{"id":78758,"date":"2026-03-11T00:00:00","date_gmt":"2026-03-10T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78758"},"modified":"2026-03-11T14:02:47","modified_gmt":"2026-03-11T13:02:47","slug":"refuxio-de-verdes-plenitude-de-beleza-natural","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/refuxio-de-verdes-plenitude-de-beleza-natural","title":{"rendered":"REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL"},"content":{"rendered":"\n<p>O <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/ria-de-laxe-y-corme-y-rio-anllons\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"R\u00eda de Laxe y Corme y R\u00edo Anll\u00f3ns\">r\u00edo Anll\u00f3ns<\/a>, esa serpe de prata que atravesa Berganti\u00f1os de leste a oeste, despois do seu paso pola vila de Carballo e tras un longo percorrido do seu curso medio por un terreo chairo e un decorrer vagaroso, ao chegar a Verdes, decidiu interromper a monoton\u00eda do seu ritmo e axitar as s\u00faas augas, como se quixer recuperar a forza da xuventude que ti\u00f1a ao pouco de comezar a s\u00faa andaina en <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/monasterio-de-san-pedro-de-soandres\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Mosteiro de San Pedro de Soandres\">Soandres<\/a>. A arteria berganti\u00f1\u00e1 formou no <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/refugio-de-verdes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Refuxio de Verdes\">Refuxio de Verdes<\/a> un sitio de tanta fermosura que acabou por converterse en modelo de beleza natural da comarca e doutros lugares de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p>A este atractivo enclave coristanqu\u00e9s acc\u00e9dese desde varios lugares, segundo a procedencia do visitante. Desde Malpica ou Bu\u00f1o por medio da estrada AC-421, que sae desta \u00faltima localidade en direcci\u00f3n a Xornes e Cereo; desde Carballo e Coristanco, tomando a v\u00eda DP-1918 que por Oca e Xavi\u00f1a, se dirixe a Verdes; ou mesmo, desde Cances (Carballo), a trav\u00e9s dunha estrada local.<\/p>\n\n\n\n<p>O rexuvenecemento que experimenta o Anll\u00f3ns ao seu paso por Verdes e que deu lugar a este singular espazo d\u00e9bese a varios factores: aos movementos tect\u00f3nicos da zona que ocasionaron d\u00faas fallas paralelas, que condicionaron o trazado do curso do r\u00edo; ao tipo de rocha existente neste lugar e \u00e1 capacidade erosiva do seu caudal. Neste tramo do Refuxio, un dique de gneis, rocha resistente \u00e1 erosi\u00f3n, atravesa a canle do Anll\u00f3ns e este para abrirse paso tivo que \u201ccortalo\u201d, dividindo o seu leito en varios brazos, separados por illotes nos que medra a vexetaci\u00f3n. Deste xeito, form\u00e1ronse abundantes r\u00e1pidos e fervenzas, que lle conceden a esta \u00e1rea unha beleza natural \u00fanica.<\/p>\n\n\n\n<p>Son varios os elementos que confl\u00faen e fan que o lugar sexa tan atractivo e reciba tantos visitantes. Por un lado est\u00e1 o seu<a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/descobre\/cultura-e-historia\/turismo-xeoloxico\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Turismo Xeol\u00f3xico\"> interese xeol\u00f3xico<\/a> creado pola tect\u00f3nica e o tipo de rocha, que configuraron este senlleiro marco xeogr\u00e1fico neste treito do r\u00edo; por outro, o interese bot\u00e1nico que lle achega o fermoso bosque de ribeira formado por unha gran variedade de especies arb\u00f3reas, que no ver\u00e1n forma unha protectora c\u00fapula vexetal. E por \u00faltimo, estar\u00eda o interese etnogr\u00e1fico froito da intervenci\u00f3n humana ao longo dos anos, asociada ao conxunto de mu\u00ed\u00f1os de ambas marxes, constru\u00eddos coa mesma rocha de gneis que forma o leito do r\u00edo.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta \u00e1rea recreativa de Verdes naceu no ano 1982, cando o Instituto Nacional para a Conservaci\u00f3n da Natureza (ICONA) adquiriu uns mu\u00ed\u00f1os, que, despois da s\u00faa rehabilitaci\u00f3n, se utilizaron como lugar de acollida para os afeccionados \u00e1 pesca fluvial.<\/p>\n\n\n\n<p>Os veci\u00f1os da parroquia foron part\u00edcipes desta iniciativa e colaboraron co seu traballo para que se levase adiante. O m\u00e1is custoso foi a construci\u00f3n dunha ponte para comunicar a banda dereita coa illa na que se situaban os mu\u00ed\u00f1os rehabilitados, logo completouse a obra coa dotaci\u00f3n de pontellas de madeira, mesas, bancos e asadores.<\/p>\n\n\n\n<p>Na actualidade este <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/refugio-de-verdes\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Refuxio de Verdes\">Refuxio de Verdes<\/a> converteuse nun dos lugares m\u00e1is atractivos do interior da comarca de Berganti\u00f1os e da Costa da Morte e representa o recurso tur\u00edstico m\u00e1is emblem\u00e1tico do concello de Coristanco.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Explora Coristanco a trav\u00e9s de \u201cREFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista: f\u00edxate en verdes.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":79701,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"REFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL - Costa da Morte","description":"Explora Coristanco a trav\u00e9s de \u201cREFUXIO DE VERDES, PLENITUDE DE BELEZA NATURAL\u201d. Un bo punto de partida para descubrir o concello sen pr\u00e9sas nin t\u00f3picos. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[1349,1320],"class_list":["post-78758","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-coristanco","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78758","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78758"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78758\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79704,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78758\/revisions\/79704"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/79701"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78758"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78758"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78758"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}