{"id":78793,"date":"2026-05-18T00:00:00","date_gmt":"2026-05-17T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78793"},"modified":"2026-02-27T10:05:50","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:50","slug":"val-do-rio-beba-intenso-verdor-da-paisaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/val-do-rio-beba-intenso-verdor-da-paisaxe","title":{"rendered":"VAL DO R\u00cdO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE"},"content":{"rendered":"\n<p>O val do r\u00edo Beba sit\u00faase entre os montes da Ru\u00f1a e unha pequena lomba que o separa do val de Mazaricos. Representa unha mostra da paisaxe do concello mazaric\u00e1n na que os prados alternan con zonas de plantaci\u00f3n forestal e bosque aut\u00f3ctono. Distribu\u00eddos por este territorio, as\u00e9ntanse os pequenos n\u00facleos de poboaci\u00f3n das parroquias de San Salvador de Col\u00fans, San Xi\u00e1n de Beba e Santa Mar\u00eda de Coiro.<\/p>\n\n\n\n<p>O r\u00edo Beba ao longo do seu percorrido, desde o nacemento nas proximidades de San Cristovo ata a desembocadura no Xallas, rega as terras de  toda esa valgada, que se vai ensanchando de norte a sur. Para co\u00f1ecer este fermoso val propo\u00f1emos realizar unha ruta en direcci\u00f3n oposta \u00e1 corrente da arteria fluvial, desde Col\u00fans ata Suevos (Coiro). Para chegar a Col\u00fans  desviar\u00e9monos \u00e1 dereita en Ponte Olveira ou Zanfoga, na estrada DP-3404 que vai de Dumbr\u00eda ao Pino do Val. A primeira parada far\u00e9mola na igrexa de Col\u00fans para ver no seu adro o curioso cruceiro composto por tres columnas que rematan nun capitel decorado con cabezas de anxos e volutas. Na cruz repres\u00e9ntase nunha cara o abrazo de Cristo a San Francisco, e na outra, a imaxe da Virxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Continuamos pola estrada que bordea o r\u00edo en direcci\u00f3n \u00e1 \u00e1rea recreativa da Pontenova, situada a car\u00f3n dunha antiga ponte dun s\u00f3 arco apuntado. Esta construci\u00f3n, a praia fluvial, os mu\u00ed\u00f1os e o bosque de ribeira, forman un acolledor espazo que nos permite gozar da natureza. Desde este fermoso lugar, dirix\u00edmonos \u00e1 parroquia de Beba, que d\u00e1 nome ao r\u00edo e ao val. Faremos unha parada para observar a cabeceira rom\u00e1nica da s\u00faa igrexa e contemplar a vista panor\u00e1mica do val polo que estamos a viaxar.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Beba acheg\u00e1monos \u00e1 igrexa parroquial de Coiro, a trav\u00e9s da estrada que, en li\u00f1a recta, cruza o val pola parte esquerda.  O templo sit\u00faase sobre un outeiro e destaca na paisaxe. Tr\u00e1tase dunha construci\u00f3n barroca, cunha  capela maior do s\u00e9culo XVI. No extremo sur da fachada el\u00e9vase unha torre campanario de imitaci\u00f3n barroca, de comezos do s\u00e9culo XX.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Coiro continuamos ruta en direcci\u00f3n a Suevos. Nesta aldea conv\u00e9n visitar o cruceiro do Cirol\u00e1n, unha obra escult\u00f3rica de grande interese, situada ao p\u00e9 do r\u00edo. No seu pedestal aparece esta inscrici\u00f3n: &#8220;A devoci\u00f3n de D. Ventura P\u00e9rez de Lema. A\u00f1o de 1861&#8221;. Na cruz repres\u00e9ntase o desencravo de Cristo. No reverso, Xos\u00e9 de Arimatea e Nicodemo, subidos a cadans\u00faa escada, realizan o desencravo. Entre as escadas vese a San Buenaventura co libro e a pluma. No frontal, un criado terma do corpo de Xes\u00fas, e Mar\u00eda, axe\u00f3nllase ao p\u00e9 da escena. Esta magn\u00edfica obra atrib\u00faeselle ao escultor compostel\u00e1n Francisco Mar\u00eda Rodeiro Permuy.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descobre Mazaricos a trav\u00e9s de \u201cVAL DO R\u00cdO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edxate en intenso.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76977,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"VAL DO R\u00cdO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE - Costa da Morte","description":"Descobre Mazaricos a trav\u00e9s de \u201cVAL DO R\u00cdO BEBA, INTENSO VERDOR DA PAISAXE\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edx"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[133,1320],"class_list":["post-78793","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-mazaricos-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78793","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78793"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78793\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79254,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78793\/revisions\/79254"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76977"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78793"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78793"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78793"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}