{"id":78761,"date":"2026-03-15T00:00:00","date_gmt":"2026-03-14T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78761"},"modified":"2026-03-16T08:03:46","modified_gmt":"2026-03-16T07:03:46","slug":"muxia-a-barca-que-navega-rumbo-norte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/muxia-a-barca-que-navega-rumbo-norte","title":{"rendered":"MUX\u00cdA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE"},"content":{"rendered":"\n<p>O poeta <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/axenda\/presentacion-do-libro-buserana-de-gonzalo-lopez-abente-en-muxia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Presentaci\u00f3n do libro \u201cBuserana\u201d de Gonzalo L\u00f3pez Abente en Mux\u00eda\">Gonzalo L\u00f3pez Abente<\/a> (1878-1963) consideraba a s\u00faa <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/concellos\/muxia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Concello de Mux\u00eda\">Mux\u00eda<\/a> natal como est\u00e1tica, \u201cdeitada\u201d na ribeira, silenciosa e melanc\u00f3lica, ollando cara ao ceo. Mais tam\u00e9n se poder\u00eda imaxinar en movemento, navegando nunha grandiosa embarcaci\u00f3n coa proa na punta da Barca, a popa no monte do Enfesto e o monte Corpi\u00f1o como posto de mando.<\/p>\n\n\n\n<p>Na realidade, <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/concellos\/muxia\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"\">Mux\u00eda<\/a> \u00e9 unha vila cunha longa historia vinculada ao mosteiro de San Xuli\u00e1n de Moraime, que era quen manti\u00f1a o dominio sobre a pen\u00ednsula na que se asenta esta localidade. O propio nome da vila deriva desta comunidade relixiosa constitu\u00edda na Idade Media.<\/p>\n\n\n\n<p>O rei Alfonso XI, concederalle ao porto muxi\u00e1n o foro da Coru\u00f1a, que lle permitir\u00e1 aos seus veci\u00f1os gozar de certos dereitos coa condici\u00f3n de respectar os privilexios que os monxes de Moraime ti\u00f1an sobre esta vila. Hai que ter en conta que o espazo territorial dos muxi\u00e1ns era moi reducido, sen posibilidades para a agricultura nin para abastecerse de auga ou le\u00f1a, polo que depend\u00edan de Moraime para obter elementos tan b\u00e1sicos coma estes. A pesca era o \u00fanico recurso daqueles primeiros poboadores que se atreveron a edificar as primeiras casas ao p\u00e9 do monte Corpi\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>En s\u00e9culos posteriores a vida dos muxi\u00e1ns continuou vinculada ao mar, sobre todo \u00e1 pesca da sardi\u00f1a e do congro. A partir do  s\u00e9culo XVIII a artesan\u00eda do encaixe tivo certa importancia polo n\u00famero de mulleres que a practicaban e polas familias que se dedicaban \u00e1 s\u00faa venda.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas primeiras d\u00e9cadas do s\u00e9culo XX Mux\u00eda era unha pequena vila duns mil habitantes cun n\u00facleo urbano que se estend\u00eda desde a igrexa parroquial, cara ao sur, ata a praza do Cabo da Vila. O mar segu\u00eda a ser o seu medio de vida, que se complementaba coa exportaci\u00f3n de encaixe aos pa\u00edses latinoamericanos. O descubrimento do caladoiro do Canto a finais dos anos sesenta supo\u00f1er\u00e1 unha mellora econ\u00f3mica moi notable para as familias mari\u00f1eiras e permitir\u00e1 unha renovaci\u00f3n da frota pesqueira e unha transformaci\u00f3n urban\u00edstica do n\u00facleo. Tam\u00e9n mudou a fachada mar\u00edtima coa construci\u00f3n do dique de abrigo, do paseo mar\u00edtimo e do porto deportivo. Todos estes cambios configuraron a Mux\u00eda actual, na que o sector pesqueiro perdeu peso e o turismo estase a converter na actividade econ\u00f3mica principal, atra\u00eddo polo cami\u00f1o xacobeo e os recursos paisax\u00edsticos e hist\u00f3ricos que ofrece esta vila mari\u00f1eira.<\/p>\n\n\n\n<p>A punta da Barca constit\u00fae o maior atractivo para o visitante. Al\u00ed conc\u00e9ntranse os bens patrimoniais de maior interese como o <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/virxe-da-barca\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Virxe da Barca\">santuario da Virxe da Barca<\/a>, unha obra barroca de comezos do s\u00e9culo XVIII ou as <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/penas-abaladoiras-en-muxia-santuario-virxe-da-barca\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Penas \u201cAbaladoiras\u201d en Mux\u00eda (Santuario da Virxe da Barca, Mux\u00eda)\">pedras de Abalar e dos Cadr\u00eds<\/a>, relacionadas coa lenda da chegada da Virxe, que lle apareceu ao ap\u00f3stolo Santiago neste lugar, por iso Mux\u00eda representa, xunto con Fisterra, o final do cami\u00f1o xacobeo que desde Santiago de Compostela chega a estas terras m\u00e1is occidentais de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A vila muxi\u00e1 ofrece tam\u00e9n outros lugares de interese para o visitante como a igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda, un magn\u00edfico templo g\u00f3tico con interesantes retablos; o monte Corpi\u00f1o, a mellor atalaia para contemplar a localidade e a s\u00faa contorna ou o propio n\u00facleo urbano que conserva algunhas r\u00faas e prazas con casas da Mux\u00eda hist\u00f3rica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Entende Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cMUX\u00cdA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate en mux\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":77940,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"MUX\u00cdA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE - Costa da Morte","description":"Entende Mux\u00eda a trav\u00e9s de \u201cMUX\u00cdA, A BARCA QUE NAVEGA RUMBO NORTE\u201d. Lectura curta de entrada, pero con miga: sit\u00faate no mapa e no tempo. Pista: f\u00edxate en mux\u00eda."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[143,1320],"class_list":["post-78761","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-muxia-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78761","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78761"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78761\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79851,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78761\/revisions\/79851"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/77940"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78761"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78761"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78761"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}