{"id":78772,"date":"2026-04-04T00:00:00","date_gmt":"2026-04-03T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78772"},"modified":"2026-02-27T10:05:37","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:37","slug":"pedra-do-brazal-natureza-en-equilibrio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/pedra-do-brazal-natureza-en-equilibrio","title":{"rendered":"PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO"},"content":{"rendered":"\n<p>A natureza foi moi bondadosa coa Costa da Morte, deix\u00e1ndonos senlleiros monumentos naturais labrados co cicel da auga e do vento ao longo de mill\u00f3ns de anos, non temos m\u00e1is que ver os conxuntos escult\u00f3ricos dos penedos de Pasarela e Traba ou do monte Pindo, e tam\u00e9n obras individuais como a da Pedra do Brazal.<\/p>\n\n\n\n<p>At\u00f3pase este singular penedo ao suroeste do monte Castelo de Logoso (402 m), cume que domina a paisaxe da contorna. Para chegar a el collemos a estrada que desde Anse\u00e1n (Os Buxantes, Dumbr\u00eda) leva ao lugar do Brazal, e desde aqu\u00ed, continuamos polo cami\u00f1o que conduce a este monumento natural. Tam\u00e9n se pode chegar desde o lugar do Logoso (Olveira, Dumbr\u00eda) ou tam\u00e9n desde o n\u00facleo de Hospital (Dumbr\u00eda).<\/p>\n\n\n\n<p>Esta colosal formaci\u00f3n gran\u00edtica est\u00e1 constitu\u00edda por un enorme penedo dunhas 150 tm, que descansa sobre outro de formas redondeadas, que fai de base, de a\u00ed que tam\u00e9n se denominase Pedra Cabalgada. Chama a atenci\u00f3n como a rocha superior \u00e9 capaz de manter o equilibrio sobre unha base de apoio de dimensi\u00f3ns tan reducidas (menos de un metro cadrado de superficie).<\/p>\n\n\n\n<p>Para explicar a orixe desta formaci\u00f3n temos que retrotraernos a m\u00e1is de 300 mill\u00f3ns de anos, momento no que se formar\u00edan estes granitos na profundidade da codia terrestre, e logo ir\u00edan ascendendo \u00e1 superficie e desprend\u00e9ndose de capas de materiais que se foron depositando enriba, ata quedar ao descuberto. A erosi\u00f3n da auga e do vento foi moldeando estas rochas ata deixar a escultura natural tal como a percibimos na actualidade. Na parte superior desta Pedra do Brazal hai varias p\u00edas, algunha delas acada unha profundidade de 50 cm e mant\u00e9n a retenci\u00f3n de auga case todo ao ano.  No penedo que fai de base tam\u00e9n se ve unha destas formaci\u00f3ns de gran tama\u00f1o, pero m\u00e1is evolucionada posto que disp\u00f3n dunha profunda canle de desaugadoiro.<\/p>\n\n\n\n<p>Modesto Garc\u00eda Quintas, estudoso do concello de Dumbr\u00eda, conta que esta Pedra Cabalgada, polos anos sesenta do pasado s\u00e9culo, correu o risco de desaparecer cando uns traballadores que estaban a realizar unhas obras cunha pa mec\u00e1nica nas proximidades, apostaron uns bocadillos e unhas bebidas a que a forza da m\u00e1quina era capaz de derrubar semellante penedo. Ou ben non intentaron levar a cabo tan desacertada aposta ou o peso da pedra resistiu a potencia da m\u00e1quina, pero por fortuna, o monumento natural segue en p\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p>Preto da pedra do Brazal sit\u00faase o castro do monte Castelo de Logoso, unha aut\u00e9ntica atalaia sobre esta parte do territorio do concello de Dumbr\u00eda, que permite gozar ao viaxeiro de fermosas vistas sobre a paisaxe de arredor. O recinto castrexo est\u00e1 defendido por tres murallas pola parte sur;  e pola norte, por unha muralla e un foxo. Conserva a lenda de que hai un caldeiro de ouro soterrado, moi com\u00fan neste tipo de  poboados da Idade de Ferro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mira de preto Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cPEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate en brazal.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76872,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"PEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO - Costa da Morte","description":"Mira de preto Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cPEDRA DO BRAZAL, NATUREZA EN EQUILIBRIO\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[126,1320],"class_list":["post-78772","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-dumbria-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78772","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78772"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78772\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79233,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78772\/revisions\/79233"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76872"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78772"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78772"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78772"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}