{"id":78780,"date":"2026-04-18T00:00:00","date_gmt":"2026-04-17T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78780"},"modified":"2026-04-18T08:24:40","modified_gmt":"2026-04-18T06:24:40","slug":"ruta-da-auga-de-zas-natureza-en-concerto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/ruta-da-auga-de-zas-natureza-en-concerto","title":{"rendered":"RUTA DA AUGA DE ZAS,  NATUREZA EN CONCERTO"},"content":{"rendered":"\n<p>En Galicia proliferan as paisaxes nas que a auga doce \u00e9 protagonista e cada vez te\u00f1en un maior atractivo as rutas de sendeirismo que se trazan polas beiras de r\u00edos e regatos, polas acolledoras paisaxes que se forman nestes espazos. <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/rutadaaugazas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Ruta da Auga. Zas\">A Ruta da auga de Zas<\/a><\/strong> \u00e9 unha delas. Presenta unhas condici\u00f3ns inmellorables en todos os elementos que configuran estes lugares naturais: auga, vexetaci\u00f3n, fauna, paisaxe, compo\u00f1entes culturais e un ambiente id\u00f3neo para a desconexi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Sit\u00faase este itinerario na cabeceira do <strong>r\u00edo do Porto<\/strong>, a principal arteria fluvial da Terra de Soneira. Tr\u00e1tase dunha ruta de sendeirismo homologada (PR-G250) de tipo circular duns 10 km. As fervenzas son o seu maior atractivo, pero tam\u00e9n resulta de interese a vexetaci\u00f3n e a fauna coa que nos atopamos, os mu\u00ed\u00f1os de auga ou a arquitectura tradicional dos n\u00facleos polos que pasamos. Conv\u00e9n tam\u00e9n prestar atenci\u00f3n \u00e1 musicalidade que nos ofrece a auga en diferentes momentos do percorrido.<\/p>\n\n\n\n<p>In\u00edciase a ruta na<strong> ponte do Sisto<\/strong>, moi preto da aldea do mesmo nome. No primeiro tramo xa nos atopamos con varios mu\u00ed\u00f1os, construci\u00f3ns abundantes na cabeceira do r\u00edo do Porto, tanto no brazo de Parga, considerado como principal, coma no de Budi\u00e1n, xa que os dous te\u00f1en unha canle con acusada pendente. Andando un quil\u00f3metro o cami\u00f1o bif\u00farcase, n\u00f3s tomaremos o da esquerda que leva a <strong>Budi\u00e1n<\/strong>. Neste n\u00facleo, onde contemplaremos alg\u00fan h\u00f3rreo interesante, seguimos a senda que se dirixe \u00e1 <strong>Fervenza<\/strong>, un dos grandes atractivos deste itinerario. Unha vez al\u00ed, o son envolvente da auga manteranos uns minutos absortos, ollando para este sensacional espect\u00e1culo da natureza. A fondura do pozo no que cae a auga deu orixe \u00e1 lenda de que nel hai unha grade de ouro, como sucede no da Forca, en Riob\u00f3.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa de volta, tomaremos o cami\u00f1o cara a <strong>Parga<\/strong>, a seguinte aldea que encontramos nesta cami\u00f1ada. Nela tam\u00e9n atopamos algunha construci\u00f3n interesante de arquitectura popular. Cruzado o lugar, e despois de pasar un mu\u00ed\u00f1o e os restos dun bat\u00e1n, chegamos \u00e1 <strong>fervenza de Parga<\/strong>, de menor altura que a anterior, pero con maior amplitude.<\/p>\n\n\n\n<p>O cami\u00f1o segue costento en direcci\u00f3n ao <strong>Rabi\u00f1oso<\/strong>. As augas do r\u00edo contin\u00faan cantareiras pola pronunciada pendente da s\u00faa canle, dando chimpos cada vez m\u00e1is grandes e enfiando unha serie de fervenzas ata chegar \u00e1 pontella do antigo cami\u00f1o de Moucos a Vilar Ramilo, hoxe substitu\u00eddo por unha estrada.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O Rabi\u00f1oso<\/strong> \u00e9 un dos sitios m\u00e1is fermosos do r\u00edo do Porto, a menos de catro quil\u00f3metros do seu nacemento. As fervenzas encadeadas ao longo de m\u00e1is de 100 m, os mu\u00ed\u00f1os das beiras, o bosque de ribeira e a pontella antiga, forman un conxunto natural, arquitect\u00f3nico e etnogr\u00e1fico digno de admirar e protexer.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00e9ixate levar por Zas a trav\u00e9s de \u201cRUTA DA AUGA DE ZAS,  NATUREZA EN CONCERTO\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en naturaleza.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76858,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"RUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO - Costa da Morte","description":"D\u00e9ixate levar por Zas a trav\u00e9s de \u201cRUTA DA AUGA DE ZAS, NATUREZA EN CONCERTO\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,145],"class_list":["post-78780","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-zas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78780","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78780"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78780\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80901,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78780\/revisions\/80901"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76858"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78780"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78780"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78780"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}