{"id":78796,"date":"2026-05-28T00:00:00","date_gmt":"2026-05-27T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78796"},"modified":"2026-02-27T10:05:51","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:51","slug":"cereixo-historia-e-arte-nun-entorno-fantastico","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/cereixo-historia-e-arte-nun-entorno-fantastico","title":{"rendered":"CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANT\u00c1STICO"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Cando visitamos unha zona \u00e1s veces non nos detemos en certos sitios porque non os consideramos de interese ou porque carecemos de informaci\u00f3n sobre eles. Co lugar de Cereixo adoita suceder algo disto. Cereixo acolle un extraordinario patrimonio hist\u00f3rico e arquitect\u00f3nico, ao que non sempre se lle outorga o valor que merece.  Ademais da igrexa parroquial, as torres e o mu\u00ed\u00f1o de mareas, o n\u00facleo forma un atractivo conxunto arquitect\u00f3nico e disp\u00f3n dun entorno tan acolledor que resulta dif\u00edcil atopar outro igual na Costa da Morte<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O edificio hist\u00f3rico de maior realce constit\u00faeo a igrexa parroquial de Santiago de Cereixo, un pequeno templo rom\u00e1nico que conserva en bo estado toda a s\u00faa f\u00e1brica orixinal. Consta de nave e \u00e1bsida rectangulares. A esta acc\u00e9dese por medio dun arco triunfal de medio punto que se apoia en semicolumnas con capiteis adornados con follas de acanto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No exterior atopamos o elemento m\u00e1is sobranceiro, a s\u00faa porta sur, elaborada con mestr\u00eda ao m\u00e1is puro estilo rom\u00e1nico. No t\u00edmpano repres\u00e9ntase un tema \u00fanico no rom\u00e1nico galego: a translaci\u00f3n do corpo do Ap\u00f3stolo Santiago nunha embarcaci\u00f3n, ao que acompa\u00f1an sete dos seus disc\u00edpulos. O gran m\u00e9rito desta imaxe p\u00e9trea repres\u00e9ntao a singularidade do tema da Translatio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se diriximos a mirada cara ao oeste, veremos na parte alta o edificio das torres de Cereixo, na realidade tr\u00e1tase dun pazo do s\u00e9culo XVII con aspecto de fortaleza, a\u00ednda que no seu soar existiu anteriormente unha construci\u00f3n defensiva. Os primitivos fundadores desta casa proced\u00edan da nobreza local dos Calo e Caranto\u00f1a, que m\u00e1is tarde emparentar\u00e1n con estirpes de m\u00e1is alto rango, como os Castro Villamar\u00edn ou os Lanz\u00f3s Novoa, Condes de Maceda, benfeitores do santuario de Nosa Se\u00f1ora da Barca de Mux\u00eda. Despois de pasar o edificio por varios propietarios, e permanecer en estado de abandono, foi restaurado polos actuais donos e convertido en vivenda particular.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Se descendemos desde a igrexa ao paseo do r\u00edo e continuamos por el chegamos ao mu\u00ed\u00f1o da Arcea ou das Torres,  \u00fanica construci\u00f3n deste tipo que funcionaba coa auga das mareas na Costa da Morte. A orixe desta construci\u00f3n rem\u00f3ntase ao ano 1647 cando Juan Taboada Ribadeneira, se\u00f1or das torres de Cereixo, lle concede un foro aos irm\u00e1ns Andr\u00e9s e Pedro Espasante parar levantar este mu\u00ed\u00f1o e a cambio recibir o pago dunha renda anual. Logo de pasar por varios arrendadores e propietarios, un destes \u00faltimos rehabilitouno como vivenda particular.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na praza de Cereixo non pasar\u00e1 desapercibido para o viaxeiro o centenario carballo, que coa s\u00faa inmensa copa, d\u00e1 sombra \u00e1 superficie deste lugar. Un verdadeiro monumento natural digno de admirar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Percorre Vimianzo a trav\u00e9s de \u201cCEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANT\u00c1STICO\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista: f\u00edxate en historia.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76880,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANT\u00c1STICO - Costa da Morte","description":"Percorre Vimianzo a trav\u00e9s de \u201cCEREIXO, HISTORIA E ARTE NUN ENTORNO FANT\u00c1STICO\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,138],"class_list":["post-78796","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-vimianzo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78796","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78796"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78796\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79257,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78796\/revisions\/79257"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76880"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78796"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78796"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78796"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}