{"id":78776,"date":"2026-04-11T00:00:00","date_gmt":"2026-04-10T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78776"},"modified":"2026-02-27T10:05:41","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:41","slug":"fervenzas-de-mazaricos-a-auga-como-expresion-artistica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/fervenzas-de-mazaricos-a-auga-como-expresion-artistica","title":{"rendered":"FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESI\u00d3N ART\u00cdSTICA"},"content":{"rendered":"\n<p>O concello de Mazaricos no pode ofrecer ao visitante unha paisaxe mar\u00edtima, porque carece de litoral, pero re\u00fane \u00f3ptimas condici\u00f3ns para ofrecer paisaxes nas que a auga doce \u00e9 protagonista polos numerosos r\u00edos e regatos que atravesan o seu territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>O descenso brusco dalg\u00fans destes r\u00edos, como o Arcos, Beba ou Santa Locaia, dan lugar a r\u00e1pidos e fervenzas que forman espazos espectaculares para os visitantes que se acheguen a estas terras do interior da Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>Para a ruta das fervenzas que se prop\u00f3n por este concello seleccion\u00e1ronse catro delas que nos pareceron as m\u00e1is interesantes e accesibles. Tres pr\u00f3ximas entre si: as de F\u00edrvado, Vioxo-Chac\u00edn e Santa Locaia, e outra m\u00e1is afastada, a de Noveira. As tres primeiras ser\u00edan para visitar nunha xornada, e de dar tempo e ter ganas, tam\u00e9n se poder\u00eda ver a cuarta, se non, deixar\u00edase para outra viaxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Para visitar a fervenza de F\u00edrvado, colleremos a estrada AC-400 e ao chegar \u00e1 aldea de Suevos, tomaremos a que conduce ao lugar de F\u00edrvado. A cascada principal, xa que hai varias, dista uns 770 m da aldea e sit\u00faase na confluencia dos r\u00edos Beba e do seu afluente Xende. No denominado Pozo Negro, hai a lenda que di que no amencer da noite de San Xo\u00e1n emerxe unha grade de ouro.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde F\u00edrvado volvemos \u00e1 estrada xeral e collemos direcci\u00f3n ao Pino do Val, para visitar a fervenza de Vioxo-Chac\u00edn. Neste cruce, continuamos pola mesma estrada uns dous quil\u00f3metros ata Lamasap\u00edn, onde nos desviamos \u00e1 dereita cara a Vioxo e  Chac\u00edn. A 1,5 km, deixamos o coche e  tomamos un cami\u00f1o \u00e1 esquerda que nos leva \u00e1 fervenza, despois de andar uns 350 m. A cascada at\u00f3pase no regato do Casteli\u00f1o, un afluente do r\u00edo Ent\u00edns que desemboca na Serra de Outes, na r\u00eda de Muros e Noia.<\/p>\n\n\n\n<p>Para visitar a fervenza de Santa Locaia continuamos de fronte ata Chac\u00edn e logo collemos a estrada DP-4502 en direcci\u00f3n a Serra de Outes uns 3 km ata chegar \u00e1 capela de Santa Locaia, situada \u00e1 esquerda da estrada. Deixamos al\u00ed o veh\u00edculo e, despois de andar uns 100 m polo medio dunha fraga, chegamos \u00e1 cachoeira que forma neste lugar o regato do Vao da Denoci\u00f1a, afluente do r\u00edo Ent\u00edns. Asociada \u00e1 mesma cons\u00e9rvase unha fermosa lenda que conta que uns ladr\u00f3ns roubaron a camp\u00e1 desta capela, logo fuxiron con ela ao lombo polo medio da devesa. Ao intentar cruzar o r\u00edo esvararon no musgo que cubre as pedras da beira e a camp\u00e1 caeulles \u00e1 auga. Milagrosamente afundiuse o terreo e orixinou a catarata e o pozo no que cae a auga, que desde aquela se denomina Pozo das Camp\u00e1s.<\/p>\n\n\n\n<p>Para visitar a fervenza de Noveira, \u00faltima desta ruta, temos que volver ao Pino do Val e coller a estrada que vai a Muros ata As Paxareiras. Neste lugar tomar \u00e1 dereita a que conduce \u00e1 parroquia de Arcos e a Noveira. Antes de chegar a este \u00faltimo n\u00facleo hai unha indicaci\u00f3n para desviarse cara a este fermoso lugar. M\u00e1is doado de acceder resulta desde o \u00c9zaro (Dumbr\u00eda). A auga do r\u00edo Arcos precip\u00edtase con forza sobre un pozo labrado na rocha, que se converte nunha aut\u00e9ntica piscina natural para o ba\u00f1o en tempo de ver\u00e1n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Percorre Mazaricos a trav\u00e9s de \u201cFERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESI\u00d3N ART\u00cdSTICA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en formato texto. Pista: f\u00edxate en cascadas.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76973,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"FERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESI\u00d3N ART\u00cdSTICA - Costa da Morte","description":"Percorre Mazaricos a trav\u00e9s de \u201cFERVENZAS DE MAZARICOS, A AUGA COMO EXPRESI\u00d3N ART\u00cdSTICA\u201d. Se est\u00e1s preparando ruta, aqu\u00ed tes unha parada imprescindible en forma"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[133,1320],"class_list":["post-78776","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-mazaricos-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78776","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78776"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78776\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79237,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78776\/revisions\/79237"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76973"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78776"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78776"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78776"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}