{"id":78771,"date":"2026-04-02T00:00:00","date_gmt":"2026-04-01T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78771"},"modified":"2026-02-27T10:05:37","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:37","slug":"coristanco-terra-da-pataca","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/coristanco-terra-da-pataca","title":{"rendered":"CORISTANCO, TERRA DA PATACA"},"content":{"rendered":"\n<p>Cando pronunciamos o nome de Coristanco, asociado a el de inmediato v\u00e9nnos \u00e1 memoria a verba \u201cpataca\u201d, ese tub\u00e9rculo comestible, que desde hai m\u00e1is de corenta anos tomou relevancia neste municipio polo seu cultivo, pero sobre todo pola festa gastron\u00f3mica que se celebra arredor del.<\/p>\n\n\n\n<p>O cultivo da pataca en Galicia comezou a estenderse a principios do s\u00e9culo XVIII, polas terras pobres da zona cant\u00e1brica, meseta de Lugo e monta\u00f1a de Pontevedra e Ourense, en terras de centeo ou ga\u00f1adas ao monte. Tardar\u00e1 tempo en ocupar vales cultivados a millo ou a trigo. Cando este tub\u00e9rculo se consolidou como un ingrediente indispensable na coci\u00f1a pasar\u00e1 a ocupar as mellores terras, como sucedeu no concello de Coristanco.<\/p>\n\n\n\n<p>Axi\u00f1a se descubriu que as agras deste municipio presentaban unhas excelentes condici\u00f3ns para o seu cultivo, que cada vez acadaba unha maior demanda en feiras e mercados da zona. Deste xeito, a pataca deixa de ser un produto s\u00f3 de consumo familiar e pasa a converterse nun recurso econ\u00f3mico para moitas das familias do concello. Para aumentar a produtividade e a calidade deste cultivo houbo antes que experimentar moitas variedades ata seleccionar as d\u00faas clases que mellor se adaptaron a estas terras: a aut\u00f3ctona \u201cfina\u201d e a americana \u201ckennebec\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A finais dos anos setenta do pasado s\u00e9culo crearase a Cooperativa da Pataca de Berganti\u00f1os (Copaber), coa intenci\u00f3n de agrupar aos produtores deste  produto de cara \u00e1 s\u00faa comercializaci\u00f3n. Esta entidade e a corporaci\u00f3n municipal coristanquesa daquel momento ser\u00e1n as impulsoras da primeira edici\u00f3n da Festa da Pataca no ano 1981, unha das primeiras celebraci\u00f3ns gastron\u00f3micas de Galicia, que co paso do tempo se converter\u00eda no principal s\u00edmbolo de identidade deste concello berganti\u00f1\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha festa que se celebra a terceira fin de semana de setembro, despois da recolleita deste froito e que foi evolucionando co decorrer do tempo, pero mantendo a esencia coa que naceu, baseada sobre todo na exaltaci\u00f3n da pataca e das actividades agr\u00edcolas e tradici\u00f3ns relacionadas co seu cultivo.<\/p>\n\n\n\n<p>O domingo sempre foi o d\u00eda principal de celebraci\u00f3n desta popular festa. Pola ma\u00f1\u00e1, concentraci\u00f3n de tractores engalanados con figuras elaboradas con patacas e posterior desfile polas r\u00faas ata a praza onde se conmemora o evento; a continuaci\u00f3n lectura do preg\u00f3n e entrega de premios;  e despois,  degustaci\u00f3n de pratos nos que a pataca \u00e9 o ingrediente esencial. A tarde oc\u00fapase con xogos infant\u00eds, concursos como o baile da pataca, a apa\u00f1a da pataca, o trueiro da pataca ou a tira da corda, e remata a xornada con alg\u00fan espect\u00e1culo de entretemento ou actuaci\u00f3n musical.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos \u00faltimos anos ampli\u00e1ronse os d\u00edas de celebraci\u00f3n, comezando as actividades o s\u00e1bado, e incluso, o venres. D\u00edas nos que se organizan charlas informativas sobre este cultivo e actividades culturais, l\u00fadicas e musicais. No ano 2022 d\u00e9ronse dous acontecementos importantes de cara ao fortalecemento desta celebraci\u00f3n: a declaraci\u00f3n de interese tur\u00edstico desta festa e a inauguraci\u00f3n do Museo da Pataca.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entende Coristanco a trav\u00e9s de \u201cCORISTANCO, TERRA DA PATACA\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en coristanco.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76811,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CORISTANCO, TERRA DA PATACA - Costa da Morte","description":"Entende Coristanco a trav\u00e9s de \u201cCORISTANCO, TERRA DA PATACA\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en coris"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1349,1320],"class_list":["post-78771","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-coristanco","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78771","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78771"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78771\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79232,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78771\/revisions\/79232"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76811"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78771"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78771"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78771"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}