{"id":80754,"date":"2026-04-15T21:38:04","date_gmt":"2026-04-15T19:38:04","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=80754"},"modified":"2026-04-15T22:00:37","modified_gmt":"2026-04-15T20:00:37","slug":"eclipse-2026-na-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/eclipse-2026-na-costa-da-morte","title":{"rendered":"Eclipse 2026 na Costa da Morte"},"content":{"rendered":"\n<p>Xa saben: a <strong>eclipse total de Sol<\/strong> prod\u00facese porque a <strong>L\u00faa<\/strong> se coloca xusto diante do <strong>Sol<\/strong>, e t\u00e1panolo. O tama\u00f1o aparente dos discos de ambos astros no ceo \u00e9 moi parecido (<strong>a L\u00faa \u00e9 400 veces m\u00e1is cativa que o Sol, pero estanos 400 veces m\u00e1is cerca ca el<\/strong>), e encaixan perfectamente un co outro, o cal fai m\u00e1is aparatosa a <strong>carambola c\u00f3smica<\/strong> e tam\u00e9n que a sombra da L\u00faa sobre a superficie terrestre sexa apenas un punto gordo duns poucos centos de quil\u00f3metros. Grazas a isto os gregos puideron obter o <strong>tama\u00f1o da L\u00faa<\/strong> e a <strong>distancia que a separa de n\u00f3s<\/strong>, tal e como se conta neste libro: <a href=\"https:\/\/alvarelloseditora.gal\/libro\/a-que-altura-esta-o-ceo\/\">https:\/\/alvarelloseditora.gal\/libro\/a-que-altura-esta-o-ceo\/<\/a>. Por certo, como a <strong>L\u00faa se vai afastando de n\u00f3s 3,8 cm cada ano<\/strong>, dentro de <strong>600 mill\u00f3ns de anos<\/strong> estar\u00e1 lonxe de abondo para que o seu disco sexa xa demasiado pequeno e <strong>non volver\u00e1 a haber eclipses totais de Sol<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Se a <strong>Terra<\/strong> e a <strong>L\u00faa<\/strong> orbitasen no mesmo plano, haber\u00eda unha <strong>eclipse total de Sol<\/strong> e unha <strong>eclipse total de L\u00faa cada 28 d\u00edas<\/strong>, cando nos tocase <strong>l\u00faa nova<\/strong> (L\u00faa colocada entre o Sol e a Terra) e cando tocase <strong>l\u00faa chea<\/strong> (Terra colocada entre L\u00faa e Sol). Pero o plano da \u00f3rbita da Terra ao redor do Sol non \u00e9 o mesmo que o da L\u00faa ao redor da Terra: est\u00e1n torcidos un respecto do outro un pequeno \u00e1ngulo, <strong>5\u00ba<\/strong>, e polo tanto o normal \u00e9 que as sombras que se fan non queden en li\u00f1a para formar eclipses. Malia iso, <strong>cada dous anos m\u00e1is ou menos<\/strong> prod\u00facese unha eclipse total de Sol nalg\u00fan lugar do planeta (<strong>levamos xa 15 totais e 18 anulares no s\u00e9culo XXI<\/strong>).<\/p>\n\n\n\n<p>E na <strong>Uni\u00f3n Europea<\/strong>? \u00c9 un espazo l\u00edder no mundo, pero a superficie que ocupa non chega a ser nin o <strong>1% do total da superficie planetaria<\/strong>&#8230; as\u00ed que nos toca moi poucas veces. A \u00faltima foi en <strong>1999<\/strong>, coa sombra pisando esencialmente en <strong>Francia<\/strong>. E a pr\u00f3xima, a <strong>primeira europea no s\u00e9culo XXI<\/strong>, ser\u00e1 o <strong>12 de agosto de 2026<\/strong>, con <strong>Espa\u00f1a<\/strong> \u2014e <strong>Galicia<\/strong>\u2014 como lugar privilexiado. Que isto ocorra nun pa\u00eds desenvolvido, a <strong>2\u00aa potencia tur\u00edstica mundial<\/strong>, desatar\u00e1 unha espectacular <strong>febre astron\u00f3mica<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Vai ser s\u00f3 un instante, pero lembren a tolemia que houbo en <strong>2024 nos EE.UU.<\/strong> para observar o que pasou por amplas zonas do seu territorio, e que foi contemplado directamente por uns <strong>50 mill\u00f3ns de persoas<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-9-16 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"El f\u00edsico Jorge Mira explica por qu\u00e9 Galicia ser\u00e1 el mejor lugar para ver el eclipse solar total\" width=\"563\" height=\"1000\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/AmblunqEtb8?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p>Por que esa fascinaci\u00f3n? Porque \u00e9 impactante ver o <strong>d\u00eda transformado en noite de golpe<\/strong> e, sobre todo, porque somos conscientes de que \u00e9 moi dif\u00edcil que nos pase de lado da casa. F\u00edxense: a \u00faltima vez que se viu unha en <strong>Galicia<\/strong> foi en <strong>1912<\/strong>, e a seguinte despois do de <strong>2026<\/strong> non volver\u00e1 a ocorrer ata o ano <strong>2180<\/strong>. Na <strong>Uni\u00f3n Europea<\/strong>, logo da de <strong>2027 sobre C\u00e1diz<\/strong>, non volver\u00e1 haber outra ata <strong>2053<\/strong> \u2014tam\u00e9n sobre C\u00e1diz\u2014 e logo outra en <strong>2081 no norte de Francia<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A franxa para observalo ter\u00e1 uns <strong>250 km de ancho<\/strong>, pero