{"id":78791,"date":"2026-05-16T00:00:00","date_gmt":"2026-05-15T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78791"},"modified":"2026-02-27T10:05:48","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:48","slug":"lagoa-e-praia-de-traba-natureza-en-estado-puro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/lagoa-e-praia-de-traba-natureza-en-estado-puro","title":{"rendered":"LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN  ESTADO PURO"},"content":{"rendered":"\n<p>Ao longo do litoral da Costa da Morte atop\u00e1monos con espazos dunha enorme riqueza paisax\u00edstica e ambiental, verdadeiros refuxios naturais de diversidade de fauna e flora.  O sitio formado pola lagoa, dunas e praia de Traba de Laxe representa un destes lugares que atesoura un gran valor ecol\u00f3xico, unha extraordinaria obra que a natureza foi elaborando durante milleiros de anos e que temos a oportunidade de gozar dela cada d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Todos os espazos costeiros constitu\u00eddos por praia, dunas e lagoa te\u00f1en unha orixe semellante. A partir dun entrante profundo na costa, no que desemboca alg\u00fan regato, os sedimentos aportados por este, xunto coa acci\u00f3n das correntes mari\u00f1as, acabar\u00e1n formando unha praia en frecha, que pechar\u00e1 total ou parcialmente a sa\u00edda das augas fluviais, dando lugar a unha lagoa costeira. Isto foi o que sucedeu en Traba de Laxe, en Baldaio, en Louro e noutras moitas partes da costa galega.<\/p>\n\n\n\n<p>A chegada de sedimentos arrastrados polas augas fluviais ir\u00e1n colmatando as beiras desa masa de auga e diminu\u00edndo a s\u00faa profundidade, potenciando o crecemento de vexetaci\u00f3n nas s\u00faas marxes. Esa vexetaci\u00f3n que medra no per\u00edmetro da lagoa acelerar\u00e1 o proceso de seca ata chegar \u00e1 desaparici\u00f3n da zona h\u00eddrica.<\/p>\n\n\n\n<p>O conxunto natural de Traba acolle unha variada e abundante vexetaci\u00f3n e fauna. Nas terras que circundan a lagoa medran xuncos, espadanas e outro tipo de plantas que se foron adaptando a medios diferentes como as dunas ou os prados. Nas augas da lagoa viven distintas clases de an\u00e1tidas. Na praia, dunas e prados te\u00f1en o seu h\u00e1bitat outra gran variedade de aves.<\/p>\n\n\n\n<p>Asociada \u00e1s lagoas costeiras creouse a lenda da cidade m\u00edtica asolagada. A da lagoa de Traba conta que un d\u00eda o Ap\u00f3stolo Santiago (patr\u00f3n da parroquia) chegou \u00e1 vila de Valverde pedindo pousada e, despois de petar en todas as casas, ning\u00fan veci\u00f1o lla quixo dar, tan s\u00f3 unha anci\u00e1 lle ofreceu hospitalidade. Ao d\u00eda seguinte, o Ap\u00f3stolo e esta muller caritativa subiron aos penedos da Moa e cando chegaron arriba ollaron para atr\u00e1s e viron como a vila desaparec\u00eda baixo as augas da lagoa.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde as proximidades da lagoa, ollando cara ao sur, temos unha magn\u00edfica panor\u00e1mica dos penedos de Traba, un conxunto de cristas gran\u00edticas, que emerxe sobre os montes que circundan este val. Entre todas esas elevaci\u00f3ns destacan a Torre da Moa, un cume rematado nun enorme penedo redondeado, e m\u00e1is ao fondo, a Galla da Pena Forcada.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta visita ao val de Traba conv\u00e9n tam\u00e9n realizar unha parada na igrexa parroquial de Santiago, un templo que conserva a s\u00faa estrutura rom\u00e1nica, e que loce unha magn\u00edfica fachada-retablo barroca de comezos do s\u00e9culo XVIII, que preside o seu patr\u00f3n montado a cabalo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entende Laxe a trav\u00e9s de \u201cLAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN  ESTADO PURO\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00edxate en playa.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76865,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"LAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO - Costa da Morte","description":"Entende Laxe a trav\u00e9s de \u201cLAGOA E PRAIA DE TRABA, NATUREZA EN ESTADO PURO\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[130,1320],"class_list":["post-78791","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-laxe-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78791","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78791"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78791\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79252,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78791\/revisions\/79252"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76865"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78791"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78791"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78791"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}