{"id":78790,"date":"2026-05-14T00:00:00","date_gmt":"2026-05-13T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78790"},"modified":"2026-02-27T10:05:48","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:48","slug":"cabo-fisterra-a-ultima-parada-cara-ao-alen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/cabo-fisterra-a-ultima-parada-cara-ao-alen","title":{"rendered":"CABO FISTERRA, A \u00daLTIMA PARADA CARA AO AL\u00c9N"},"content":{"rendered":"\n<p>Calquera viaxeiro que chegue ao cabo Fisterra e se po\u00f1a a contemplar o mar sen saber que m\u00e1is al\u00e1 se atopa o continente americano, experimentar\u00e1 a mesma sensaci\u00f3n que tiveron moitos outros cami\u00f1antes s\u00e9culos atr\u00e1s ao atoparse na fin da Terra. Esta mesma impresi\u00f3n tam\u00e9n se poder\u00eda experimentar noutras puntas de Galicia, como no cabo Touri\u00f1\u00e1n, moi preto de Fisterra, non obstante, algunha causa haber\u00eda para que aqueles antepasados lle atribu\u00edsen esa denominaci\u00f3n a esta punta fisterr\u00e1. Ser\u00eda porque o cabo Fisterra presenta unha costa agreste e perigosa na parte norte, pero no lado sur, onde se sit\u00faa a vila re\u00fane excelentes condici\u00f3ns para o asentamento de poboaci\u00f3n, algo que non ocorre, por exemplo,  no cabo Touri\u00f1\u00e1n?<\/p>\n\n\n\n<p>A pen\u00ednsula que forma o cabo Fisterra penetra no mar uns tres quil\u00f3metros e amosa d\u00faas facianas moi diferentes: a norte, agreste e acantilada, ba\u00f1ada por un mar bravo, o denominado Mar de F\u00f3ra e a cara sur, de costa m\u00e1is baixa e protexida, con formaci\u00f3ns areentas que actuaron como portos naturais en tempos pasados.<\/p>\n\n\n\n<p>Os autores cl\u00e1sicos nas s\u00faas obras fan referencia a estas terras fisterr\u00e1s, habitadas polos nerios. O cabo Fisterra poder\u00eda corresponderse co promontorio Nerio ou C\u00e9ltico, segundo estas fontes. Na Idade Media, Fisterra relaci\u00f3nase coa ruta xacobea a trav\u00e9s da lenda que relata o traslado dos restos do Ap\u00f3stolo Santiago a Galicia recollida no C\u00f3dice Calixtino, na que se fai referencia \u00e1 cidade lendaria de Duio.<\/p>\n\n\n\n<p>No extremo sur do cabo Fisterra sit\u00faase o faro, unha construci\u00f3n proxectada polo enxe\u00f1eiro F\u00e9lix de Uhag\u00f3n, que entrou en funcionamento en 1853. Consta dun edificio de planta rectangular de d\u00faas alturas, cunha m\u00e1is na parte central, de paredes recebadas e pintadas de branco, ag\u00e1s os rebordes das aberturas e dos extremos, que presentan canter\u00eda \u00e1 vista. Na parte posterior levantouse a torre de planta octogonal, sobre a que se asentou a lanterna. A s\u00faa luz prox\u00e9ctase a unha distancia de 31 millas. Algo m\u00e1is ao sur constru\u00eduse o edificio da sirena (1889), do que sobresaen d\u00faas buguinas que emit\u00edan estrondosos sons cando hab\u00eda n\u00e9boa. Popularmente co\u00f1ec\u00edase como a Vaca de Fisterra.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao norte do faro, sit\u00faase o edifico do Sem\u00e1foro, que funcionou como estaci\u00f3n de emisi\u00f3ns de sinais mar\u00edtimas e entrou en funcionamento en 1883. Despois de ser rehabilitado polo arquitecto C\u00e9sar Portela,  dedicouse \u00e1 hostaler\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta pen\u00ednsula do cabo Fisterra, chea de historia e lendas, hai dous lugares m\u00e1is de interese para o visitante: o monte Facho e as ru\u00ednas da capela de San Guillerme. Para acceder ao cume do monte Facho temos que coller unha pista asfaltada que sae \u00e1 dereita, antes de chegar ao faro. Este monte denom\u00ednase as\u00ed polas lumaradas ou fachos que antigamente se prend\u00edan para alertar da chegada de embarcaci\u00f3ns sospeitosas de pirater\u00eda. No seu cume localizar\u00edase a enigm\u00e1tica tumba de Orcavella, que puido ser un antigo dolmen, que deu orixe \u00e1 lenda desta m\u00edtica muller centenaria e sit\u00faanse as Pedras Santas, dous penedos redondeados, nos que se di que descansou a Virxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Na baixada do monte, sae unha pista \u00e1 esquerda que conduce \u00e1s ru\u00ednas da capela de San Guillerme. Desde este lugar gozaremos de impresionantes panor\u00e1micas sobre Fisterra e a s\u00faa contorna. Non existen datos da fundaci\u00f3n desta ermida, pero hai noticias de que durante a Idade Media era un importante lugar de peregrinaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00e9ixate levar por Fisterra a trav\u00e9s de \u201cCABO FISTERRA, A \u00daLTIMA PARADA CARA AO AL\u00c9N\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista: f\u00edxate en \u00faltima.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76931,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CABO FISTERRA, A \u00daLTIMA PARADA CARA AO AL\u00c9N - Costa da Morte","description":"D\u00e9ixate levar por Fisterra a trav\u00e9s de \u201cCABO FISTERRA, A \u00daLTIMA PARADA CARA AO AL\u00c9N\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. P"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[127,1320],"class_list":["post-78790","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-fisterra-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78790","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78790"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78790\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79251,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78790\/revisions\/79251"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76931"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78790"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78790"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78790"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}