{"id":78783,"date":"2026-04-23T00:00:00","date_gmt":"2026-04-22T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78783"},"modified":"2026-02-27T10:05:45","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:45","slug":"camelle-omnipresencia-da-figura-de-man","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/camelle-omnipresencia-da-figura-de-man","title":{"rendered":"CAMELLE,  OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN"},"content":{"rendered":"\n<p>Camelle, ata non hai moitos anos, era un pequeno n\u00facleo mari\u00f1eiro que se estend\u00eda pola parte esquerda da ba\u00eda que leva ese nome. As\u00ed aparece na imaxe que nos deixou o fot\u00f3grafo lax\u00e9s Jos\u00e9 Vidal, no ano 1934. A s\u00faa orixe estivo vinculada \u00e1 caza de baleas que a finais do s\u00e9culo XV practicaban vascos e asturianos por esta costa. No s\u00e9culo XVI xa exist\u00eda a capela do Esp\u00edrito Santo, pero non se converter\u00eda en parroquial ata a segunda metade do s\u00e9culo XX, anteriormente pertenc\u00eda \u00e1 fregues\u00eda de San Pedro do Porto.<\/p>\n\n\n\n<p>Na primeira metade do s\u00e9culo XVIII tanto a localidade, formada s\u00f3 por unha ducia de casas, como as terras que a circundaban, pertenc\u00edan ao conde de Altamira, a quen os veci\u00f1os lle pagaban as rendas dos foros. Ata que estes non foron redimidos a veci\u00f1anza non puido facerse coa propiedade de casas e terras. Ser\u00eda a partir de ent\u00f3n cando este porto comezar\u00eda a medrar. Polos anos vinte do s\u00e9culo pasado a vila de Camelle dedic\u00e1base sobre todo \u00e1 pesca da sardi\u00f1a, que adquir\u00edan as tres f\u00e1bricas de salgadura que hab\u00eda na localidade e \u00e1 pesca do congro, que, despois de secado ao aire do mar, se vend\u00eda para terras do interior peninsular. O maior desenvolvemento  producirase a partir das d\u00e9cadas dos setenta e oitenta, cando o peixe e o marisco comezaron a ter unha maior cotizaci\u00f3n no mercado.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta localidade \u00e9 co\u00f1ecida sobre todo por acoller ao cidad\u00e1n alem\u00e1n Manfred Gn\u00e4ndinger, que de xeito casual chegou un d\u00eda de 1961, cando a\u00ednda era un mozo de 26 anos. Logo de convivir coa veci\u00f1anza unha tempada, retirouse en solitario a un habit\u00e1culo constru\u00eddo na beiramar, ao mesmo tempo que desenvolv\u00eda unha intensa actividade art\u00edstica dedicada \u00e1 pintura e escultura ao aire libre, nas inmediaci\u00f3ns da s\u00faa vivenda. Mudou tam\u00e9n a s\u00faa forma de vestir, practicamente non usaba m\u00e1is que un taparrabos, e tam\u00e9n os  h\u00e1bitos alimentarios, fac\u00e9ndose vexetariano. Ba\u00f1\u00e1base cada d\u00eda no mar, ver\u00e1n e inverno, e cada vez comunic\u00e1base menos coa veci\u00f1anza, tan s\u00f3 recib\u00eda aos visitantes do seu museo, aos que, ademais de pedirlles unha pequena axuda, convid\u00e1baos a debuxar o que se lle ocorrese, nun pequeno bloc que lles entregaba.<\/p>\n\n\n\n<p>A cat\u00e1strofe do Prestige causaralle unha fonda ferida ao ser invadido polo chapapote boa parte do seu territorio. Xa anteriormente vi\u00f1a sufrindo alg\u00fans problemas de sa\u00fade, pero esta desfeita ecol\u00f3xica acelerou a s\u00faa enfermidade f\u00edsica e ps\u00edquica, da que non deu recuperado. O 28 de decembro de 2002, os veci\u00f1os decat\u00e1ronse de que non retirara a bolsa de alimentos que lle deixaran na porta como cada d\u00eda. M\u00e1is tarde o seu corpo sen vida apareceu no interior da vivenda.<\/p>\n\n\n\n<p>Man era consciente da transcendencia da s\u00faa obra, e para preservala,  no seu testamento deixou ao Estado como responsable dela, ced\u00e9ndolle tam\u00e9n os recursos econ\u00f3micos que acumulara ao longo da vida. Legado que posteriormente pasou ao concello de Camari\u00f1as. Coa intencionalidade de manter viva a s\u00faa figura e a s\u00faa obra, en 2015 constru\u00eduse a Casa do Alem\u00e1n, que acolle informaci\u00f3n sobre a vida deste singular artista e parte da s\u00faa obra. Tam\u00e9n se rehabilitou a que fora a s\u00faa casa, na que se depositaron as s\u00faas cinzas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descobre Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cCAMELLE,  OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00edxate en figura.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":78053,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN - Costa da Morte","description":"Descobre Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cCAMELLE, OMNIPRESENCIA DA FIGURA DE MAN\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00ed"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[112,1320],"class_list":["post-78783","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-camarinas-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78783","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78783"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78783\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79244,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78783\/revisions\/79244"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/78053"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78783"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78783"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78783"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}