{"id":78775,"date":"2026-04-09T00:00:00","date_gmt":"2026-04-08T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78775"},"modified":"2026-02-27T10:05:41","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:41","slug":"buno-vila-onde-o-barro-se-transforma-en-arte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/buno-vila-onde-o-barro-se-transforma-en-arte","title":{"rendered":"BU\u00d1O, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila de Bu\u00f1o \u00e9 co\u00f1ecida en toda Galicia pola s\u00faa tradici\u00f3n oleira. A pr\u00e1ctica desta actividade por parte dos bu\u00f1eses poder\u00eda remontarse a tempos prehist\u00f3ricos, cando os primeiros poboadores que se asentaron nas proximidades do Couto dos Barreiros descubriron a abundancia de arxila que lles permit\u00eda elaborar \u00fatiles cer\u00e1micos.<\/p>\n\n\n\n<p>Poboadores dos castros pr\u00f3ximos seguramente utilizar\u00edan a materia prima deste lugar para fabricar utensilios dom\u00e9sticos, e unha vez que abandonaron estes recintos, alg\u00fans puideron ser os fundadores do primitivo n\u00facleo de Bu\u00f1o ao p\u00e9 do Couto dos Barreiros, onde actualmente se sit\u00faa o Cruceiro das Cabras e naceu a parroquia de Santo Estevo.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is tarde, a poboaci\u00f3n bu\u00f1esa trasladouse a un emprazamento m\u00e1is alto e soleado, onde estaba a ermida e hospital de Santa Catalina, constitu\u00edndo o n\u00facleo do actual Bu\u00f1o. Os seus habitantes seguir\u00e1n a practicar o oficio da oler\u00eda, que aparece documentado por primeira vez na segunda metade do s\u00e9culo XVI.<\/p>\n\n\n\n<p>Co paso dos anos o n\u00famero de oleiros aumentou, ao mesmo tempo que medrou a poboaci\u00f3n da localidade. A mediados do s\u00e9culo XVIII exerc\u00edan este oficio uns 77 oleiros en 63 obradoiros, cando a poboaci\u00f3n de Bu\u00f1o se achegaba ao 500 habitantes. A oler\u00eda manterase en auxe no s\u00e9culo seguinte e ata mediados do s\u00e9culo XX, que ser\u00e1 cando comece a esmorecer trala chegada ao mercado de \u00fatiles dom\u00e9sticos industriais.<\/p>\n\n\n\n<p>A produci\u00f3n oleira dos artes\u00e1ns bu\u00f1eses tradicionalmente comercializ\u00e1base en feiras e mercados da comarca e de Galicia, distribu\u00edda por arrieiros da Terra do Xallas, os denominados xalleiros. Tam\u00e9n hai constancia da exportaci\u00f3n de oler\u00eda bu\u00f1esa a trav\u00e9s do mar. O padre Sarmiento recolle que navegantes da Moureira (Pontevedra), vi\u00f1an mercar olas a Bu\u00f1o, que embarcaban no porto de Ponteceso.<\/p>\n\n\n\n<p>As pezas, unha vez elaboradas no torno, coc\u00edanse nos fornos comunais que hab\u00eda nos distintos barrios do n\u00facleo. Un traballo comunitario que era necesario preparar con moito tino para que a fornada non se arruinase.<\/p>\n\n\n\n<p>Os cambios sociais e econ\u00f3micos producidos nos \u00faltimos tempos obrigaron aos oleiros a elaborar novos dese\u00f1os e formatos, dirixidos m\u00e1is a unha finalidade decorativa que funcional e a organizarse baixo a Asociaci\u00f3n Oleira de Bu\u00f1o, encargada de defender esta profesi\u00f3n e programar a Mostra de Oler\u00eda que se celebra nesta vila a primeira quincena de agosto desde o ano 1983. Nela o visitante ten a oportunidade de ver unha ampla exposici\u00f3n de cer\u00e1mica bu\u00f1esa e asistir a un variado programa de actividades culturais asociadas a este evento. Durante o resto do ano p\u00f3dese visitar o conxunto etnogr\u00e1fico do Forno do Forte, rehabilitado como museo pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e co\u00f1ecer como era a vida dos oleiros nos anos cincuenta do pasado s\u00e9culo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Merg\u00fallate en Malpica De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cBU\u00d1O, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: f\u00edxate en barro.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76824,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"BU\u00d1O, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE - Costa da Morte","description":"Merg\u00fallate en Malpica De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cBU\u00d1O, VILA ONDE O BARRO SE TRANSFORMA EN ARTE\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1355,1320],"class_list":["post-78775","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-malpica-de-bergantinos","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78775","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78775"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78775\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79236,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78775\/revisions\/79236"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76824"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78775"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78775"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78775"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}