{"id":78789,"date":"2026-05-08T00:00:00","date_gmt":"2026-05-07T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78789"},"modified":"2026-05-08T06:24:20","modified_gmt":"2026-05-08T04:24:20","slug":"fervenza-do-ezaro-esplendoroso-espectaculo-natural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/fervenza-do-ezaro-esplendoroso-espectaculo-natural","title":{"rendered":"FERVENZA DO \u00c9ZARO,  ESPLENDOROSO ESPECT\u00c1CULO NATURAL"},"content":{"rendered":"\n<p>O r\u00edo Xallas, que leva o nome da comarca que atravesa, ten as s\u00faas primeiras fontes na ladeira occidental do monte Castelo. Discorre por unha morfolox\u00eda aplanada de entre 300 e 400 m de altitude na maior\u00eda do seu curso, ata pasado o <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/embalse-de-fervenza\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Embalse de Fervenza\">encoro da Fervenza<\/a>. A partir de aqu\u00ed, circula por un terreo m\u00e1is movido e vai encaixado, con augas encoradas desde <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/ponte-olveira\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Ponte Olveira\">Ponte Olveira<\/a> ata Santa Ux\u00eda. Desde esta \u00faltima presa ata a desembocadura a pendente acent\u00faase e a velocidade das augas aumenta, formando r\u00e1pidos e pequenas cachoeiras, ata precipitarse por unha rampla gran\u00edtica case vertical de m\u00e1is de corenta metros de altura, dando lugar \u00e1 espectacular <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/cascada-del-ezaro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Fervenza do \u00c9zaro\"><strong>fervenza do \u00c9zaro<\/strong><\/a>, co\u00f1ecida tam\u00e9n como O Cadoiro. Un acontecemento natural \u00fanico, pois ning\u00fan outro r\u00edo de Europa, cun caudal semellante, desemboca nunha cascada coma esta e nun entorno tan singular, como \u00e9 o do m\u00edtico monte Pindo.<\/p>\n\n\n\n<p>O padre Sarmiento, na s\u00faa viaxe por Galicia de 1745, cruzou este r\u00edo utilizando a Barca dos Cregos, embarcaci\u00f3n que un\u00eda as parroquias de Santa Ux\u00eda e Arcos, pois nesta zona non exist\u00eda ningunha ponte.  Di que por aqu\u00ed o r\u00edo \u00c9zaro, \u201cv\u00e9n moi despenado e \u00e9 o que vai despenar a pouco m\u00e1is de media legua no mar\u201d, e engade: \u201cNon puiden achegarme a ver como se despena, pero pasei moi preto do sitio, e informeime, que cae, non facendo salto ou catarata, sen\u00f3n precipit\u00e1ndose e facendo cadoiro e facendo un pozo de inmensa profundidade, e perigoso, e erguendo como un monte de escuma e p\u00f3, pois o \u00c9zaro leva mot\u00edsima auga\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Otero Pedrayo tam\u00e9n fai referencia a esta extraordinaria fervenza e d\u00e9ixanos estas verbas : \u201cEntre os dous [monte \u00c9zaro e Pindo] b\u00f3tase a sulago o r\u00edo Xallas. A t\u00e9cnica da enerx\u00eda hidroel\u00e9ctrica ten micado non pouco a beleza desta limpa e soante frieira. O r\u00edo enteiro b\u00f3tase por unha limpa t\u00e1boa de laxe\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Actualmente tan s\u00f3 podemos gozar plenamente deste espect\u00e1culo natural alg\u00fans d\u00edas, en \u00e9poca de moita chuvia, cando se abren as comportas do encoro de Santa Ux\u00eda. O resto do ano perc\u00edbese unha fervenza co caudal ecol\u00f3xico que por lei lle corresponde, que pode aumentar en certos d\u00edas, a determinadas horas,  se Xeal, a empresa propietaria dos encoros e centrais hidroel\u00e9ctricas, permite un maior caudal de auga.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai varias lendas relacionadas con esta fervenza e o pozo do Cadoiro. Nas rochas por onde ascende o vapor de auga trala espectacular ca\u00edda, hai unha cova cunha entrada rectangular, que lle chaman a Vent\u00e1 das Bruxas, da que se contaba que daba acceso a un corredor que conduc\u00eda a debaixo da fervenza e nunha luxosa estancia habitaba unha princesa encantada. Aquel que se atrevese a desencantala ter\u00eda que superar varias probas e, de conseguilo, casar\u00eda con ela.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde o aparcadoiro que hai para visitar a fervenza, sae unha estrada moi costenta que sobe ao <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/miradoiro-do-ezaro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Miradoiro do \u00c9zaro\">miradoiro do \u00c9zaro<\/a><\/strong>, situado sobre unha plataforma. Desde este lugar gozaremos de impresionantes vistas sobre a desembocadura do Xallas, o <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/monte-pindo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Monte Pindo\">monte Pindo<\/a> e parte da r\u00eda de Corcubi\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acompa\u00f1a Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cFERVENZA DO \u00c9ZARO,  ESPLENDOROSO ESPECT\u00c1CULO NATURAL\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista: f\u00edxate en cascada.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76955,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"FERVENZA DO \u00c9ZARO, ESPLENDOROSO ESPECT\u00c1CULO NATURAL - Costa da Morte","description":"Acompa\u00f1a Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cFERVENZA DO \u00c9ZARO, ESPLENDOROSO ESPECT\u00c1CULO NATURAL\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pis"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[126,1320,1430],"class_list":["post-78789","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-dumbria-gl","tag-naturalmente-unica","tag-o-ezaro"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78789","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78789"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78789\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":81462,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78789\/revisions\/81462"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76955"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78789"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78789"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78789"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}