{"id":78770,"date":"2026-03-31T00:00:00","date_gmt":"2026-03-30T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78770"},"modified":"2026-03-31T21:46:47","modified_gmt":"2026-03-31T19:46:47","slug":"cee-a-primeira-vila-industrial-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/cee-a-primeira-vila-industrial-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"CEE,  A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila ceense, situada na cabeceira da r\u00eda de Corcubi\u00f3n, ten unha longa historia que comeza no s\u00e9culo XII, cando o arcebispo Diego Xelm\u00edrez lle concede ao arcediago de Trast\u00e1mara a administraci\u00f3n dun se\u00f1or\u00edo no que se inclu\u00eda a parroquia de Santa Mar\u00eda da Xunqueira. Logo converteuse na cabeza dunha pequena xurisdici\u00f3n baixo a autoridade do citado arcediago, independente da de Corcubi\u00f3n. Cara a mediados do s\u00e9culo XVIII chegaron a este porto os fomentadores catal\u00e1ns e cambiaron o sistema de pesca, o que provocou un conflito cos colectivos de mareantes locais. No seguinte s\u00e9culo os ceenses sufriron os ataques das tropas francesas de abril de 1809, que asolaron a localidade e destru\u00edron a <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/santuario-da-nosa-senora-da-xunqueira-cee\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Santuario da Nosa Se\u00f1ora da Xunqueira \u2013 Cee\">igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda da Xunqueira<\/a>.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Pero se nos primeiros anos da s\u00faa historia, Cee, como o resto das vilas costeiras da Costa da Morte, tivo como actividade econ\u00f3mica primordial a pesca e o comercio mar\u00edtimo, a instalaci\u00f3n da f\u00e1brica de Carburos de Brens a comezos do s\u00e9culo XX e a <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/factoria-baleeira-de-canelinas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Factor\u00eda baleeira de Caneli\u00f1as\">factor\u00eda baleeira de Caneli\u00f1as<\/a><\/strong>, fundada en 1924, converteron a esta vila na primeira localidade industrial deste territorio occidental de Galicia. A primeira delas aproveitaba a enerx\u00eda el\u00e9ctrica procedente da central hidroel\u00e9ctrica do \u00c9zaro e chegou a dar traballo a uns 200 operarios.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade, Cee converteuse no centro econ\u00f3mico e de servizos m\u00e1is importante da zona sur da Costa da Morte, sobre todo a partir da instalaci\u00f3n do Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira.<\/p>\n\n\n\n<p>O visitante ou o peregrino, xa que por esta localidade cruza o cami\u00f1o xacobeo de Santiago a Fisterra, ten varios motivos para facer unha parada en Cee, pois conserva un interesante patrimonio hist\u00f3rico, arquitect\u00f3nico e cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>A ruta urbana pola vila poder\u00eda comezar na<strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/santuario-da-nosa-senora-da-xunqueira-cee\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Santuario da Nosa Se\u00f1ora da Xunqueira \u2013 Cee\"> igrexa de Santa Mar\u00eda da Xunqueira<\/a><\/strong>, unha construci\u00f3n de orixe g\u00f3tica, reformada en anos posteriores. Do medievo conserva a s\u00faa \u00e1bsida. O resto do templo corresponde \u00e1s obras realizadas entre o s\u00e9culo XVII e comezos do XX. No seu interior acolle a imaxe da Virxe da Xunqueira, denominada as\u00ed porque a lenda conta que apareceu na ribeira, no medio duns xuncos.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi preto da igrexa at\u00f3pase a praza da Constituci\u00f3n. \u00c1 s\u00faa entrada sit\u00faase o interesante <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/museo-fernando-blanco-escola-das-nenas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Museo Fernando Blanco.\nEscola das nenas\">museo da Fundaci\u00f3n Fernando Blanco<\/a><\/strong>. No seu interior acolle unha ampla representaci\u00f3n do instrumental cient\u00edfico e material did\u00e1ctico co que foi dotado o centro educativo creado por ese benfeitor e os fondos pict\u00f3ricos da Fundaci\u00f3n. Nesta mesma praza tam\u00e9n hai interesantes casas constru\u00eddas pola burgues\u00eda local.<\/p>\n\n\n\n<p>A continuaci\u00f3n conv\u00e9n introducirse nas r\u00faas do centro hist\u00f3rico e ver a praza da fonte Pen\u00edn, na que se atopa o <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/pazo-de-coton-en-cee\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Pazo de Cot\u00f3n en Cee\">pazo do Cot\u00f3n<\/a><\/strong>, unha casa fidalga do s\u00e9culo XVIII, na que se aprecia o estilo barroco no escudo, na porta ou nas balaustradas.<\/p>\n\n\n\n<p>Digno de visitar tam\u00e9n \u00e9 o <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/instituto-fernando-blanco-de-lema-en-cee\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Instituto Fernando Blanco de Lema en Cee\">edificio da Fundaci\u00f3n Fernando Blanco<\/a>, situado na parte alta, constru\u00eddo cos recursos econ\u00f3micos doados por este fil\u00e1ntropo, que fixo fortuna en Cuba. Tam\u00e9n \u00e9 interesante <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/xardin-botanico-do-instituto-fernando-blanco-de-lema\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Xard\u00edn Bot\u00e1nico do Instituto Fernando Blanco de Lema\">o xard\u00edn que o rodea<\/a> pola variedade de plantas que acolle.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro importante fillo ilustre desta vila foi o arquitecto e escultor Domingo Antonio de Andrade (1639-1712), un dos principais artistas do barroco galego. Mestre de obras da catedral de Santiago e autor da torre do Reloxo dese mesmo templo. Traballou tam\u00e9n na catedral de Lugo e no convento de San Domingos de Bonaval.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00e9ixate levar por Cee a trav\u00e9s de \u201cCEE,  A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate en costa.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":77993,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE - Costa da Morte","description":"D\u00e9ixate levar por Cee a trav\u00e9s de \u201cCEE, A PRIMEIRA VILA INDUSTRIAL DA COSTA DA MORTE\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pist"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[118,1320],"class_list":["post-78770","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-cee-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78770","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78770"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78770\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80396,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78770\/revisions\/80396"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/77993"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78770"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78770"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78770"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}