{"id":78781,"date":"2026-04-19T00:00:00","date_gmt":"2026-04-18T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78781"},"modified":"2026-02-27T10:05:43","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:43","slug":"gabenlle-espazo-para-gozar-da-natureza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/gabenlle-espazo-para-gozar-da-natureza","title":{"rendered":"GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA"},"content":{"rendered":"\n<p>Moi preto da vila da Laracha, seguindo a estrada que leva a Soandres e Cerceda, \u00e1 beira do Anll\u00f3ns, sit\u00faase a \u00c1rea Recreativa de Gabenlle, un espazo natural apracible que nos convida a esquecer a axitada vida diaria. Un Anll\u00f3ns, con pouco cami\u00f1o andado e despois de deixar atr\u00e1s o seu rebuldeiro curso alto, chega a este lugar de Gabenlle cun trazado sinuoso e augas mainas, por mor da escasa pendente do terreo.<\/p>\n\n\n\n<p>A creaci\u00f3n desta \u00e1rea recreativa comezou a finais do s\u00e9culo pasado na parte esquerda do r\u00edo, para despois continuar a s\u00faa ampliaci\u00f3n en ambas marxes e en varias fases que se sucederon no s\u00e9culo actual. Dotouse con un completo equipamento: parque infantil, parque biosaudable para persoas maiores, zonas de mesa e asadores, as\u00ed como un edificio de servizos hixi\u00e9nicos, para dar a mellor acollida aos posibles visitantes. As zonas verdes alternan con outras de bosque e \u00e1 beira do r\u00edo disp\u00f3n dunha senda que permite cami\u00f1ar a car\u00f3n del e cruzar dunha banda a outra a trav\u00e9s de tres pontes peon\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde esta \u00e1rea temos acceso ao paseo fluvial, que, r\u00edo abaixo, se prolonga desde a ponte de Gabenlle ata a do Formigueiro, un percorrido duns 2,3 km. Durante a cami\u00f1ada, ademais de gozar dun excelente medio natural que nos ofrece o r\u00edo e o variado bosque ribeir\u00e1n que o acompa\u00f1a, temos a oportunidade de contemplar varios mu\u00ed\u00f1os de auga restaurados: o Grande de Gabenlle, ao comezo; o chamado Mu\u00ed\u00f1o das Pezas, na metade do itinerario e o mu\u00ed\u00f1o do Formigueiro, ao final do paseo, case debaixo da ponte. Esta, actualmente  moi reformada, foi constru\u00edda polos anos sesenta do s\u00e9culo XX coa pedra procedente dunha das torres que compo\u00f1\u00edan a fortaleza de Cillobre, situada \u00e1 entrada da Laracha, antigo soar da familia nobre dos Mari\u00f1as, onde se atopa a capela de San Roque.<\/p>\n\n\n\n<p>Preto desta \u00e1rea recreativa sit\u00faase o castro de Gabenlle, distribu\u00eddo en dous espazos arqueol\u00f3xicos: o Campo das Croas e o propio recinto castrexo, situado algo m\u00e1is ao leste, rodeado por un muro circular que protexe \u00e1 croa. A s\u00faa tradici\u00f3n lendaria fai referencia a unha xente (os xent\u00eds) que andaba fuxida e viv\u00eda baixo terra.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entende A Laracha a trav\u00e9s de \u201cGABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: f\u00edxate en naturaleza.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76791,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"GABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA - Costa da Morte","description":"Entende A Laracha a trav\u00e9s de \u201cGABENLLE, ESPAZO PARA GOZAR DA NATUREZA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[107,1320],"class_list":["post-78781","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-a-laracha-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78781","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78781"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78781\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79242,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78781\/revisions\/79242"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76791"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78781"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78781"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78781"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}