{"id":78767,"date":"2026-03-26T00:00:00","date_gmt":"2026-03-25T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78767"},"modified":"2026-03-26T20:48:33","modified_gmt":"2026-03-26T19:48:33","slug":"faro-vilan-o-ciclope-que-lostrega-cada-noite","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/faro-vilan-o-ciclope-que-lostrega-cada-noite","title":{"rendered":"FARO  VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE"},"content":{"rendered":"\n<p>Nun tempo no que ning\u00fan n\u00facleo costeiro da contorna dispo\u00f1\u00eda de luz el\u00e9ctrica, o resplandor da luz do <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/faro-vilan-y-museo-del-faro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Faro Vil\u00e1n e Museo do Faro\">faro Vil\u00e1n<\/a> produc\u00eda na xente da zona un impacto extraordinario. O potente lampo que emit\u00eda ata lle chamou a atenci\u00f3n ao escritor bai\u00e9s <a href=\"https:\/\/enriquelabartapose.concellodezas.gal\/item\/faro-de-cabo-vilan\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"\">Enrique Labarta Pose<\/a>, que o recolleu nun dos seus contos, a comezos do s\u00e9culo XX.<\/p>\n\n\n\n<p>Debido ao perigo deste tramo de costa no que abundan os baixos e pronunciados cant\u00eds, onde se produciron numerosos naufraxios, o cabo Vil\u00e1n foi un dos lugares nos que se instalou un dos tres primeiros faros constru\u00eddos na Costa da Morte, xunto cos das illas <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/islas-sisargas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Illas Sisargas\">Sisargas<\/a> e <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/faro-de-fisterra\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Faro de Fisterra\">Fisterra<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>No ano 1854 constru\u00eduse o faro antigo, obra mal proxectada tanto pola s\u00faa inadecuada situaci\u00f3n como pola escasa potencia de luz. Por iso, poucos anos despois, houbo que constru\u00edr un novo faro nunha elevaci\u00f3n m\u00e1is ao norte e de maior altura, con m\u00e1is potencia luminosa, como foi o novo Vil\u00e1n. Un proxecto dos enxe\u00f1eiros Francisco Liz\u00e1rraga e Adolfo Peque\u00f1o, que entrou en funcionamento en 1896.<\/p>\n\n\n\n<p>A torre, de secci\u00f3n octogonal, cho\u00edda con pezas de granito rosa procedentes da canteira de Pena Maior, xunto coa lanterna, acada unha altura do chan de 24 m e 104 con respecto ao mar. Por falta de superficie arredor da torre, houbo que constru\u00edr o edificio de vivendas para os torreiros e a sala de m\u00e1quinas nunha explanada inferior.<\/p>\n\n\n\n<p>Foi, este novo Vil\u00e1n,  o primeiro faro de Espa\u00f1a en utilizar a enerx\u00eda el\u00e9ctrica que produc\u00edan d\u00faas m\u00e1quinas de vapor. Trala chegada de corrente por cable en 1924, derrubouse a nave de m\u00e1quinas e no seu lugar quedou a explanada que actualmente hai diante do edificio de vivendas.<\/p>\n\n\n\n<p>Co paso do tempo f\u00f3ronselle incorporando ao faro novos servizos, como o radiofaro (1922) que transmit\u00eda un sinal en c\u00f3digo morse igual que a luminosa ou a instalaci\u00f3n da sirena e unha nova \u00f3ptica e lanterna (1962). Con algunhas das m\u00e1quinas ou mecanismos que se retiraron en varias reformas, creouse no baixo do edificio un pequeno <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/faro-vilan-y-museo-del-faro\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Faro Vil\u00e1n e Museo do Faro\">museo aberto ao p\u00fablico<\/a>. Nun outeiro que hai ao sur da explanada a\u00ednda se conserva parte da torre do primitivo faro Vil\u00e1n. Desde este lugar temos unha magn\u00edfica panor\u00e1mica do novo faro e de toda esta zona costeira.<\/p>\n\n\n\n<p>\u00c1 volta de cabo Vil\u00e1n \u00e9 moi recomendable tomar a pista de terra que leva ao <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/cemiterio-dos-ingleses\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Cemiterio dos Ingleses\">Cemiterio dos Ingleses<\/a>, que nos ofrece inmellorables vistas sobre o cabo e o faro, nun dos tramos costeiros m\u00e1is fermosos do litoral galego. O camposanto constru\u00eduse para darlle sepultura aos corpos que o mar arrastrou \u00e1 costa, do naufraxio do buque ingl\u00e9s The Serpent, que bateu contra os cant\u00eds da punta do Boi o 10 de novembro de 1890 e no que perderon a vida 173 tripulantes dos 176 que levaba a bordo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co\u00f1ece Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cFARO  VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: f\u00edxate en vilan.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76901,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"FARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE - Costa da Morte","description":"Co\u00f1ece Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cFARO VILAN, O CICLOPE QUE LOSTREGA CADA NOITE\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: f\u00edxate en"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[112,1320],"class_list":["post-78767","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-camarinas-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78767","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78767"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78767\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":80252,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78767\/revisions\/80252"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76901"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78767"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78767"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78767"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}