional. Pouco a pouco, tras ese boom inicial, o turismo nacional estabilizouse e produciuse un incremento do turismo internacional, grazas \u00e1s medidas m\u00e1is laxas adoptadas polo noso pa\u00eds. Este ano, tanto un coma outro, estabiliz\u00e1ronse; non percibimos un incremento exponencial desde eses primeiros meses pospand\u00e9micos.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Desde unha perspectiva tur\u00edstica, poderiamos diferenciar o \u201cturismo de surf\u201d propiamente dito, realizado por persoas cuxa motivaci\u00f3n principal \u00e1 hora de escoller un destino sexa a procura das mellores ondas e, por outra banda, aquelas outras que conciben o surf como unha experiencia m\u00e1is dentro da s\u00faa viaxe, unha actividade complementaria. Poden convivir ambos tipos de experiencias nun mesmo destino? Deber\u00edase trazar unha estratexia diferenciada para ambas vertentes?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">En efecto, tr\u00e1tase de d\u00faas estratexias e perf\u00eds distintos. Por unha banda temos o surfista avanzado, probablemente cun perfil m\u00e1is aventureiro, que busca unha viaxe m\u00e1is independente. Normalmente tr\u00e1tase dunha persoa for\u00e1nea; sobre todo vemos moita xente de Alema\u00f1a, Austria, B\u00e9lxica&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">O impacto deste tipo de perfil na zona \u00e9 moito menor, xa que viaxan nun formato distinto, en autocaravanas e furgonetas camperizadas. Co considerable aumento deste tipo de viaxeiros xorde a necesidade de regular e trazar estratexias concretas para poder canalizar este tipo de turismo e que o impacto na zona sexa positivo, que repercuta nos axentes locais. Existen modelos a seguir como os de Francia ou o Pa\u00eds Vasco, onde todo est\u00e1 moi regulado, con espazos habilitados, aparcadoiros de pago para furgonetas e demais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">En xeral, este tipo de turismo de surf m\u00e1is independente non se achega \u00e1s escolas para pedir clases ou alugar material; acoden a praias menos masificadas, con m\u00e1is ondada, mentres que no perfil de iniciaci\u00f3n si se nota m\u00e1is o seu impacto econ\u00f3mico.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">A Costa da Morte \u00e9 sin\u00f3nimo de praias rec\u00f3nditas, salvaxes&#8230; Cales recomendar\u00edas para a pr\u00e1ctica do surf? Cales son os atributos diferenciadores desta zona con respecto a outras de Galicia?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Obviamente, a Costa da Morte, a s\u00faa localizaci\u00f3n e, en certa medida, a distancia respecto a centros ou capitais urbanas fan que sexa un lugar diferente, cun encanto que outras zonas non te\u00f1en. Por exemplo, a zona de Oleiros ou Ferrol, outros destinos importantes de surf en Galicia, si contan con centros urbanos pr\u00f3ximos, pero no caso da Costa da Morte estes quedar\u00edan un pouco m\u00e1is afastados. Isto xa fai que sexa un lugar diferente ao resto, cun enfoque m\u00e1is aventureiro, cunha menor concorrencia, o que sen d\u00fabida \u00e9 un efecto diferenciador.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Por unha banda teriamos as praias de f\u00e1cil acceso, c\u00f3modas, con ondas aptas para practicamente todos os niveis \u2014Cai\u00f3n, Razo, Malpica, Nemi\u00f1a&#8230;\u2014 e por outra banda estar\u00edan aquelas con accesos m\u00e1is complicados, caracterizadas por unha costa m\u00e1is exposta, m\u00e1is abrupta e con maiores riscos, que s\u00f3 deben ser afrontadas polos surfistas m\u00e1is experimentados. Estas praias menos co\u00f1ecidas, que non figuran en mapas ou gu\u00edas tur\u00edsticas, son as que busca o surfista m\u00e1is avanzado, intern\u00e1ndose na Galicia m\u00e1is salvaxe, m\u00e1is desco\u00f1ecida. Non ter ao teu alcance, por exemplo, uns accesos sinxelos ou unha c\u00e1mara en directo onde ver o estado do mar tam\u00e9n \u00e9 parte desta aventura: non poder planificalo todo ao detalle e deixar sempre algo \u00e1 improvisaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Xa dentro do mar, como \u00e9 a convivencia entre os que vos dedicades profesionalmente ao surf e os turistas ou ba\u00f1istas nas zonas m\u00e1is masificadas? Cres que nas praias con maior afluencia deber\u00eda existir unha regulaci\u00f3n visible para todos e todas con respecto \u00e1 ordenaci\u00f3n destes espazos?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Nos m\u00e1is de 20 anos que levo no mundo do surf, vin como algunhas zonas se foron masificando co paso dos anos. Pouco a pouco, organismos como Costas, a Federaci\u00f3n de Surf e os propios concellos comezaron a regular timidamente, pero seguimos lonxe de que exista unha normativa adecuada en canto \u00e1 xesti\u00f3n destes lugares e, sobre todo, de saber darlle valor \u00e1 pr\u00e1ctica do surf.