{"id":78773,"date":"2026-04-05T00:00:00","date_gmt":"2026-04-04T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78773"},"modified":"2026-02-27T10:05:40","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:40","slug":"fisterra-a-emocion-do-final-do-camino","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/fisterra-a-emocion-do-final-do-camino","title":{"rendered":"FISTERRA,  A EMOCI\u00d3N DO FINAL DO CAMI\u00d1O"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila de Fisterra tivo a sorte de que os seus primitivos poboadores a bautizasen cun nome tan suxestivo. A maior aspiraci\u00f3n de calquera cami\u00f1ante sempre ser\u00e1 acadar unha meta. Se resulta que esa meta se sit\u00faa ao final do mundo co\u00f1ecido, a motivaci\u00f3n para chegar a ela a\u00ednda \u00e9 maior. Isto foi o que lle outorgou a Fisterra ese talism\u00e1n para atraer a viaxeiros e peregrinos.<\/p>\n\n\n\n<p>A\u00ednda que este extremo do continente estivo habitado desde tempos prehist\u00f3ricos, as\u00ed o documentan materiais arqueol\u00f3xicos atopados no val de Duio, a vila de Fisterra formouse no medievo. Desde finais do s\u00e9culo XIII ata finais do seguinte pertenceu \u00e1 familia dos Mari\u00f1o. Desde a Idade Media hai documentaci\u00f3n da chegada de viaxeiros e peregrinos a Fisterra, moitos deles deixaron constancia da viaxe e das impresi\u00f3ns que lle causou a localidade. No ano 1469 xa exist\u00eda un hospital de peregrinos a car\u00f3n da igrexa parroquial.<\/p>\n\n\n\n<p>Fisterra tampouco foi allea \u00e1s invasi\u00f3ns da pirater\u00eda estranxeira, primeiro de normandos e musulm\u00e1ns, e m\u00e1is tarde, de ingleses e franceses. O cardeal Del Hoyo dinos que a poboaci\u00f3n do n\u00facleo fisterr\u00e1n viv\u00eda pobremente e que as s\u00faas casas foran incendiadas varias veces por esas razzias. Tam\u00e9n chegaron a este porto as tropas francesas, que saquearon a localidade e incendiaron o castelo de San Carlos.<\/p>\n\n\n\n<p>O n\u00facleo primitivo formado arredor da praia da Ribeira  foi medrando cara ao leste ata configurarse en dous barrios: o Cabo da Xesta, o m\u00e1is antigo,  situado na parte occidental, e o Cabo da Vila, m\u00e1is moderno, que se estend\u00eda pola actual r\u00faa de Santa Catalina.<\/p>\n\n\n\n<p>A Fisterra actual \u00e9 moi diferente a aquela de s\u00e9culos pasados, a\u00ednda que hai zonas que conservan a estrutura do n\u00facleo hist\u00f3rico, pero a maior\u00eda das casas foron reformadas ou son de nova construci\u00f3n. O turismo \u00e9 a actividade econ\u00f3mica principal da poboaci\u00f3n fisterr\u00e1, atra\u00eddo por ser final do cami\u00f1o xacobeo, polo que representa esta vila e o cabo Fisterra como extremo m\u00e1is occidental do continente europeo.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai varios lugares da vila que conv\u00e9n visitar. En primeiro lugar, a zona portuaria, adornada polo colorido das m\u00faltiples embarcaci\u00f3ns de pesca, onde se sit\u00faa a nova lonxa, un edifico moderno, constru\u00eddo entre os anos 2004 e 2006, obra da arquitecta Covadonga Carrasco. Na mesma zona tam\u00e9n se localiza a \u00e1ncora do Cas\u00f3n, o barco que embarrancou en 1987 nesta costa e creou o p\u00e1nico entre a poboaci\u00f3n da zona polo perigo da carga que levaba a bordo.<\/p>\n\n\n\n<p>Detr\u00e1s do porto sit\u00faase o castelo de San Carlos, de mediados do s\u00e9culo XVIII, que alberga o Museo de Pesca, que acolle artes de pesca e informaci\u00f3n sobre a tradici\u00f3n mari\u00f1eira deste porto. Nas r\u00faas do interior do n\u00facleo atopar\u00e9monos con casas tradicionais que nos permitir\u00e1n co\u00f1ecer como era a Fisterra hist\u00f3rica. Na praza de Ara Solis local\u00edzase a capela do Bo Suceso, unha edificaci\u00f3n barroca de 1743.<\/p>\n\n\n\n<p>A igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda das Areas sit\u00faase nas aforas, ao p\u00e9 da estrada que leva ao cabo Fisterra. Conserva alg\u00fans elementos rom\u00e1nicos pero a s\u00faa estrutura \u00e9 g\u00f3tica, \u00e1 que se lle foron engadindo outras construci\u00f3ns que desfiguraron a s\u00faa forma orixinal. Entre elas sobresae a capela barroca do Santo Cristo, cun retablo deste mesmo estilo, que acolle a imaxe g\u00f3tica do Cristo, pola que a veci\u00f1anza sente gran devoci\u00f3n. No campo que hai ao sur da igrexa o domingo de Pascua escenif\u00edcase a Resurrecci\u00f3n de Cristo, acto ao que acode multitude de romeiros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descobre Fisterra a trav\u00e9s de \u201cFISTERRA,  A EMOCI\u00d3N DO FINAL DO CAMI\u00d1O\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: f\u00edxate en final.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76925,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"FISTERRA, A EMOCI\u00d3N DO FINAL DO CAMI\u00d1O - Costa da Morte","description":"Descobre Fisterra a trav\u00e9s de \u201cFISTERRA, A EMOCI\u00d3N DO FINAL DO CAMI\u00d1O\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: f\u00edxate en final."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[127,1320],"class_list":["post-78773","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-fisterra-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78773","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78773"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78773\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79234,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78773\/revisions\/79234"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76925"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78773"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78773"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78773"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}