{"id":78779,"date":"2026-04-16T00:00:00","date_gmt":"2026-04-15T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78779"},"modified":"2026-04-17T08:05:30","modified_gmt":"2026-04-17T06:05:30","slug":"castelo-de-vimianzo-simbolo-do-dominio-dos-moscoso-na-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/castelo-de-vimianzo-simbolo-do-dominio-dos-moscoso-na-costa-da-morte","title":{"rendered":"CASTELO DE VIMIANZO, S\u00cdMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE"},"content":{"rendered":"\n<p>Son poucas as fortalezas medievais que lograron manterse en p\u00e9 en Galicia. No <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/cmat\/os-nosos-concellos\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Os nosos concellos\">territorio da Costa da Morte<\/a> hai algunhas que conseguiron desafiar o paso do tempo e manter a s\u00faa estrutura, como a de Vimianzo, Mens (Malpica), A Penela (Cabana de Berganti\u00f1os) ou a de Nogueira (Coristanco). De todas elas, a que preservou mellor a s\u00faa edificaci\u00f3n foi o <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/castelo-de-vimianzo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Castelo de Vimianzo\">castelo de Vimianzo<\/a><\/strong>, aut\u00e9ntico s\u00edmbolo do dominio dos Moscoso de Altamira nestas terras m\u00e1is occidentais de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c9rguese este castelo medieval sobre un outeiro que domina o val de Vimianzo, edificado en planta poligonal con catro torre\u00f3ns, que coinciden cos puntos cardinais. A torre da homenaxe, situada na parte sur,  \u00e9 a \u00fanica que conserva as ameas e merl\u00f3ns. Acc\u00e9dese ao interior do patio a trav\u00e9s dunha porta de arco oxival e enriba dela m\u00f3stranse os escudos cos s\u00edmbolos dos Moscoso e dos Castro. O estilo g\u00f3tico da construci\u00f3n am\u00f3sase na porta de entrada e nas fiestras seteiras.<\/p>\n\n\n\n<p>La fortaleza foi cabeza reitora da extensa xurisdici\u00f3n de Vimianzo, constitu\u00edda por 36 parroquias e tres vilas: Camari\u00f1as, Vimianzo e Laxe. Os primeiros propietarios foron os Mari\u00f1o de Lobeira, e unha vez que estes caeron en desgraza, pasar\u00e1 a mans dos Moscoso de Altamira na segunda metade do s\u00e9culo XV.<\/p>\n\n\n\n<p>O primitivo castelo foi derrubado durante a revolta irmandi\u00f1a de 1467 e poucos anos despois reconstru\u00eddo por orde do arcebispo santiagu\u00e9s Alonso II de Fonseca, enfrontado aos Moscoso polo dominio territorial. Ao pouco de ser levantado, Lopo S\u00e1nchez de Moscoso, I Conde de Altamira, tomarao por asalto, pasando a propiedade desta estirpe ata o ano 1872, cando foi adquirido pola familia Martelo. O poeta Ram\u00f3n Martelo Paum\u00e1n, adapt\u00e1rao como vivenda.<\/p>\n\n\n\n<p>A corporaci\u00f3n municipal republicana de Vimianzo intentou expropiar esta fortaleza que estaba en estado de abandono para trasladar al\u00ed a casa consistorial e outros servizos, iniciativa que non se logrou polo golpe militar de 1936. Os impulsores deste proxecto sufrir\u00e1n graves consecuencias. En 1973 a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a adquiriu a propiedade do edificio e, unha vez restaurado, cederalle o uso ao concello de Vimianzo. Actualmente est\u00e1 aberto ao p\u00fablico e no seu interior p\u00f3dense observar paneis explicativos sobre a historia do castelo e da Costa da Morte e contemplar en vivo unha representaci\u00f3n da artesan\u00eda da zona.<\/p>\n\n\n\n<p>A primeira fin de semana do mes de xullo cel\u00e9brase nesta construci\u00f3n defensiva e na s\u00faa contorna a <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/asalto-ao-castelo-de-vimianzo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Asalto ao Castelo de Vimianzo\">Festa do Asalto ao Castelo<\/a><\/strong>, na que se representa unha recreaci\u00f3n hist\u00f3rica da revolta irmandi\u00f1a e se organizan actuaci\u00f3ns musicais e outras actividades. Festa moi concorrida, na que se congregan milleiros de participantes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acompa\u00f1a Vimianzo a trav\u00e9s de \u201cCASTELO DE VIMIANZO, S\u00cdMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se vive desde dentro. Pista: f\u00edxate en vimianzo.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76875,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CASTELO DE VIMIANZO, S\u00cdMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE - Costa da Morte","description":"Acompa\u00f1a Vimianzo a trav\u00e9s de \u201cCASTELO DE VIMIANZO, S\u00cdMBOLO DO DOMINIO DOS MOSCOSO NA COSTA DA MORTE\u201d. Un relato que conecta historia e costa, tal e como se viv"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,138],"class_list":["post-78779","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-vimianzo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78779","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78779"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78779\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80835,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78779\/revisions\/80835"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76875"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78779"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78779"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78779"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}