{"id":78778,"date":"2026-04-14T00:00:00","date_gmt":"2026-04-13T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78778"},"modified":"2026-02-27T10:05:42","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:42","slug":"monte-branco-e-balares-o-goce-da-paisaxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/monte-branco-e-balares-o-goce-da-paisaxe","title":{"rendered":"MONTE BRANCO E BALAR\u00c9S, O GOCE DA PAISAXE"},"content":{"rendered":"\n<p>Monte Branco, monte Branco<\/p>\n\n\n\n<p>cando te vexo de lonxe<\/p>\n\n\n\n<p>verto a soas triste pranto.<\/p>\n\n\n\n<p>E. Pondal<\/p>\n\n\n\n<p>O poeta Eduardo Pondal (1835-1917) desde a s\u00faa casa de Ponteceso, a beira do r\u00edo Anll\u00f3ns, contemplaba ao lonxe este monte cuberto por un manto branco de area, procedente das dunas da Barra, que os ventos do sur e suroeste esparex\u00edan polas s\u00faas ladeiras.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo do litoral da Costa da Morte temos atalaias ou miradoiros naturais que nos ofrecen extraordinarias panor\u00e1micas sobre a paisaxe costeira. Monte Branco re\u00fane magn\u00edficas condici\u00f3ns para este cometido, tanto pola s\u00faa estrat\u00e9xica situaci\u00f3n como pola doada accesibilidade para achegarse ao seu cume. Monte de escasa altitude (182 m), pero con \u00f3ptima localizaci\u00f3n para gozar da mellor panor\u00e1mica da desembocadura do Anll\u00f3ns e da r\u00eda de Corme e Laxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Se ollamos cara \u00e1 esquerda, contemplamos os meandros que traza o r\u00edo no seu derradeiro tramo, a vila de Ponteceso e o val que a rodea e a enseada da Insua. Pola banda esquerda da enseada est\u00e9ndense as terras da parroquia de Cesullas, nas que destaca o n\u00facleo de Nea\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Se diriximos a mirada ao fronte, vemos na proximidade a lingua de area ou barra, que se formou entre o esteiro do r\u00edo e as augas do mar, e m\u00e1is ao lonxe, as terras da parroquia cabanesa de Canduas, que ascenden cara ao bico do monte Castelo de Lourido, v\u00e9rtice que destaca no horizonte. \u00c1 nosa dereita, en primeiro plano, contemplamos a praia de Balar\u00e9s e o extenso pi\u00f1eiral que a rodea, e ollando m\u00e1is ao lonxe, as augas tranquilas da r\u00eda de Corme e Laxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Deixamos o monte Branco e ao chegar \u00e1 cruce, collemos \u00e1 esquerda en direcci\u00f3n \u00e1 praia de Balar\u00e9s. Neste lugar houbo un pequeno n\u00facleo habitado e unha capela, a de Santa Mari\u00f1a, citada por Jer\u00f3nimo del Hoyo a comezos do s\u00e9culo XVII. Logo arruinouse, e a finais do s\u00e9culo XIX, constru\u00eduse unha nova dedicada a esa santa na vila de Ponteceso. Entre os anos 1936 e 1962 neste mesmo espazo existiu unha explotaci\u00f3n mineira de titanio, e para dar sa\u00edda ao mineral, constru\u00eduse o pequeno peirao que a\u00ednda se conserva. O resto das instalaci\u00f3ns mineiras desapareceron, e despois de cerrada a mina,  adquiriu os terreos a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e converteunos na \u00e1rea recreativa actual.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Explora Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cMONTE BRANCO E BALAR\u00c9S, O GOCE DA PAISAXE\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: f\u00edxate en paisaje.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76837,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"MONTE BRANCO E BALAR\u00c9S, O GOCE DA PAISAXE - Costa da Morte","description":"Explora Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cMONTE BRANCO E BALAR\u00c9S, O GOCE DA PAISAXE\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: f"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,135],"class_list":["post-78778","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-ponteceso-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78778","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78778"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78778\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79239,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78778\/revisions\/79239"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76837"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78778"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78778"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78778"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}