{"id":78777,"date":"2026-04-12T00:00:00","date_gmt":"2026-04-11T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78777"},"modified":"2026-02-27T10:05:41","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:41","slug":"moraime-centro-historico-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/moraime-centro-historico-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"MORAIME, CENTRO  HIST\u00d3RICO DA COSTA DA MORTE"},"content":{"rendered":"\n<p>Existe un gran desco\u00f1ecemento da historia de Moraime e do papel que desempe\u00f1ou en tempos pasados como centro relixioso e administrativo dun amplo territorio que se estend\u00eda desde o curso baixo do r\u00edo Anll\u00f3ns ata Fisterra. O abade deste mosteiro ademais de ser unha destacada autoridade no eido relixioso tam\u00e9n exerc\u00eda un notable poder pol\u00edtico e administrativo nesta rexi\u00f3n occidental. A falta de sinalizaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n do patrimonio que acolle este importante conxunto hist\u00f3rico e arquitect\u00f3nico e o non manter aberta ao p\u00fablico a s\u00faa magn\u00edfica igrexa rom\u00e1nica fan que o n\u00famero de visitantes de Moraime sexa moi inferior ao que merecer\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Os monxes bieitos deste mosteiro muxi\u00e1n foron os que difundiron o cristianismo e crearon novas parroquias nestas comarcas da Costa da Morte e fundaron importantes centros relixiosos como o santuario da Virxe da Barca de Mux\u00eda, un xeito de cristianizar antigos cultos pag\u00e1ns a trav\u00e9s da aparici\u00f3n de figuras destacadas da igrexa cat\u00f3lica coma a Virxe, o Ap\u00f3stolo Santiago ou Cristo, que ser\u00edan o motivo da chegada de peregrinos a estas terras e a orixe do actual cami\u00f1o xacobeo de Fisterra-Mux\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A historia de Moraime vai m\u00e1is al\u00e1 da fundaci\u00f3n do mosteiro. No ano 1972 realiz\u00e1ronse unhas escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas dirixidas por Manuel Chamoso Lamas, nas que se descubriron restos dunha vivenda romana (varias estruturas e un hipocausto) e numerosos obxectos do per\u00edodo tardorromano. Todos estes vestixios poder\u00edan corresponder \u00e1 existencia dunha villa romana. Neste mesmo espazo tam\u00e9n se atopou unha necr\u00f3pole visigoda composta de varias tumbas, as\u00ed como alg\u00fans restos desta \u00e9poca.<\/p>\n\n\n\n<p>Non se disp\u00f3n de datos sobre a fundaci\u00f3n do mosteiro moraim\u00e9s, pero as s\u00faas orixes poder\u00edan remontarse ao s\u00e9culo X. A primeira documentaci\u00f3n que hai sobre o mesmo \u00e9 do ano 1095. O cenobio primitivo foi destru\u00eddo polos almor\u00e1bides a comezos do s\u00e9culo XII, logo ser\u00eda constru\u00eddo un novo grazas ao apoio do rei Alfonso VII, que pasou un tempo da s\u00faa infancia neste centro relixioso muxi\u00e1n. Despois da concesi\u00f3n de propiedades e privilexios por parte dalg\u00fans monarcas, chegar\u00e1n para esta congregaci\u00f3n relixiosa de Moraime tempos de abusos e ataques por parte da nobreza local, ata a s\u00faa incorporaci\u00f3n ao mosteiro compostel\u00e1n de San Marti\u00f1o Pinario.<\/p>\n\n\n\n<p>De todo este conxunto hist\u00f3rico e art\u00edstico, cons\u00e9rvase a magn\u00edfica  igrexa rom\u00e1nica de planta basilical de finais do s\u00e9culo XII, formada por tres naves e tres \u00e1bsidas. Na que destacan a portada occidental e a extraordinaria porta sur coa representaci\u00f3n no t\u00edmpano da \u00daltima Cea.  No interior, ademais da s\u00faa excelente colecci\u00f3n de capiteis, sobresaen as interesantes pinturas g\u00f3ticas do s\u00e9culo XV, nas que se representan escenas dos sete pecados capitais e da morte, descubertas nos anos sesenta do pasado s\u00e9culo. O conxunto compl\u00e9tase co edificio da antiga casa reitoral constru\u00edda a mediados do s\u00e9culo XVIII.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co\u00f1ece Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cMORAIME, CENTRO  HIST\u00d3RICO DA COSTA DA MORTE\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en moraime.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76915,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"MORAIME, CENTRO HIST\u00d3RICO DA COSTA DA MORTE - Costa da Morte","description":"Co\u00f1ece Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cMORAIME, CENTRO HIST\u00d3RICO DA COSTA DA MORTE\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxat"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[143,1320],"class_list":["post-78777","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-muxia-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78777","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78777"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78777\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79238,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78777\/revisions\/79238"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76915"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78777"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78777"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78777"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}