{"id":81939,"date":"2026-05-19T20:21:15","date_gmt":"2026-05-19T18:21:15","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=81939"},"modified":"2026-05-19T20:22:50","modified_gmt":"2026-05-19T18:22:50","slug":"a-cmat-presenta-a-primeira-unidade-didactica-dixital-da-costa-da-morte-para-achegar-o-territorio-as-novas-xeracions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-cmat-presenta-a-primeira-unidade-didactica-dixital-da-costa-da-morte-para-achegar-o-territorio-as-novas-xeracions","title":{"rendered":"A CMAT presenta a primeira unidade did\u00e1ctica dixital da Costa da Morte para achegar o territorio \u00e1s novas xeraci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"\n<p>A <strong>CMAT \u2013 Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/strong> presentou esta ma\u00f1\u00e1 na <strong>Casa da Cultura de Corcubi\u00f3n<\/strong> a nova <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/proxecto-educativo-costa-da-morte\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Proxecto Educativo Costa da Morte\">unidade did\u00e1ctica dixital sobre a Costa da Morte<\/a><\/strong>, unha ferramenta educativa creada para achegar o territorio \u00e1s novas xeraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto reuniu a representantes institucionais, equipos directivos e profesorado dos centros educativos do territorio nun encontro que serviu para dar o primeiro paso do novo proxecto educativo impulsado pola CMAT. Unha iniciativa coa que a entidade busca fortalecer a colaboraci\u00f3n entre o territorio e os centros educativos, promovendo entre o alumnado o co\u00f1ecemento da s\u00faa contorna, da s\u00faa cultura, da s\u00faa natureza e da s\u00faa identidade colectiva.<\/p>\n\n\n\n<p>A unidade did\u00e1ctica, desenvolvida pola empresa <strong>GOODLIFE Consultores<\/strong>, est\u00e1 especialmente orientada ao \u00faltimo ciclo de <strong>Educaci\u00f3n Primaria<\/strong>, a\u00ednda que tam\u00e9n pode empregarse noutros niveis educativos de maneira flexible. O recurso permite traballar de xeito transversal e contextualizado diferentes contidos curriculares a trav\u00e9s de actividades interactivas, v\u00eddeos, mapas, xogos e pequenos proxectos de investigaci\u00f3n, que permiten ao alumnado descubrir a Costa da Morte dunha maneira din\u00e1mica, pr\u00f3xima e participativa.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo da unidade trab\u00e1llanse aspectos como a natureza e os ecosistemas do territorio, o mar e os oficios mari\u00f1eiros, o patrimonio hist\u00f3rico, as tradici\u00f3ns, os museos, a lingua galega ou as lendas e a espiritualidade da Costa da Morte. Todo iso cun obxectivo claro: que os nenos e nenas co\u00f1ezan mellor o lugar no que viven e se convertan nos mellores embaixadores do territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a CMAT destacouse que este proxecto nace da convicci\u00f3n de que \u201c<strong>non se pode valorar nin defender aquilo que non se co\u00f1ece<\/strong>\u201d, e da vontade de p\u00f3r a dispor da veci\u00f1anza todo o que existe, non s\u00f3 no seu concello, tam\u00e9n no resto da comarca. Por iso, a unidade busca tam\u00e9n descubrir a Costa da Morte como un territorio compartido, diverso e conectado.<\/p>\n\n\n\n<p>A unidade did\u00e1ctica foi realizada ao abeiro da subvenci\u00f3n da <strong>Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/strong>, cuxa colaboraci\u00f3n institucional foi destacada durante o acto como fundamental para facer realidade este primeiro recurso educativo.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, desde a entidade lembraron que este ser\u00e1 s\u00f3 o inicio dun proxecto m\u00e1is amplo, xa que a CMAT contar\u00e1 tam\u00e9n con financiamento procedente dos <strong>GALP<\/strong> para desenvolver novas unidades did\u00e1cticas vinculadas ao mar, \u00e1s artes de pesca, \u00e1s especies mari\u00f1as e \u00e1 conservaci\u00f3n do litoral.<\/p>\n\n\n\n<p>Co obxectivo de facilitar a asistencia dos centros educativos de toda a comarca, a CMAT realizar\u00e1 unha segunda presentaci\u00f3n dirixida aos centros do norte da Costa da Morte este xoves \u00e1s <strong>11.00 horas<\/strong> nas <strong>Escolas do Xard\u00edn Agra de Caldas<\/strong>, en Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a asociaci\u00f3n subli\u00f1aron que este proxecto busca converter a educaci\u00f3n nunha ferramenta fundamental para seguir constru\u00edndo futuro no territorio, facendo que os m\u00e1is novos descubran, valoren e sintan orgullo da Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O proxecto educativo impulsado pola entidade continuar\u00e1 este xoves cunha segunda presentaci\u00f3n dirixida aos centros do norte da comarca en Carballo.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":81938,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A CMAT presenta a primeira unidade did\u00e1ctica dixital da Costa da Morte para achegar o territorio \u00e1s novas xeraci\u00f3ns - Costa da Morte","description":"O proxecto educativo impulsado pola entidade continuar\u00e1 este xoves cunha segunda presentaci\u00f3n dirixida aos centros do norte da comarca en Carballo."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523],"class_list":["post-81939","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/81939","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=81939"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/81939\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":81942,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/81939\/revisions\/81942"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/81938"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=81939"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=81939"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=81939"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}