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Existen moitos exemplos de como en algunhas zonas como Ericeira, en Portugal, reserva mundial de surf; Ribamont\u00e1n, en Cantabria; ou o pa\u00eds galo, conciben o surf como un catalizador de turismo, apostando totalmente por el, d\u00e1ndolle prioridade con zonas acoutadas para o usuario local ou turista, e outorg\u00e1ndolle m\u00e1is valor ao surfista e ao seu espazo. Queda moito para que en Galicia se aposte firmemente polo surf e exista unha convivencia ideal entre ambas partes.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Existen sinerx\u00edas e colaboraci\u00f3ns entre o mundo do surf e os axentes tur\u00edsticos en destino \u2014aloxamentos, restauraci\u00f3n, outras empresas de turismo activo&#8230;? V\u00e9xase, aloxamentos e\/ou axencias de viaxes que ofrecen, por exemplo, bautismos de surf.<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Si, est\u00e1 claro que hai moitos modelos de negocio diferentes dentro deste sector; temos empresas que se dedican exclusivamente a dar clases de surf e outras que apostan por ofrecer, m\u00e1is ca unha clase, unha experiencia, complementando a pr\u00e1ctica deportiva con experiencias gastron\u00f3micas e culturais, por exemplo. Este tipo de modelo sempre v\u00e9n vinculado a sinerx\u00edas con empresas da zona. Por exemplo, na nosa escola colaboramos con empresas que ofrecen visitas \u00e1s Illas Sisargas, con casas rurais, apartamentos tur\u00edsticos e aloxamentos en xeral&#8230; Por\u00e9n, si \u00e9 certo que hai surfcamps onde xa canalizan todo de forma interna, facendo todo dentro das propias instalaci\u00f3ns da escola.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Como poder\u00edan contribu\u00edr as escolas de surf \u00e1 desestacionalizaci\u00f3n de determinadas zonas tur\u00edsticas m\u00e1is al\u00f3 dos meses de ver\u00e1n?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Debemos desestacionalizar a pr\u00e1ctica do surf. Por exemplo, os meses de maio, xu\u00f1o, setembro, outubro ou novembro son meses nos que podes sentir unha conexi\u00f3n, unha sinton\u00eda m\u00e1xica co mar. Lamentablemente, seguimos coa mentalidade de viaxar exclusivamente en xullo e agosto, cando se paraliza todo. Este feito coment\u00e1ronnolo moito os turistas estranxeiros que acoden aos campionatos ou \u00e1s clases, onde nos preguntan por que se paraliza todo durante un determinado mes. Na mi\u00f1a opini\u00f3n, neste sentido, deberiamos europeizarnos un pouco e desestacionalizar incluso as nosas vacaci\u00f3ns, repartilo todo un pouco m\u00e1is ao longo do ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">A proposta de paquetes atractivos f\u00f3ra da tempada estival e a promoci\u00f3n de determinadas actividades xa desde Semana Santa ou novembro poden atraer ao p\u00fablico que busca algo m\u00e1is al\u00e1 do ver\u00e1n, un tipo de turismo m\u00e1is relaxado. Ofrecer paquetes que incl\u00faan experiencias gastron\u00f3micas, por exemplo, organizar e combinar estas actividades coa celebraci\u00f3n de campionatos&#8230; son algunhas das acci\u00f3ns que contrib\u00faen a complementar a actividade principal das escolas de surf.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">En relaci\u00f3n coa pregunta anterior, cal \u00e9 a mellor \u00e9poca do ano para a pr\u00e1ctica do surf na zona da Costa da Morte, sexa cal sexa o nivel? Poder\u00edas indicarnos algunhas das vantaxes de practicar surf no inverno ou f\u00f3ra do ver\u00e1n?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">O inverno \u00e9 duro; os meses de decembro a marzo e abril son complicados para o surf de iniciaci\u00f3n, estamos nunha costa moi esixente. Por\u00e9n, ao mesmo tempo, \u00e9 unha \u00e9poca na que os surfistas de alto nivel buscan precisamente isto: as mellores ondas e as praias menos masificadas. Sen d\u00fabida, o concepto xeneralizado de que a pr\u00e1ctica do surf \u00e9 exclusiva do ver\u00e1n debe cambiar, xa que pode prolongarse moito m\u00e1is al\u00e1 dos meses m\u00e1is calorosos, por suposto.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">A pr\u00e1ctica do surf, a sustentabilidade e o medio ambiente son conceptos intimamente ligados. Cal ou cales cres que son as mellores acci\u00f3ns para contrarrestar ou paliar o efecto que un turismo de masas pode exercer en determinadas praias?