{"id":78787,"date":"2026-04-30T00:00:00","date_gmt":"2026-04-29T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78787"},"modified":"2026-02-27T10:05:47","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:47","slug":"corcubion-vila-e-porto-senorial-dos-altamira","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/corcubion-vila-e-porto-senorial-dos-altamira","title":{"rendered":"CORCUBI\u00d3N, VILA E PORTO SE\u00d1ORIAL DOS ALTAMIRA"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila de Corcubi\u00f3n, hoxe capital dun pequeno concello, foi a cabeza reitora dunha extensa xurisdici\u00f3n sobre a que exerc\u00edan autoridade os Moscoso de Altamira. As orixes desta localidade e da primitiva parroquia hai que buscalas no pequeno n\u00facleo de Santo Andr\u00e9s da Canle, hoxe desaparecido. Ser\u00e1 a partir do s\u00e9culo XIII cando a poboaci\u00f3n se traslade \u00e1 beiramar e se funde a nova fregues\u00eda de San Marcos. O novo patr\u00f3n pon de manifesto as relaci\u00f3ns comerciais que hab\u00eda entre este porto dos Moscoso e a rep\u00fablica italiana de Venecia.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais da actividade comercial, a veci\u00f1anza de Corcubi\u00f3n durante o Antigo R\u00e9xime viv\u00eda da pesca da sardi\u00f1a e do congro. Na segundo metade do s\u00e9culo XVIII, coa chegada dos catal\u00e1ns, instalaranse neste porto var\u00edas factor\u00edas de salgadura, que continuar\u00e1n a exercer a actividade no seguinte s\u00e9culo.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XIX, Corcubi\u00f3n foi a localidade m\u00e1is castigada polos ataques das tropas francesas, que arrasaron o n\u00facleo sen compaix\u00f3n. Un feito que quedou gravado na memoria da s\u00faa poboaci\u00f3n durante moitos anos. Non obstante, a principios do s\u00e9culo XX esta vila estaba considerada como unha das m\u00e1is activas da zona. Dispo\u00f1\u00eda dunha serie de servizos, moitos deles vinculados ao feito de ser cabeceira de partido xudicial.<\/p>\n\n\n\n<p>A d\u00eda de hoxe Corcubi\u00f3n m\u00f3strase como unha pequena vila, que vive fundamentalmente do sector servizos e do turismo. O m\u00e1is interesante que ofrece ao viaxeiro \u00e9 o seu patrimonio hist\u00f3rico, que, con certas alteraci\u00f3ns, soubo conservar.  Por este motivo no ano 1984,  foi declarada Conxunto Hist\u00f3rico-Art\u00edstico.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai varios lugares de interese que visitar. Na praza de Castelao sit\u00faanse a casa se\u00f1orial dos Altamira, antiga fortaleza do s\u00e9culo XV, o pazo da familia Dios e Pose e a capela do Pilar, convertida en auditorio municipal, e varias casas da pequena burgues\u00eda local.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi preto desta praza local\u00edzase a igrexa parroquial de San Marcos, un templo g\u00f3tico, ao que no s\u00e9culo XVIII se lle engadiron as capelas laterais do Socorro e da Virxe do Carme. A fachada tivo que reconstru\u00edrse de novo a finais do s\u00e9culo XIX, porque a anterior estaba moi danada polo impacto de varios raios. No interior destaca a imaxe g\u00f3tica de San Marcos da Cadeira.<\/p>\n\n\n\n<p>Se nos introducimos no interior do n\u00facleo atopar\u00e9monos con algunhas prazas, como a do Campo do Rollo ou a do m\u00e9dico Ram\u00f3n Carrera, ou con casas fidalgas que mostran na fachada alg\u00fan escudo. Un edificio tam\u00e9n singular \u00e9 o da Casa do Concello,  construci\u00f3n que se realizou grazas \u00e1 aportaci\u00f3n econ\u00f3mica do fil\u00e1ntropo Jos\u00e9 Carrera F\u00e1bregas, que fixo fortuna na Arxentina. Tam\u00e9n paga a pena dar un paseo pola r\u00faa Antonio Porr\u00faa, na que se conservan var\u00edas casas de interese, e seguir polo r\u00faa Peligros ata a capela de Santo Ant\u00f3n, constru\u00edda a finais do s\u00e9culo XVII.<\/p>\n\n\n\n<p>Se nos apetece realizar un pequeno percorrido en coche por este concello de Corcubi\u00f3n, unha ruta recomendable ser\u00eda coller a estrada que leva ao cabo Cee e \u00e1 parroquia de San Pedro da Redonda. Deste xeito teriamos a oportunidade de ver o castelo do Cardeal, unha construci\u00f3n de mediados do s\u00e9culo XVIII, que ten enfronte o castelo do Pr\u00edncipe; o faro de cabo Cee, constru\u00eddo en 1860, e a pequena igrexa rom\u00e1nica de San Pedro da Redonda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co\u00f1ece Corcubi\u00f3n a trav\u00e9s de \u201cCORCUBI\u00d3N, VILA E PORTO SE\u00d1ORIAL DOS ALTAMIRA\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edxate en altamira.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76933,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CORCUBI\u00d3N, VILA E PORTO SE\u00d1ORIAL DOS ALTAMIRA - Costa da Morte","description":"Co\u00f1ece Corcubi\u00f3n a trav\u00e9s de \u201cCORCUBI\u00d3N, VILA E PORTO SE\u00d1ORIAL DOS ALTAMIRA\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00ed"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[120,1320],"class_list":["post-78787","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-corcubion-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78787","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78787"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78787\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79248,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78787\/revisions\/79248"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76933"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78787"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78787"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78787"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}