{"id":78785,"date":"2026-04-26T00:00:00","date_gmt":"2026-04-25T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78785"},"modified":"2026-02-27T10:05:46","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:46","slug":"horreo-de-carnota-beleza-artistica-nunha-construcion-popular","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/horreo-de-carnota-beleza-artistica-nunha-construcion-popular","title":{"rendered":"H\u00d3RREO DE CARNOTA, BELEZA ART\u00cdSTICA NUNHA CONSTRUCI\u00d3N POPULAR"},"content":{"rendered":"\n<p>Non existe ningunha outra construci\u00f3n que identifique a paisaxe galega coma o h\u00f3rreo. Tan pronto como pasamos por un n\u00facleo de poboaci\u00f3n e vemos unha edificaci\u00f3n destas caracter\u00edsticas, axi\u00f1a nos decatamos que estamos no noroeste peninsular.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo do territorio galego hai unha grande variedade de formas e tipolox\u00edas de h\u00f3rreos debido sobre todo \u00e1 clase de materiais construtivos de cada zona. \u00c1s veces o h\u00f3rreo constitu\u00eda o s\u00edmbolo e orgullo da familia labrega, por iso se coidaba a s\u00faa construci\u00f3n e se lle incorporaban elementos decorativos.<\/p>\n\n\n\n<p>Na parte m\u00e1is occidental de Galicia, na que se sit\u00faa a Costa da Morte, d\u00e1se unha tipolox\u00eda de h\u00f3rreo que se estende desde o r\u00edo Anll\u00f3ns ata a pen\u00ednsula do Barbanza. Denom\u00ednase h\u00f3rreo atl\u00e1ntico ou fisterr\u00e1n. Conserva unhas caracter\u00edsticas com\u00fans que o diferencian doutras tipolox\u00edas do resto do pa\u00eds: a totalidade da  construci\u00f3n \u00e9 de pedra, a s\u00faa planta ten forma rectantular, sostida sobre p\u00e9s troncoc\u00f3nicos, cil\u00edndricos ou prism\u00e1ticos e capas circulares, e con aberturas de ventilaci\u00f3n polos catro lados.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta rexi\u00f3n atl\u00e1ntica da Costa da Morte dispo\u00f1emos de h\u00f3rreos que polas s\u00faas dimensi\u00f3ns ou beleza arquitect\u00f3nica espertan a atenci\u00f3n dos visitantes. O m\u00e1is co\u00f1ecido e visitado \u00e9 o h\u00f3rreo de Santa Comba de Carnota, o terceiro m\u00e1is longo de Galicia despois do de Ara\u00f1o (Rianxo) e do seu veci\u00f1o de Lira, pero o de Carnota \u00e9 o m\u00e1is art\u00edstico, por tal motivo, foi declarado Monumento Nacional.<\/p>\n\n\n\n<p>Consta de 22 pares de p\u00e9s e mide 34,76 m de longo e 1,90 m de largo. O arquitecto que o dese\u00f1ou, Gregorio Quintela,  consciente do valor da obra que edificou, quixo deixar inscrito o seu nome no lintel da primeira das portas; a data de construci\u00f3n (1768), no da segunda, e a da ampliaci\u00f3n (1783), no da terceira abertura.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa c\u00e1mara est\u00e1 cho\u00edda con pezas de canter\u00eda moi regulares, coas correspondentes aberturas para a ventilaci\u00f3n. As tres portas sit\u00faanse no costal do suroeste e a cuberta disponse a d\u00faas augas con tella curva. Nos pinches \u00e9 onde se amosan os elementos decorativos de estilo barroco: sobrepenas rematadas en curva, dous pin\u00e1culos nos extremos e unha cruz no v\u00e9rtice. Os p\u00e9s sobre os que se asenta a construci\u00f3n son de forma prism\u00e1tica e as capas ou tornarratos, circulares.<\/p>\n\n\n\n<p>Este art\u00edstico h\u00f3rreo forma un fermoso conxunto arquitect\u00f3nico coa casa reitoral e o pombal. Ao norte del sit\u00faase a igrexa parroquial de Santa Comba, un edificio barroco, con planta de cruz latina, distribu\u00edda en tres naves. Data do ano 1755 e no seu interior conserva un interesante retablo maior de estilo neocl\u00e1sico, obra do escultor Xos\u00e9 Ferreiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Na veci\u00f1a parroquia de Santa Mar\u00eda de Lira hai tam\u00e9n un h\u00f3rreo de grandes dimensi\u00f3ns, dese\u00f1ado polo mesmo arquitecto que o de Carnota. Ten o mesmo n\u00famero de p\u00e9s, unha longura de 36,53 m e 1,60 m de ancho. Constru\u00eddo sobre unha plataforma p\u00e9trea para salvar o desnivel do terreo.  Dise que os p\u00e1rrocos destas d\u00faas fregues\u00edas carnot\u00e1s compet\u00edan por teren o h\u00f3rreo de maior dimensi\u00f3n. As\u00ed cando se comezou a constru\u00edr este de Lira, en 1779, o p\u00e1rroco de Carnota mandou ampliar o seu. Despois, o seu veci\u00f1o de Lira alongar\u00eda este ata superar a lonxitude do da capital municipal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Merg\u00fallate en Carnota a trav\u00e9s de \u201cH\u00d3RREO DE CARNOTA, BELEZA ART\u00cdSTICA NUNHA CONSTRUCI\u00d3N POPULAR\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate en h\u00f3rreo.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76968,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"H\u00d3RREO DE CARNOTA, BELEZA ART\u00cdSTICA NUNHA CONSTRUCI\u00d3N POPULAR - Costa da Morte","description":"Merg\u00fallate en Carnota a trav\u00e9s de \u201cH\u00d3RREO DE CARNOTA, BELEZA ART\u00cdSTICA NUNHA CONSTRUCI\u00d3N POPULAR\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[115,1320],"class_list":["post-78785","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-carnota-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78785","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78785"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78785\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79246,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78785\/revisions\/79246"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76968"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78785"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78785"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78785"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}