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Obviamente, o surfista \u00e9 o primeiro interesado no oc\u00e9ano e no medio ambiente; vivir conectados co mar \u00e9 imprescindible para n\u00f3s. Desde a comunidade do surf hai un grande sentimento de responsabilidade e colaboraci\u00f3n para contribu\u00edr a que o medio estea nas mellores condici\u00f3ns posibles. De maneira individual todos os surfistas contrib\u00faen: cando saes da auga tes nunha man a t\u00e1boa e na outra o lixo que poidas chegar a atopar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Hai anos, este tipo de acci\u00f3ns non eran tan habituais, pero actualmente si hai bastante conciencia, co desenvolvemento de campa\u00f1as espec\u00edficas. A nivel de comunidade existen distintas plataformas que organizan obradoiros, eventos, charlas&#8230; Todo iso contrib\u00fae a visibilizar este problema e a proporcionar soluci\u00f3ns, a\u00ednda que sexan m\u00ednimas e de forma individual.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">O programa Surf and Clean de Costa da Morte, por exemplo, traballa desde a parte m\u00e1is educativa, colaborando con obradoiros, charlas e cursos con colexios, concienciando os m\u00e1is pequenos a trav\u00e9s do surf. As instituci\u00f3ns tam\u00e9n te\u00f1en que involucrarse coa recollida de lixo nos espazos naturais, con espazos de aparcadoiro e de recreo sostibles e regulados, con capacidades controladas, facilitando o transporte p\u00fablico para reducir a gran cantidade de coches que chegan \u00e1s praias, coa consecuente contaminaci\u00f3n que xeran.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading p1\">Por \u00faltimo, na t\u00faa opini\u00f3n, que acci\u00f3ns se poder\u00edan implementar para contribu\u00edr a que a sociedade fose consciente das oportunidades que o mundo do surf poder\u00eda proporcionar \u00e1 Costa da Morte e a Galicia en xeral?<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Obviamente, a mi\u00f1a perspectiva pode ser distinta \u00e1 doutras persoas, sobre todo aquelas que a\u00ednda conciben o surf como unha actividade perigosa, moi centrada no ver\u00e1n, ou s\u00f3 orientada \u00e1s persoas m\u00e1is aventureiras, de certa idade, etc. \u00c9 indispensable cambiar estas ideas e concienciar sobre a importancia do surf e todos os beneficios que pode traer a todos os niveis, desde os beneficios para a sa\u00fade, como forma de liberar endorfinas, ata o seu impacto econ\u00f3mico, canalizando todo isto cara a un turismo de calidade sostible, cunha xesti\u00f3n realizada por xente aut\u00f3ctona, local, que vive na zona e que co\u00f1ece a s\u00faa casu\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"p1 wp-block-paragraph\">Hai exemplos como Marrocos ou algunhas zonas de Galicia onde existe un incipiente n\u00famero de novas escolas de xente for\u00e1nea, sobre todo su\u00edza, austr\u00edaca ou alem\u00e1, que xeran un efecto burbulla sobre elas mesmas e invisibilizan o impacto na zona. O discurso de todas as escolas da zona deber\u00eda ser o de xerar m\u00e1is comunidade, que os organismos p\u00fablicos contrib\u00faan a facilitar esta convivencia e facer unha folla de ruta sobre como axudar a compaxinar o turista libre ou surfista libre e os locais. \u00c9 unha ecuaci\u00f3n delicada, pero totalmente posible e necesaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Costa da Morte e surf son dous conceptos que van intimamente ligados. Isto s\u00e1beo ben Patrick Vil\u00e1n, \u00e1 fronte de Cai\u00f3n Surf House, un surfcamp que ademais ofrece aloxamento a p\u00e9 de praia en Cai\u00f3n, A Laracha. A continuaci\u00f3n co\u00f1eceremos a s\u00faa perspectiva sobre a situaci\u00f3n actual do sector e as perspectivas de futuro do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":10,"featured_media":1118,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Patrick Vil\u00e1n - Costa da Morte","description":"Costa da Morte e surf son dous conceptos que van intimamente ligados. Isto s\u00e1beo ben Patrick Vil\u00e1n, \u00e1 fronte de Cai\u00f3n Surf House, un surfcamp que ademais ofrece"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[1447,788],"class_list":["post-82424","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas","tag-patrick-vilan","tag-surf"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/82424","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/10"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=82424"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/82424\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":82426,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/82424\/revisions\/82426"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1118"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=82424"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=82424"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=82424"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}