{"id":78797,"date":"2026-05-25T00:00:00","date_gmt":"2026-05-24T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78797"},"modified":"2026-05-25T10:13:55","modified_gmt":"2026-05-25T08:13:55","slug":"brandomil-la-maior-presencia-romana-en-a-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/brandomil-la-maior-presencia-romana-en-a-costa-da-morte","title":{"rendered":"BRANDOMIL, LA MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tense afirmado que nas terras m\u00e1is occidentais de Galicia, como son as da Costa da Morte, o grao de romanizaci\u00f3n foi moi baixo; non obstante, esta apreciaci\u00f3n non foi acompa\u00f1ada de estudos de investigaci\u00f3n que valorasen a importancia dos asentamentos romanos co\u00f1ecidos neste territorio. Un exemplo do exposto sucedeu con <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/ponte-de-brandomil\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Ponte de Brandomil\">Brandomil<\/a>, onde se co\u00f1ec\u00eda a presenza romana, pero ningu\u00e9n se imaxinaba o gran potencial deste xacemento antes das intervenci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas dos \u00faltimos anos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Tampouco somos co\u00f1ecedores do verdadeiro valor arqueol\u00f3xico de Moraime (Mux\u00eda) ou Tines (Vimianzo) porque, a\u00ednda que se descubriron alg\u00fans restos romanos, non se fixo un estudo detallado dos mesmos nin se volveron a realizar novas prospecci\u00f3ns nestes lugares.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Por iso conv\u00e9n que co\u00f1ezamos o potencial arqueol\u00f3xico de Brandomil, que poder\u00eda servir de exemplo para impulsar outras investigaci\u00f3ns naqueles espazos dos que temos noticia da presenza romana: Tines (Vimianzo), Moraime (Mux\u00eda), Cores (Ponteceso), G\u00e1ndara (Zas) ou Cances (Carballo).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Despois das \u00faltimas escavaci\u00f3ns levadas a cabo por Juan Naveiro (2007-2008) e logo por Lino Gorgoso desde 2019, o asentamento romano de Brandomil est\u00e1 a ser considerado como un dos m\u00e1is salientables da provincia da Coru\u00f1a, despois do da cidade herculina, Iria-Flavia (Padr\u00f3n) e Cidadela (Sobrado dos Monxes).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <strong>Brandomil romano<\/strong> comprende unha ampla superficie que se estende por onde se sit\u00faa o actual n\u00facleo e zonas lim\u00edtrofes, como Pedra do Altar, ao suroeste da aldea. Desde finais do s\u00e9culo XIX hai noticias da aparici\u00f3n de restos romanos en Brandomil, que se descubr\u00edan cando se traballaban as leiras, alg\u00fans con inscrici\u00f3ns: tres aras votivas, o front\u00f3n dun monumento funerario e unha placa funeraria. Segundo o contido destes \u00faltimos, parece ser que no emprazamento romano houbo un grupo de poboaci\u00f3n de f\u00f3ra da Gallaecia, que posiblemente chegar\u00eda aqu\u00ed co motivo de traballar na explotaci\u00f3n mineira de Limideiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde a creaci\u00f3n da <strong><a href=\"https:\/\/fundacionbrandomil.org\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Fundaci\u00f3n Brandomil\">Fundaci\u00f3n Brandomil<\/a><\/strong> no 2018, produciuse un cambio substancial respecto a este xacemento. Co apoio do <strong><a href=\"https:\/\/concellodezas.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Concello de Zas\">Concello de Zas<\/a> <\/strong>e doutras administraci\u00f3ns, esta entidade impulsou var\u00edas campa\u00f1as arqueol\u00f3xicas dirixidas polo arque\u00f3logo Lino Gorgoso que ampliaron o co\u00f1ecemento e difusi\u00f3n deste poboado romano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre as novidades atopadas estar\u00edan unha vivenda romana t\u00edpica, de d\u00faas plantas e un vest\u00edbulo de grandes dimensi\u00f3ns na zona de Pedra do Altar, que poder\u00eda corresponder a unha mansi\u00f3n ou pousada da v\u00eda XX, que ter\u00eda a s\u00faa primeira ocupaci\u00f3n no s\u00e9culo I; restos dunha v\u00eda romana urbana tam\u00e9n nesta zona e outro tramo de v\u00eda na parte esquerda do r\u00edo Xallas, a car\u00f3n da ponte antiga e moitos anacos de cer\u00e1mica, gran parte deles de procedencia de f\u00f3ra de Galicia. Na \u00faltima campa\u00f1a de escavaci\u00f3n, en setembro de 2024, descubriuse parte dunha casa ou domus romana e os alicerces doutra, o que mostrar\u00eda a existencia dunha urbe de tama\u00f1o medio. Tam\u00e9n se descubriron materiais procedentes do Mediterr\u00e1neo oriental. A dataci\u00f3n dos restos indica unha ocupaci\u00f3n que ir\u00eda do s\u00e9culo I ao V d. C.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Un elemento fundamental en Brandomil \u00e9 a s\u00faa <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/ponte-de-brandomil\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Ponte de Brandomil\">ponte antiga<\/a><\/strong> sobre o r\u00edo Xallas, que a maior\u00eda dos investigadores defenden a s\u00faa orixe romana e pola que cruzar\u00eda a hipot\u00e9tica v\u00eda XX, a\u00ednda que a construci\u00f3n que vemos na actualidade sexa m\u00e1is tard\u00eda. A primeira cita documental data de 1286. No ano 1989 unha forte enchente do Xallas derrubou o arco central, pero grazas a s\u00faa rehabilitaci\u00f3n, dispo\u00f1emos dunha das pontes hist\u00f3ricas m\u00e1is importantes da Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co\u00f1ece Zas a trav\u00e9s de \u201cBRANDOMIL, LA MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista: f\u00edxate en presencia.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76892,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"BRANDOMIL, LA MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE - Costa da Morte","description":"Co\u00f1ece Zas a trav\u00e9s de \u201cBRANDOMIL, LA MAIOR PRESENCIA ROMANA EN A COSTA DA MORTE\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pist"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1425,1437,1320,145],"class_list":["post-78797","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-brandomil","tag-naturalmente-unica","tag-zas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78797"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78797\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":82061,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78797\/revisions\/82061"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76892"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}