{"id":78768,"date":"2026-03-28T00:00:00","date_gmt":"2026-03-27T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78768"},"modified":"2026-03-30T09:43:58","modified_gmt":"2026-03-30T07:43:58","slug":"derrubando-muros-con-pintura-proxecto-para-curar-feridas-urbanisticas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/derrubando-muros-con-pintura-proxecto-para-curar-feridas-urbanisticas","title":{"rendered":"DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBAN\u00cdSTICAS"},"content":{"rendered":"\n<p>A vila de Carballo formouse na banda dereita do Anll\u00f3ns na primeira metade do s\u00e9culo XVIII tralo redescubrimento das augas termais. Na outra beira do r\u00edo, situ\u00e1base a antiga parroquia de San Xo\u00e1n de Carballo, de orixe medieval. Polos anos vinte do pasado s\u00e9culo esta localidade estaba considerada como un n\u00facleo moderno e ben trazado, pero o crecemento an\u00e1rquico na d\u00e9cada dos setenta, ademais de destru\u00edr os edificios m\u00e1is singulares, provocou que a vila carballesa fose considerada como un exemplo de fe\u00edsmo. A aprobaci\u00f3n do plan urban\u00edstico reconduciu esta an\u00f3mala situaci\u00f3n, pero o estereotipo negativo anterior a\u00ednda permanece na memoria dos carballeses e visitantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Coa intenci\u00f3n de proxectar unha nova imaxe da capital berganti\u00f1\u00e1 e converter Carballo nun museo ao aire libre con propostas art\u00edsticas de vangarda que sorprendan \u00e1 cidadan\u00eda, e ao mesmo tempo, crear un recurso tur\u00edstico, o concello carball\u00e9s iniciou no ano 2013 o proxecto denominado <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/derrubandomurosconpinturacarballo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Derrubando muros con Pintura. Carballo\">Derrubando Muros con Pintura<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>O primeiro muro \u201cderrubado\u201d foi o dunha antiga casa situada \u00e1 entrada da r\u00faa do Sol, na que as artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi, coordinadoras do proxecto,  plasmaron o mural \u201cO Carballo\u201d, unha exaltaci\u00f3n da vexetaci\u00f3n e da \u00e1rbore que d\u00e1 nome \u00e1 vila. O proxecto ampliarase ao ano seguinte con obras de artistas locais e consolidarase a partir do 2015 coa posta en marcha do Festival Internacional de Arte P\u00fablico de Carballo, co\u00f1ecido como Rexenera Fest, co obxectivo de reunir durante unha semana, na primavera de cada ano, a grandes creadores  galegos, estatais e internacionais de arte urbana ou street art.<\/p>\n\n\n\n<p>Durante a celebraci\u00f3n do evento os artistas convidados pintan de forma simult\u00e1nea en diferentes r\u00faas da vila e a veci\u00f1anza ten a ocasi\u00f3n de observar o proceso de desenvolvemento de cada obra. Por Carballo pasaron creadores de gran prestixio, como o portugu\u00e9s Bodalo II, o italiano Pixel Pancho, o valenciano Dulk, o almeriense afincado en Galicia N\u00f6mada, a polaca Natalia Rak, a arxentina Milu Correch, a soriana Marta Lape\u00f1a, o zaragozano Isaac Mahou, o d\u00fao valenciano PichiAvo, a lituana Marija Tiurina, o catal\u00e1n Van V\u00fau, a vasca Udatxa ou os galegos Mou, Yoseba MP e Lidia Cao.<\/p>\n\n\n\n<p>Neses mesmos d\u00edas progr\u00e1manse outras actividades nas que os propios artistas te\u00f1en a oportunidade de comunicar a s\u00faa traxectoria creadora ou o proxecto que est\u00e1n a levar a cabo nesas xornadas. A m\u00fasica tam\u00e9n est\u00e1 presente, e como remate deste acontecemento art\u00edstico, real\u00edzase un roteiro guiado no que se visitan obras da presente edici\u00f3n e anteriores.<\/p>\n\n\n\n<p>Son xa m\u00e1is de cen murais os que se expo\u00f1en neste museo ao aire libre de Carballo. O proxecto de arte urbana carball\u00e9s xa adquiriu un reco\u00f1ecemento mundial ao entrar a formar parte do grupo das 270 cidades de todo o planeta que apostaron por desenvolver iniciativas art\u00edsticas deste tipo. Na p\u00e1xina web derrubandomuros.gal, hai unha completa informaci\u00f3n sobre este innovador proxecto art\u00edstico e unha proposta de rutas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Explora Carballo a trav\u00e9s de \u201cDERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBAN\u00cdSTICAS\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: f\u00edxate en curar.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76799,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"DERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBAN\u00cdSTICAS - Costa da Morte","description":"Explora Carballo a trav\u00e9s de \u201cDERRUBANDO MUROS CON PINTURA, PROXECTO PARA CURAR FERIDAS URBAN\u00cdSTICAS\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[113,1320],"class_list":["post-78768","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-carballo-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78768"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78768\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80331,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78768\/revisions\/80331"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76799"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}