{"id":78759,"date":"2026-03-12T00:00:00","date_gmt":"2026-03-11T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78759"},"modified":"2026-02-27T10:05:31","modified_gmt":"2026-02-27T09:05:31","slug":"o-vakner-enigmatica-besta-do-camino-a-fisterra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/o-vakner-enigmatica-besta-do-camino-a-fisterra","title":{"rendered":"O V\u00c1KNER, ENIGM\u00c1TICA BESTA DO CAMI\u00d1O A FISTERRA"},"content":{"rendered":"\n<p>Moitos dos peregrinos ou viaxeiros que se achegaron a Galicia ao longo da historia deix\u00e1ronos informaci\u00f3n da s\u00faa viaxe, que nos permite co\u00f1ecer as s\u00faas impresi\u00f3ns  sobre a paisaxe, a xente ou feitos que lle sucederon no cami\u00f1o. Aymeric Picaud, a quen se lle atrib\u00fae a autor\u00eda do libro Liber Peregrinationis (1143), un dos que compo\u00f1en o C\u00f3dice Calixtino, refer\u00edndose aos galegos di: \u201cson un pobo que, entre os demais pobos incultos de Espa\u00f1a, m\u00e1is se semella \u00e1 nosa xente gala, a\u00ednda que son col\u00e9ricos e preiteantes\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Outros viaxeiros foron sorprendidos durante o cami\u00f1o por acontecementos que puxeron en perigo a s\u00faa vida como lle sucedeu ao brit\u00e1nico e vendedor de biblias George Borrow, que cando chegou a Fisterra foi detido e case o fusilan por confundilo con Carlos de Borb\u00f3n, o irm\u00e1n do rei Fernando VII. Foi liberado grazas \u00e1 intervenci\u00f3n do fisterr\u00e1n Antonio de Traba, alcumado O Valente de Fisterra, que testificou que o forasteiro era un verdadeiro ingl\u00e9s; ou como lle ocorreu ao peregrino armenio M\u00e1rtir, bispo de Adzenj\u00e1n,  que se atopou co v\u00e1kner, un estra\u00f1o animal salvaxe ao cruzar unha zona montes\u00eda, preto do Marco do Couto (Os Buxantes, Dumbr\u00eda), no cami\u00f1o a Fisterra no ano 1492. A escasa descrici\u00f3n que o peregrino fai desta fera fixo que resultase dif\u00edcil identificala. \u201cPadec\u00edn moitos traballos e fatigas nesa viaxe, na que me atopei con gran cantidade de bestas bravas e moi perigosas. E encontreime co v\u00e1kner, animal salvaxe, grande e moi danoso\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>O texto que deixou foi traducido primeiro ao franc\u00e9s por Antoine Jean Saint Martin e logo ao castel\u00e1n por Emilia Gayangos. Para o tradutor franc\u00e9s o animal salvaxe ao que fai alusi\u00f3n M\u00e1rtir par\u00e9celle que ser\u00eda un touro ou un oso, non obstante, Gayangos,  identificouno cun lobo cerval. Estudosos como Jos\u00e9 Luis Pensado, Aurora Lest\u00f3n ou Fernando Alonso Romero, non descartan que fose un animal imaxinario ou m\u00edtico.<\/p>\n\n\n\n<p>O bi\u00f3logo Marti\u00f1o Nercellas pretendeu ofrecer unha versi\u00f3n nova sobre este misterioso animal partindo das interpretaci\u00f3ns aportadas por anteriores autores e considerando aspectos zool\u00f3xicos relacionados con determinados sucesos acontecidos durante varios s\u00e9culos en toda Europa. Segundo el poder\u00eda tratarse dun lobo contaxiado por un virus capaz de alterar o seu comportamento, que na fase m\u00e1is cr\u00faa do contaxio actuase con extrema violencia.<\/p>\n\n\n\n<p>O concello de Dumbr\u00eda, despois de m\u00e1is de 500 anos deste relato, prop\u00faxose recuperar a figura do misterioso ser coa intenci\u00f3n de potenciar a ruta xacobea de Fisterra e Mux\u00eda, dispo\u00f1er dun novo s\u00edmbolo de identidade e dun recurso tur\u00edstico deste concello. Para acadar estes obxectivos programou unha serie de actos e actividades nos \u00faltimos anos, como foron a organizaci\u00f3n dun Encontro Internacional sobre o Territorio V\u00e1kner en outubro de 2019, a instalaci\u00f3n dunha escultura de bronce de case 5 metros de alto que representase esta m\u00edtica figura, obra do artista C\u00e1ndido Pazos, a celebraci\u00f3n do Festival V\u00e1kner ou a convocatoria do Certame Literario Territorio V\u00e1kner dirixido a escolares e persoas adultas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acompa\u00f1a Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cO V\u00c1KNER, ENIGM\u00c1TICA BESTA DO CAMI\u00d1O A FISTERRA\u201d. M\u00e1is ca unha descrici\u00f3n: \u00e9 unha forma de entrar no lugar antes de pisalo. Pista: f\u00edxate en v\u00e1kner.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":61877,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"O V\u00c1KNER, ENIGM\u00c1TICA BESTA DO CAMI\u00d1O A FISTERRA - Costa da Morte","description":"Acompa\u00f1a Dumbr\u00eda a trav\u00e9s de \u201cO V\u00c1KNER, ENIGM\u00c1TICA BESTA DO CAMI\u00d1O A FISTERRA\u201d. M\u00e1is ca unha descrici\u00f3n: \u00e9 unha forma de entrar no lugar antes de pisalo. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[126,1320],"class_list":["post-78759","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-dumbria-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78759","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78759"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78759\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79220,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78759\/revisions\/79220"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/61877"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78759"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78759"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78759"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}