{"id":78782,"date":"2026-04-21T00:00:00","date_gmt":"2026-04-20T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78782"},"modified":"2026-02-27T10:05:43","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:43","slug":"a-penela-e-riobo-historia-e-arte-no-silencio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/a-penela-e-riobo-historia-e-arte-no-silencio","title":{"rendered":"A PENELA E RIOB\u00d3,  HISTORIA E ARTE NO SILENCIO"},"content":{"rendered":"\n<p>Hai lugares na Costa da Morte que conservan un prezado patrimonio hist\u00f3rico, pero por situarse afastados das principais v\u00edas de comunicaci\u00f3n pasan desapercibidos para os visitantes, e incluso, para os propios habitantes locais. Certo \u00e9 tam\u00e9n que \u00e1 hora de promocionar o territorio, conc\u00e9deselle maior visibilidade \u00e1 zona costeira que a do interior. A torre da Penela e a igrexa de San Marti\u00f1o de Riob\u00f3, dous lugares do concello de cabana de Berganti\u00f1os, son un bo exemplo do expresado anteriormente.<\/p>\n\n\n\n<p>A aldea da Penela, pertencente \u00e1 parroquia de Silvarredonda, \u00e9 co\u00f1ecida pola torre que se conserva nesta pequena aldea e que formou parte dunha fortaleza da familia dos Berm\u00fadez de Castro. Posiblemente existisen d\u00faas torres m\u00e1is. A torre que se conserva poder\u00eda ser a da homenaxe. Presenta unha forma cadrada e tres alturas, rematada en ameas,  cos merl\u00f3ns moi separados.<\/p>\n\n\n\n<p>A entrada principal est\u00e1 formada por un arco de medio punto con grandes doelas, semellante ao da torre norte das Torres do Allo. Arredor desta porta m\u00f3stranse pezas de boa canter\u00eda, pero esta calidade non \u00e9 uniforme no resto dos muros. Nunha abertura da primeira planta sit\u00faase un escudo no que se representan os s\u00edmbolos das familias Berm\u00fadez, Moscoso, Castro e Rioboo.<\/p>\n\n\n\n<p>O fundador deste v\u00ednculo da Penela foi Lope Berm\u00fadez de Castro, procedente dos antigos Berm\u00fadez de Montaos. A comezos do s\u00e9culo XVII, esta fortaleza foi transformada nun pazo por Lourenzo Berm\u00fadez de Castro. Uns descendentes desta familia ser\u00edan os fundadores do morgado das Torres do Allo.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo esta propiedade pasar\u00e1 a mans dos Ozores, condes de Priegue, e finalmente, ser\u00e1 adquirida pola familia campesi\u00f1a Castro Ribeira, coa condici\u00f3n de que a torre non fose vendida a persoas alleas aos antigos propietarios. Estes no ano 2022 chegar\u00e1n a un acordo co concello de Cabana de Berganti\u00f1os para que a fortaleza pasase a propiedade municipal. Agora a necesaria rehabilitaci\u00f3n est\u00e1 pendente da dotaci\u00f3n de recursos econ\u00f3micos para tal fin.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas proximidades da torre hai unha fonte no medio dun acolledor bosque de abeleiras. Unha lenda conta que entre a fonte e a torre hab\u00eda un t\u00fanel, e a trav\u00e9s del os donos da fortaleza  abastec\u00edanse de auga no caso de asedio.<\/p>\n\n\n\n<p>Preto da Penela at\u00f3pase a igrexa parroquial de San Marti\u00f1o de Riob\u00f3, vinculada aos se\u00f1ores da torre da Penela. Alg\u00fans deles soterr\u00e1ronse no seu interior, como Rui Soneira de Rioboo e o seu neto Lourenzo Berm\u00fadez de Castro, falecido en 1625, e a s\u00faa dona Mar\u00eda de Leis. O templo conserva a base rom\u00e1nica, pero sufriu unha profunda reforma posteriormente. A \u00e1bsida \u00e9 a parte que m\u00e1is se axusta \u00e1 obra primitiva. A nave foi refeita a mediados do s\u00e9culo XVIII. No interior destaca o magn\u00edfico retablo maior da mesma \u00e9poca que a remodelaci\u00f3n da igrexa, unha obra an\u00f3nima inspirada nos mestres compostel\u00e1ns do momento.<\/p>\n\n\n\n<p>Cerca da parroquial de Riob\u00f3 queda a ermida de San Brais de Folgoso, situada sobre a croa dun castro, exemplo de cristianizaci\u00f3n dun espazo sagrado anterior, e tam\u00e9n o pozo da Forca, nun lugar natural extraordinario. A s\u00faa profundidade deu orixe a varias lendas, unha delas fala de que no fondo hai unha grade de ouro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mira de preto Cabana De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cA PENELA E RIOB\u00d3,  HISTORIA E ARTE NO SILENCIO\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: f\u00edxate en riob\u00f3.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76855,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A PENELA E RIOB\u00d3, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO - Costa da Morte","description":"Mira de preto Cabana De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cA PENELA E RIOB\u00d3, HISTORIA E ARTE NO SILENCIO\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1345,1320],"class_list":["post-78782","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-cabana-de-bergantinos","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78782","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78782"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78782\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79243,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78782\/revisions\/79243"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76855"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78782"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78782"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78782"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}