{"id":78786,"date":"2026-04-28T00:00:00","date_gmt":"2026-04-27T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78786"},"modified":"2026-02-27T10:05:46","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:46","slug":"lires-remanso-de-paz-no-camino-fisterra-muxia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/lires-remanso-de-paz-no-camino-fisterra-muxia","title":{"rendered":"LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMI\u00d1O FISTERRA-MUX\u00cdA"},"content":{"rendered":"\n<p>Entre o extremo sur da praia de Nemi\u00f1a e a punta Mell\u00f3n, \u00e1brese paso ao oc\u00e9ano a pequena r\u00eda de Lires, que m\u00e1is que r\u00eda, v\u00e9n sendo os esteiros que forman os r\u00edos Castro e Lires na s\u00faa desembocadura. O r\u00edo Castro \u00e9 a arteria fluvial m\u00e1is importante da comarca de Fisterra, a antiga Nemancos. Nace na parte alta da parroquia de Castrelo (Vimianzo), e despois de pasar Berdoias, rega as terras de Mux\u00eda, Dumbr\u00eda e Cee e marca os l\u00edmites entre estes concellos. O seu nome procede do lugar do Castro (Coucieiro, Mux\u00eda), onde forma a fervenza das Caldeiras do Castro, un espazo natural de enorme beleza.  Despois dun sorprendente xiro cara ao oeste, desemboca na r\u00eda de Lires.<\/p>\n\n\n\n<p>O outro brazo desta pequena r\u00eda prol\u00f3ngase polo esteiro do r\u00edo de Lires e chega ata as proximidades da igrexa parroquial de Santo Estevo, esta fregues\u00eda rural xa exist\u00eda no s\u00e9culo XII, a\u00ednda que o templo actual data de mediados do s\u00e9culo XVIII. Na s\u00faa lisa fachada apenas destacan elementos decorativos. Os poucos que se ven denotan o estilo barroco que imperaba no momento da s\u00faa construci\u00f3n. No n\u00facleo de Lires cons\u00e9rvanse algunhas casas tradicionais cos seus h\u00f3rreos, que se van intercalando entre as construci\u00f3ns modernas, xa predominantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao abeiro do monte Mell\u00f3n prot\u00e9xese esta parroquia ceense dos ventos do oc\u00e9ano, convertendo a aldea e as terras que a circundan nun espazo recollido e acolledor para os cultivos e a xente que aqu\u00ed habita. Tivo a localidade unha tradici\u00f3n labrega,  na  que tam\u00e9n se aproveitaban os recursos do mar como complemento, ata que nos anos sesenta do pasado s\u00e9culo, atra\u00eddos por este entorno fermoso e sosegado, chegar\u00e1n os primeiros turistas que se van aloxar nalgunha das casas de labradores do lugar, convertendo a Lires na localidade pioneira do turismo rural.<\/p>\n\n\n\n<p>O cambio de actividade da s\u00faa poboaci\u00f3n verase favorecido polo paso do cami\u00f1o de Santiago a Fisterra-Mux\u00eda como ruta xacobea. Na etapa que une estas d\u00faas vilas costeiras, Lires representa un punto de parada obrigada por situarse na metade do traxecto. Nos \u00faltimos anos este n\u00facleo converteuse nun referente tur\u00edstico da zona. A s\u00faa pequena r\u00eda resulta un lugar moi apracible para os amantes da natureza, que te\u00f1en aqu\u00ed a oportunidade de observar cantidade de aves diferentes. Desde a s\u00faa costa gozamos de excelentes vistas sobre a praia de Nemi\u00f1a e a desembocadura do r\u00edo Castro e tam\u00e9n de fermosas postas de sol.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Percorre Cee a trav\u00e9s de \u201cLIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMI\u00d1O FISTERRA-MUX\u00cdA\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edxate en fisterra.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76943,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"LIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMI\u00d1O FISTERRA-MUX\u00cdA - Costa da Morte","description":"Percorre Cee a trav\u00e9s de \u201cLIRES, REMANSO DE PAZ NO CAMI\u00d1O FISTERRA-MUX\u00cdA\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edxat"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[118,1320],"class_list":["post-78786","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-cee-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78786","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78786"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78786\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79247,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78786\/revisions\/79247"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76943"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78786"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78786"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78786"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}