{"id":78784,"date":"2026-04-25T00:00:00","date_gmt":"2026-04-24T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78784"},"modified":"2026-02-27T10:05:45","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:45","slug":"a-ferveda-de-entrecruces-sinfonia-para-os-sentidos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/a-ferveda-de-entrecruces-sinfonia-para-os-sentidos","title":{"rendered":"A F\u00c9RVEDA DE ENTRECRUCES, SINFON\u00cdA PARA OS SENTIDOS"},"content":{"rendered":"\n<p>A natureza agasallou a San Paio de Entrecruces unha obra tan extraordinaria capaz de conmover a cada un dos visitantes que se achegue ao m\u00e1xico lugar da F\u00e9rveda. Unha explosi\u00f3n de colorido, sons e imaxes que penetran a trav\u00e9s dos sentidos e que non deixan impasible ao cami\u00f1ante que contemple semellante espect\u00e1culo.<\/p>\n\n\n\n<p>Para chegar a ese sensacional lugar collemos a estrada que de Carballo se dirixe a Santiago. Ao pasar Entrecruces, tomamos unha desviaci\u00f3n \u00e1 esquerda cara a San Paio que nos leva ata a capela dedicada a este santo. Agora xa a p\u00e9, seguimos de fronte polo medio da aldea ata coller un cami\u00f1o \u00e1 dereita que bordea o r\u00edo Out\u00f3n, e despois de percorrer uns 500 m, nos conduce \u00e1  fervenza.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao comezo da ruta o son da auga do regato, xunto co bosque de ribeira que o acompa\u00f1a, vainos introducindo nun ambiente que nos prepara para o c\u00famulo de emoci\u00f3ns que nos agardan ao final do traxecto.<\/p>\n\n\n\n<p>A humanizaci\u00f3n da paisaxe manif\u00e9stase nos mu\u00ed\u00f1os de auga rehabilitados polos que pasamos e nos restos da construci\u00f3n, situada \u00e1 man dereita, que corresponden \u00e1 antiga central hidroel\u00e9ctrica instalada cara ao ano 1915, que proporcionou a primeira enerx\u00eda el\u00e9ctrica \u00e1 vila de Carballo. Nos arredores a\u00ednda se visualizan alg\u00fans anacos da tubaxe pola que baixaba a auga desde a pequena presa que hab\u00eda antes da fervenza.<\/p>\n\n\n\n<p>A partir de aqu\u00ed, se o r\u00edo leva un caudal abondoso, comezamos a escoitar de fondo o balbordo da auga da F\u00e9rveda, que vai en aumento segundo nos imos achegando \u00e1 cascada, pero a\u00ednda non a alcanzamos coa vista ata chegar a poucos metros dela. Semella que desexa transmitir primeiro a s\u00faa presenza sonora que visual, coa intencionalidade  de sorprender e causar un maior impacto ao intruso que se aproxima ao seu espazo vital.<\/p>\n\n\n\n<p>Cando nos situamos diante deste fascinante marco natural quedamos absortos pola variedade de formas e sons que percibimos e notamos como a forza da natureza nos invade diante de tanta beleza, e que tan ben soubo expresar coa palabra o crego humanista Xos\u00e9 Pumar G\u00e1ndara:  \u201cA F\u00e9rveda \u00e9 un espect\u00e1culo permanente e variado, ten todos os compases e aires (&#8230;). Ten o seu minueto na escaseza da auga, o seu adagio na primavera, o seu forte tutti na invern\u00eda, cando enchentes e idoiros rebordan cami\u00f1os e agras\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A orixe desta fervenza est\u00e1 relacionada coa Depresi\u00f3n Meridiana, formada por un conxunto de fallas que se estenden desde Carballo ata Tui, dando lugar \u00e1 existencia de augas termais como as sulfurosas da capital berganti\u00f1\u00e1. Nesta zona, o bloque ergueito corresp\u00f3ndese coas terras que a veci\u00f1anza denomina A Alta e o bloque fundido co val, denominado A Baixa. A F\u00e9rveda representa o desnivel duns 40 m de altura que ten que salvar o r\u00edo Out\u00f3n desde a meseta ao val.<\/p>\n\n\n\n<p>De volta da F\u00e9rveda temos a oportunidade de visitar tam\u00e9n a F\u00e9rveda de Rus, desvi\u00e1ndonos \u00e1 dereita no cruce da Canosa e seguindo a estrada uns 2 km. Esta cachoeira \u00e9 m\u00e1is humilde que a de San Paio,  pero ben fermosa. Un pouco antes de chegar a ela, pasamos pola igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda de Rus, esplendoroso templo, co\u00f1ecido como a pequena catedral de Berganti\u00f1os. Unha obra que se realizou en varias intervenci\u00f3ns desde finais do s\u00e9culo XVII ata o s\u00e9culo XIX.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gate a Carballo a trav\u00e9s de \u201cA F\u00c9RVEDA DE ENTRECRUCES, SINFON\u00cdA PARA OS SENTIDOS\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00edxate en sinfon\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76803,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A F\u00c9RVEDA DE ENTRECRUCES, SINFON\u00cdA PARA OS SENTIDOS - Costa da Morte","description":"Ach\u00e9gate a Carballo a trav\u00e9s de \u201cA F\u00c9RVEDA DE ENTRECRUCES, SINFON\u00cdA PARA OS SENTIDOS\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visita"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[113,1320],"class_list":["post-78784","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-carballo-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78784","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78784"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78784\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79245,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78784\/revisions\/79245"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76803"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78784"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78784"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78784"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}