{"id":78774,"date":"2026-04-07T00:00:00","date_gmt":"2026-04-06T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78774"},"modified":"2026-02-27T10:05:40","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:40","slug":"laxe-resplandor-da-alborada","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/laxe-resplandor-da-alborada","title":{"rendered":"LAXE,  RESPLANDOR DA ALBORADA"},"content":{"rendered":"\n<p>Ao sur da r\u00eda na que o Anll\u00f3ns entrega a colleita h\u00eddrica que foi recadando ao longo do seu cami\u00f1ar por terras berganti\u00f1\u00e1ns, sit\u00faase a vila hist\u00f3rica de Laxe, ao p\u00e9 dunha extensa praia de fina area branca. As boas condici\u00f3ns naturais desta enseada contribu\u00edron a que nela se fundase na Idade Media a localidade costeira e fose lugar atractivo para a familia nobre dos Moscoso.<\/p>\n\n\n\n<p>Alg\u00fans autores fan referencia \u00e1s boas condici\u00f3ns deste porto para a actividade pesqueira  e a recalada de embarcaci\u00f3ns. O ilustrado Jos\u00e9 Cornide inf\u00f3rmanos de que a localidade era frecuentada por pescadores de todas partes, especialmente por catal\u00e1ns que pescaban sardi\u00f1a para despois exportar a outras zonas de f\u00f3ra de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A comezos do s\u00e9culo XX chegou a haber ata cinco factor\u00edas de salgadura neste porto que empregaban fundamentalmente a mulleres. Tam\u00e9n contribu\u00edu ao desenvolvemento econ\u00f3mico a mina de caol\u00edn situada a car\u00f3n da praia. Actualmente Laxe vive fundamentalmente da pesca e do turismo.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os seus persoeiros ilustres destacaron o poeta Ant\u00f3n Zapata Garc\u00eda, o insigne xe\u00f3logo Isidro Parga Pondal e fundador do Laboratorio Xeol\u00f3xico de Laxe e o fot\u00f3grafo Jos\u00e9 Vidal Garc\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>O viaxeiro que se achegue a Laxe disp\u00f3n dun interesante patrimonio natural e hist\u00f3rico para visitar. No centro da vila, na praza de Ram\u00f3n Juega, sit\u00faase a Casa do Arco, o edificio civil m\u00e1is emblem\u00e1tico, mandado constru\u00edr por dona Urraca de Moscoso e o seu marido Pedro de Osorio a finais do s\u00e9culo XV.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi pr\u00f3ximo a esta praza local\u00edzase o Museo do Mar. O seu contido c\u00e9ntrase no patrimonio hist\u00f3rico e antropol\u00f3xico do concello e da vila de Laxe. Tam\u00e9n acolle o Arquivo Fotogr\u00e1fico Vidal, ao que pertencen \u00e1 maior\u00eda das imaxes que se expo\u00f1en.<\/p>\n\n\n\n<p>O seguinte edificio hist\u00f3rico a visitar ser\u00eda a igrexa de Santa Mar\u00eda da Atalaia, situada nun lugar elevado desde o que se domina o porto, a extensa praia e parte do n\u00facleo urbano. Tr\u00e1tase dun templo g\u00f3tico mandado constru\u00edr por Juana de Castro e Lara cara a finais do s\u00e9culo XV. Consta dunha soa nave e unha capela maior rectangular cuberta por unha b\u00f3veda de crucer\u00eda. Arrimada ao muro sur constru\u00eduse a torre campanario de forma cadrada e aspecto defensivo. Na fachada destacan un roset\u00f3n e a porta rematada en arco apuntado.  No interior cabe salientar as imaxes p\u00e9treas da patroa, de Santa In\u00e9s e o relevo da Resurrecci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde Laxe resulta interesante achegarse \u00e1 punta da Insua, onde se sit\u00faa o faro, polo seu atractivo paisax\u00edstico e tam\u00e9n \u00e1 capela de Santa Rosa desde a que contemplamos unha magn\u00edfica panor\u00e1mica da vila e da s\u00faa fermosa praia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ach\u00e9gate a Laxe a trav\u00e9s de \u201cLAXE,  RESPLANDOR DA ALBORADA\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00edxate en resplandor.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76859,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"LAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA - Costa da Morte","description":"Ach\u00e9gate a Laxe a trav\u00e9s de \u201cLAXE, RESPLANDOR DA ALBORADA\u201d. Comeza por este cap\u00edtulo e entender\u00e1s mellor o territorio antes de visitalo. Pista: f\u00edxate en respla"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[130,1320],"class_list":["post-78774","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-laxe-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78774","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78774"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78774\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79235,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78774\/revisions\/79235"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76859"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78774"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78774"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78774"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}