{"id":78794,"date":"2026-05-20T00:00:00","date_gmt":"2026-05-19T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78794"},"modified":"2026-02-27T10:05:50","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:50","slug":"cabo-tourinan-ultimo-solpor-de-europa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/cabo-tourinan-ultimo-solpor-de-europa","title":{"rendered":"CABO TOURI\u00d1\u00c1N, \u00daLTIMO SOLPOR DE EUROPA"},"content":{"rendered":"\n<p>Polos anos vinte do pasado s\u00e9culo o poeta muxi\u00e1n Gonzalo L\u00f3pez Abente xa consideraba o cabo Touri\u00f1\u00e1n coma a punta m\u00e1is occidental de Galicia, as\u00ed nolo expresa nun dos seus poemas: \u201cdedo o m\u00e1is longo da galega man\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O cabo Touri\u00f1\u00e1n  \u00e9 unha lingua de terra agreste, na que non medra ning\u00fan tipo de vexetaci\u00f3n arb\u00f3rea por estar azoutada polo vento e o salitre, que non permiten m\u00e1is plantas que un manto baixo de queiroas e toxos. A pen\u00ednsula que constit\u00fae este promontorio introd\u00facese no oc\u00e9ano en direcci\u00f3n noroeste e remata na punta Gaivoteira.<\/p>\n\n\n\n<p>Toda a li\u00f1a litoral desta pen\u00ednsula est\u00e1 constitu\u00edda por unha costa rochosa e escarpada, con pronunciados cant\u00eds, sobre todo na zona m\u00e1is achegada ao faro, e perigosos baixos, que act\u00faan como verdadeiras trampas para as embarcaci\u00f3ns que naveguen por esta zona. De todos eles, o m\u00e1is co\u00f1ecido e de maior risco \u00e9 a Laxe de Touri\u00f1\u00e1n, a uns tres cuartos de milla ao oeste desta punta, no que se produciron numerosos naufraxios.<\/p>\n\n\n\n<p>No lado oeste  sit\u00faase o Herboso ou Castelo, un pequeno illote separado de terra por un co\u00eddo, ao que se pode acceder de marea baixa. O seu nome fai referencia ao un posible asentamento castrexo que houbo neste lugar. Tam\u00e9n  nesta parte oeste se sit\u00faa o faro, do que existen dous edificios: o faro antigo e a torre do actual.<\/p>\n\n\n\n<p>No Plan General de Alumbrado Mar\u00edtimo de 1847 recoll\u00edase a idea de instalar un faro de primeira orde no cabo Touri\u00f1\u00e1n en lugar do cabo Fisterra, argumentando que entre A Coru\u00f1a e Fisterra deber\u00eda haber d\u00faas referencias principais de sinais mar\u00edtimas, unha nas illas Sisargas e outra nesta punta de Mux\u00eda, pero esta idea inicial desbotouse e ese faro de primeira constru\u00eduse en Fisterra, deixando un de cuarta clase para Touri\u00f1\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>O proxecto do primitivo faro elaborouno Adolfo Peque\u00f1o, un dos enxe\u00f1eiros que dese\u00f1ara o novo Vil\u00e1n. Nel rec\u00f3llese a construci\u00f3n dun sinxelo edificio de planta rectangular de 14 m de lado con perpia\u00f1o nas aberturas e o resto pintado de branco. No tellado sobresae unha pequena torre no centro, rodeada por un balc\u00f3n con varandas de ferro, onde se instalar\u00e1 unha lanterna de cristais planos e montantes verticais, cun aparello \u00f3ptico aproveitado do antigo faro Vil\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>Entrou en funcionamento a finais de 1898, sendo un dos \u00faltimos faros de Galicia constru\u00eddo no s\u00e9culo XIX. Emit\u00eda unha luz branca cun alcance de 10 millas, producida por unha l\u00e1mpada Mares de parafina. No ano 1918 reform\u00f3uselle a \u00f3ptica e instal\u00f3uselle unha nova l\u00e1mpada que funcionaba con vapor de petr\u00f3leo a presi\u00f3n e ti\u00f1a un alcance de luz de 20 millas. En 1981 constru\u00eduse a torre cil\u00edndrica de formig\u00f3n do novo faro, que funciona cunha l\u00e1mpada el\u00e9ctrica de 1500 vatios e proxecta a luz a unha distancia de 24 millas.<\/p>\n\n\n\n<p>Cabo Touri\u00f1\u00e1n  \u00e9 a punta m\u00e1is occidental da Espa\u00f1a continental (Coordenadas:  43o 03\u2019 20\u2019\u2019 lat. N e 9\u00ba 17\u2019 54\u2019\u2019 lonx. O). Hai d\u00faas \u00e9pocas no ano que neste promontorio se pon o \u00faltimo raio de sol de Europa. A primeira, entre o 21 de marzo e o 23 de abril e a segunda, entre o 13 de agosto e o 22 de setembro, segundo un estudo realizado polo f\u00edsico bai\u00e9s Jorge Mira P\u00e9rez. Touri\u00f1\u00e1n toma o relevo de cabo Roca, en Portugal, e c\u00e9dello ao cabo Vardetangen, en Noruega. Tal feito sup\u00f3n un atractivo m\u00e1is para visitar este extremo m\u00e1is occidental de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gate a Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cCABO TOURI\u00d1\u00c1N, \u00daLTIMO SOLPOR DE EUROPA\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en europa.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76920,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CABO TOURI\u00d1\u00c1N, \u00daLTIMO SOLPOR DE EUROPA - Costa da Morte","description":"Ach\u00e9gate a Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cCABO TOURI\u00d1\u00c1N, \u00daLTIMO SOLPOR DE EUROPA\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[143,1320],"class_list":["post-78794","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-muxia-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78794","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78794"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78794\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79255,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78794\/revisions\/79255"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76920"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78794"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78794"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78794"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}