{"id":78795,"date":"2026-05-20T00:00:00","date_gmt":"2026-05-19T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78795"},"modified":"2026-02-27T10:05:51","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:51","slug":"ensedada-da-insua-reserva-ornitoloxica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/ensedada-da-insua-reserva-ornitoloxica","title":{"rendered":"ENSEDADA DA INSUA,  RESERVA ORNITOL\u00d3XICA"},"content":{"rendered":"\n<p>Ao longo da Costa da Morte dispo\u00f1emos de moitos espazos que nos ofrecen a posibilidade de gozar da natureza a nivel paisax\u00edstico, xeol\u00f3xico, astron\u00f3mico ou de flora e fauna. Para a observaci\u00f3n ornitol\u00f3xica existen varias zonas que re\u00fanen excelentes condici\u00f3ns para contemplar as aves. De todas elas, a enseada da Insua quizais sexa das m\u00e1is apropiadas para avistar este tipo de fauna.<\/p>\n\n\n\n<p>O r\u00edo Anll\u00f3ns ao final do seu percorrido, unha vez cruzada a ponte de Ponteceso, e ata a s\u00faa desembocadura na r\u00eda de Corme e Laxe, forma un amplo esteiro duns 5 km de lonxitude. O l\u00edmite deste espazo m\u00e1rcao a lingua de area ou barra, que desde a base do monte Branco, se prolonga uns 1500 m en direcci\u00f3n suroeste, deixando unha estreita canle de comunicaci\u00f3n do r\u00edo co mar.<\/p>\n\n\n\n<p>A enseada ocupa unha superficie aproximada dunhas 300 hect\u00e1reas, na que a extensi\u00f3n acu\u00e1tica var\u00eda segundo o estado das mareas. De marea chea as augas inundan toda a chaira de limos, mentres que na baixamar, queda tan s\u00f3 unha canle de auga na parte central. Desde os l\u00edmites da preamar suc\u00e9dense varias formaci\u00f3ns vexetais: xunqueira, carrizal, prados e tam\u00e9n pequenos bosques de ribeira formados por salgueiros e ameneiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Todo o conxunto constit\u00fae unha extensa \u00e1rea de gran interese ecol\u00f3xico composta por distinto h\u00e1bitats nos que vive unha gran variedade de fauna e flora que se foi adaptando a estes diferentes ecosistemas, que van desde a zona m\u00e1is h\u00famida como a intermareal ata a m\u00e1is seca, que son as dunas. Entre os seres vivos que aqu\u00ed habitan destaca a numerosa colonia de aves que, de xeito permanente ou puntual, poboan esta ampla paraxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Grazas a un traballo constante e rigoroso durante moitos anos levado a cabo polo ornit\u00f3logo Luis Rabu\u00f1al Pati\u00f1o, foron catalogadas e rexistradas arredor de 300 especies de aves nesta \u00e1rea, cifra que supera a calquera outro espazo natural de Galicia. Algunhas destas especies non foron a\u00ednda localizadas en ning\u00fan outro lugar da pen\u00ednsula ib\u00e9rica.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante os meses de inverno a concentraci\u00f3n de aves do grupo das an\u00e1tidas e lim\u00edcolas no esteiro do Anll\u00f3ns representa un acontecemento natural de gran relevancia para todas aquelas persoas que se interesan pola observaci\u00f3n deste tipo de fauna. Entre as especies que te\u00f1en unha maior presenza destacan o lavanco real (Anas platyrhynchos), o pato rabilongo (Anas acuta), o pato cullerete (Spatula clypeata), a garza real (Arcea cinerea), a garceta (Egretta garcetta), o corvo mari\u00f1o (Phalacrocorax carbo e aristotelis), o mazarico real (Numenius arquata) ou a p\u00edllara das dunas (Charandrius alexandrinus). Hai tam\u00e9n varias especies de gaivotas e paseriformes palustres.<\/p>\n\n\n\n<p>Todos aqueles visitantes que se acheguen a este importante espazo natural deber\u00e1n saber que entran nunha \u00e1rea protexida na que conv\u00e9n actuar co m\u00e1ximo respecto de cara a alterar o m\u00ednimo a vida de toda esta avifauna e utilizar os accesos indicados e as casetas de observaci\u00f3n existentes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Merg\u00fallate en Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cENSEDADA DA INSUA,  RESERVA ORNITOL\u00d3XICA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: f\u00edxate en ensenada.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76841,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"ENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOL\u00d3XICA - Costa da Morte","description":"Merg\u00fallate en Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cENSEDADA DA INSUA, RESERVA ORNITOL\u00d3XICA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en formato texto. P"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,135],"class_list":["post-78795","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-ponteceso-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78795","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78795"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79256,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78795\/revisions\/79256"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76841"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}