curiosamente a fronteira sur desa franxa pasa xusto pola <strong>Costa da Morte<\/strong>, part\u00edndoa diagonalmente en dous polos concellos de <strong>Zas<\/strong> e <strong>Cabana de Berganti\u00f1os<\/strong>. As\u00ed, a zona norte da nosa bisbarra ser\u00e1 a que experimente a <strong>escuridade total<\/strong>, mellor canto m\u00e1is ao norte. Se estamos moi cerca da fronteira da eclipse, ver\u00e9mola pouco tempo. Ao estarmos xusto na fronteira, a nada que avancemos ao norte, ga\u00f1aremos moito tempo de sombra. Na <strong>Carballa (Cabana)<\/strong> ou <strong>Budi\u00e1n (Zas)<\/strong> durar\u00e1 s\u00f3 <strong>1 segundo<\/strong>; en <strong>Ponteceso<\/strong>, <strong>13 segundos<\/strong>; en <strong>Coristanco<\/strong>, <strong>33<\/strong>; en <strong>Carballo<\/strong>, <strong>45<\/strong>; en <strong>Malpica<\/strong>, <strong>49<\/strong>; e na <strong>Laracha<\/strong>, <strong>54 segundos<\/strong>. Dentro do destino <strong>Starlight da Costa da Morte<\/strong> o concello da <strong>Laracha<\/strong> ser\u00e1 o mellor lugar e, dentro del, <strong>Cai\u00f3n<\/strong>: al\u00ed a totalidade da eclipse durar\u00e1 <strong>1 minuto e 2 segundos<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>De <strong>Cabana de Berganti\u00f1os<\/strong> e <strong>Zas<\/strong> para o sur, a ocultaci\u00f3n ser\u00e1 do <strong>99%<\/strong>. Pode parecer que iso ser\u00e1 case como vela completa, pero cr\u00e9anme, a diferenza entre estar a un lado e a outro da fronteira de sombra ser\u00e1, literalmente, <strong>a diferenza entre o d\u00eda e a noite<\/strong>. O <strong>1% do Sol<\/strong> que queda descuberto na zona do sur alumea o mesmo que <strong>4.000 l\u00faas cheas<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>O movemento de masas ser\u00e1 tremendo, e c\u00f3mpre tomar moitas precauci\u00f3ns, tanto de <strong>lox\u00edstica<\/strong> como de <strong>sa\u00fade<\/strong>. En <strong>marzo de 2026<\/strong> organicei unha xuntanza de expertos no <strong>Consello da Cultura Galega<\/strong>, e en base a iso elaboramos unha serie de recomendaci\u00f3ns, \u00e1s que lles recomendo botar unha ollada. O texto p\u00f3deno encontrar nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/consellodacultura.gal\/publicacion.php?id=4555\">https:\/\/consellodacultura.gal\/publicacion.php?id=4555<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Ah, como a eclipse se producir\u00e1 co <strong>Sol moi baixo<\/strong> (<strong>apenas 12\u00ba sobre o horizonte<\/strong>), a nada que te\u00f1amos cerca un edificio, unhas \u00e1rbores ou unha elevaci\u00f3n do terreo, p\u00f3desenos tapar o espect\u00e1culo. Para ter iso previsto, recom\u00e9ndolles que anoten o <strong>30 de abril<\/strong>, a iso das <strong>20:23<\/strong>. Nese d\u00eda e hora o Sol estar\u00e1 practicamente no mesmo lugar do ceo que o <strong>12 de agosto \u00e1s 20:28<\/strong> (<strong>\u00e9 o punto sim\u00e9trico da \u00f3rbita terrestre<\/strong>), as\u00ed que ese d\u00eda e a esa hora, comproben que o Sol est\u00e1 visible dende o sitio no que pensan velo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Boa eclipse!<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estreamos sinatura convidada por todo o alto. Jorge Mira P\u00e9rez incorp\u00f3rase \u00e1 web da CMAT cun primeiro artigo imprescindible sobre a eclipse total de Sol de 2026, un fen\u00f3meno que situar\u00e1 a Costa da Morte no centro de todas as miradas. Ciencia, emoci\u00f3n e territorio nun texto que invita a prepararse desde xa para unha cita hist\u00f3rica co ceo.<\/p>\n","protected":false},"author":13,"featured_media":5662,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Eclipse 2026 na Costa da Morte - Costa da Morte","description":"Estreamos sinatura convidada por todo o alto. Jorge Mira P\u00e9rez incorp\u00f3rase \u00e1 web da CMAT cun primeiro artigo imprescindible sobre a eclipse total de Sol de 2026"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1406,545],"class_list":["post-80754","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-eclipse","tag-starlight-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/80754","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/13"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=80754"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/80754\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80756,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/80754\/revisions\/80756"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/5662"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=80754"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=80754"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=80754"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}