{"id":78762,"date":"2026-03-17T00:00:00","date_gmt":"2026-03-16T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78762"},"modified":"2026-03-17T17:55:26","modified_gmt":"2026-03-17T16:55:26","slug":"corme-vila-na-que-o-percebe-viste-de-festa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/corme-vila-na-que-o-percebe-viste-de-festa","title":{"rendered":"CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA"},"content":{"rendered":"\n<p>O n\u00facleo de Corme Porto debe a s\u00faa orixe \u00e1s boas condici\u00f3ns da enseada na que se sit\u00faa o seu porto que permit\u00eda o aproveitamento dos recursos mar\u00edtimos dos que viv\u00eda a s\u00faa poboaci\u00f3n. Anterior a este n\u00facleo costeiro foi a parroquia de Santo Hadri\u00e1n situada m\u00e1is ao interior, en <strong>Corme Aldea<\/strong>, \u00e1 que pertenceu esa vila costeira.<\/p>\n\n\n\n<p>No mapa do portugu\u00e9s Pedro Teixeira (1634) aparecen debuxados os dous n\u00facleos. Corme Porto vese ao p\u00e9 dunha extensa praia con varias embarcaci\u00f3ns debuxadas, o que indica a importancia que ti\u00f1a naquela \u00e9poca, e en Corme Aldea repres\u00e9ntase a igrexa parroquial de Santo Hadri\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>O ilustrado Jos\u00e9 Cornide, cando se refire a este porto, ademais de destacar as excelentes condici\u00f3ns que presentaba para o atraque de embarcaci\u00f3ns, tam\u00e9n nos transmite a noticia da presenza dos catal\u00e1ns na localidade, dedicados \u00e1 pesca e salgadura de sardi\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Polos anos vinte do s\u00e9culo pasado, Corme ocupaba un lugar destacado entre os portos galegos pola s\u00faa frota dedicada ao transporte mar\u00edtimo de cabotaxe, formada por m\u00e1is de corenta barcos que frecuentaban os portos peninsulares, moitos deles cargados de madeira procedente dos pi\u00f1eirais berganti\u00f1\u00e1ns.<\/p>\n\n\n\n<p>O Corme desta \u00e9poca era unha vila din\u00e1mica no econ\u00f3mico e social. Dispo\u00f1\u00eda de varias factor\u00edas de salgadura, tarrafas de vapor para a pesca e tres secadoiros de congro. O seu casar\u00edo ti\u00f1a o t\u00edpico aspecto dunha vila mari\u00f1eira. Esta paisaxe urbana tradicional mudou por completo a partir dos anos setenta, cando se impuxeron as novas construci\u00f3ns. Na actualidade a vila segue a vivir dos recursos do mar como a pesca ou o marisqueo e do turismo, a\u00ednda que a s\u00faa frota pesqueira cada vez vese m\u00e1is reducida.<\/p>\n\n\n\n<p>Tanto a vila cormel\u00e1 como a <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/cabo-roncudo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Cabo Roncudo\">punta do Roncudo<\/a>, son co\u00f1ecidas pola sona que lle deu o percebe, marisco moi valorado, que medra en abundancia nas rochas dese sa\u00ednte costeiro batidas por un mar axitado.<\/p>\n\n\n\n<p>A fama dos percebes do Roncudo xa v\u00e9n de antigo. O escritor Carr\u00e9 Aldao destacaba xa a calidade destes crust\u00e1ceos mari\u00f1os nesta zona costeira: \u201cPunta del Roncudo, en la que se cr\u00edan excelentes y grandes percebes, de los m\u00e1s sabrosos de todo el litoral\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Na primeira quincena de xullo desde o ano 1992 cel\u00e9brase a <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/fiesta-del-percebe-de-corme\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Fiesta del Percebe de Corme\">Festa do Percebe<\/a><\/strong>, un evento moi concorrido, no que, ademais da degustaci\u00f3n dese marisco, hai atracci\u00f3ns musicais e l\u00fadicas ao longo do d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>A <strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/cabo-roncudo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Cabo Roncudo\">punta do Roncudo<\/a><\/strong> sit\u00faase a uns tres quil\u00f3metros do porto cormel\u00e1n, un lugar de recomendable visita para calquera viaxeiro que se achegue a Corme. A ruta ofrece espectaculares vistas sobre a outra banda da r\u00eda: vila de Laxe, praia e penedos de Traba, costa de Camelle e Arou e cabo Tosto. Unha vez chegado ao final da estrada, espertar\u00e1n o interese do viaxeiro, o mar que bate con forza contra os cant\u00eds, o faro e as cruces pintadas de branco que vemos enriba dalg\u00fans penedos, lembranza de percebeiros que foron arrastrados polo mar mentres extra\u00edan ese prezado marisco.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mira de preto Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cCORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: f\u00edxate en villa.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76833,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA - Costa da Morte","description":"Mira de preto Ponteceso a trav\u00e9s de \u201cCORME, VILA NA QUE O PERCEBE VISTE DE FESTA\u201d. Para ler con calma: axudarache a mirar o lugar con outros ollos. Pista: f\u00edxat"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1320,135],"class_list":["post-78762","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-naturalmente-unica","tag-ponteceso-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78762","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78762"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78762\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79976,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78762\/revisions\/79976"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76833"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78762"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78762"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78762"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}