{"id":78760,"date":"2026-03-14T00:00:00","date_gmt":"2026-03-13T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78760"},"modified":"2026-03-14T12:38:39","modified_gmt":"2026-03-14T11:38:39","slug":"malpica-dos-meus-amores","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/malpica-dos-meus-amores","title":{"rendered":"MALPICA DOS MEUS AMORES&#8230;"},"content":{"rendered":"\n<p>O mar imprime car\u00e1cter, pero se ese mar \u00e9 impetuoso como o da <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Costa da Morte\">Costa da Morte<\/a> e o espazo de terra no que se vive est\u00e1 todo el impregnado de salitre, o sentimento de arraigamento ao territorio a\u00ednda se fai m\u00e1is intenso. Un exemplo da paix\u00f3n pola patria nativa expr\u00e9sao esta cantiga popular malpic\u00e1:<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/concellos\/malpica\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Concello de Malpica\">Malpica<\/a> \u00e9 desas vilas nas que o mar foi a raz\u00f3n de ser da s\u00faa existencia, os seus primeiros poboadores non dispo\u00f1\u00edan doutro recurso para subsistir que non fose o medio mari\u00f1o, pero ademais ti\u00f1an que soportar as adversidades dun espazo desprotexido no que mar e vento poucas veces est\u00e1n en calma. Para resistir esta crueza do entorno os malpic\u00e1ns constru\u00edron as s\u00faas vivendas acaroadas entre si, baixo a protecci\u00f3n do monte da Atalaia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><em>Malpica dos meus amores,<br>o rei te quixo vender,<br>para mercar a Malpica,<br>moito di\u00f1eiro hai que ter.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>O n\u00facleo malpic\u00e1n tivo a s\u00faa orixe na instalaci\u00f3n dunha base para a <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/avistamentos-de-baleas-na-costa-da-morte-experiencia-unica-desde-fisterra\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Avistamentos de baleas na Costa da Morte: unha experiencia \u00fanica desde Fisterra\">caza da balea<\/a>, actividade practicada desde a Idade Media por pescadores asturianos e vascos, que se achegaban a esta costa nos meses de inverno. O Licenciado Molina documenta esta pesca a mediados do s\u00e9culo XVI e fala dos seus beneficios: \u201c\u00c9 pesca de gran proveito porque dun baleato, a\u00ednda que sexa pequeno, s\u00e1canse d\u00faas arrobas ou c\u00e1ntaras de aceite, que serve para todo o que se aproveita o de oliveira, ag\u00e1s para comer\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>No s\u00e9culo XVIII a caza da balea decae e ser\u00e1 substitu\u00edda pola da sardi\u00f1a e do congro. Nesta localidade instalaranse varias factor\u00edas de salgadura de sardi\u00f1a, e o congro, despois de curado polo vento do nord\u00e9s, export\u00e1base para terras do interior peninsular.<\/p>\n\n\n\n<p>Os pescadores malpic\u00e1ns tiveron que loitar sempre contra os golpes de mar, que de xeito implacable, bat\u00edan contra as embarcaci\u00f3ns, de a\u00ed que a s\u00faa maior preocupaci\u00f3n fose procurar protecci\u00f3n para a s\u00faa frota. Antes de dispo\u00f1er dela, en tempo de inverno, v\u00edanse na obriga de subir lanchas e botes para as r\u00faas da vila. Co paso do tempo chegar\u00e1n os primeiros diques de abrigo e a d\u00e1rsena, instalaci\u00f3ns portuarias que mellorar\u00e1n posteriormente.<\/p>\n\n\n\n<p>O n\u00facleo hist\u00f3rico de Malpica vertebr\u00e1base arredor da r\u00faa Eduardo Vila Fano. Desta arteria central part\u00edan as calellas que formaban o tramado urbano antigo, con casas dunha soa planta ou de dous andares, paredes de granito e cubertas con tella do pa\u00eds. Algunhas con balc\u00f3n ou galer\u00eda. Unha Malpica que se conservou con poucos cambios ata os anos sesenta do pasado s\u00e9culo. Era a Malpica que tan ben describiu o escritor andaluz <a href=\"https:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Jos%C3%A9_M%C3%A1s\" title=\"\">Jos\u00e9 Mas<\/a> na s\u00faa novela La Costa de la Muerte (1928).<\/p>\n\n\n\n<p>A partir deses anos aquela fisionom\u00eda urbana tradicional cambiou e o n\u00facleo de Malpica transformouse substancialmente e medrou de maneira desordenada. A pesar disto, o enclave espectacular desta localidade e do seu porto engalanado polo colorido das embarcaci\u00f3ns, xunto coa actividade portuaria, danlle un gran atractivo a esta singular vila mari\u00f1eira da Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>O viaxeiro que se achegue a Malpica, ademais de visitar as s\u00faas r\u00faas e o seu porto, non debe perder a oportunidade de ver a obra que o pintor Urbano Lugr\u00eds (1908-1973) deixou na localidade, depositada na Casa do Pescador, e realizar a ruta a p\u00e9 desde o n\u00facleo malpic\u00e1n ata a capela de Santo Hadri\u00e1n, para gozar das magn\u00edficas vistas sobre este excepcional tramo costeiro e as <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/islas-sisargas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Illas Sisargas\">illas Sisargas<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>D\u00e9ixate levar por Malpica De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cMALPICA DOS MEUS AMORES&#8230;\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: f\u00edxate en malpica.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76819,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"MALPICA DOS MEUS AMORES... - Costa da Morte","description":"D\u00e9ixate levar por Malpica De Berganti\u00f1os a trav\u00e9s de \u201cMALPICA DOS MEUS AMORES...\u201d. Se che interesa a identidade local, este texto vaite enganchar. Pista: f\u00edxate"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1355,1320],"class_list":["post-78760","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-malpica-de-bergantinos","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78760","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78760"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78760\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79842,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78760\/revisions\/79842"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76819"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78760"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78760"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78760"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}