{"id":78754,"date":"2026-03-05T00:00:00","date_gmt":"2026-03-04T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78754"},"modified":"2026-03-05T06:31:19","modified_gmt":"2026-03-05T05:31:19","slug":"camarinas-onde-o-mar-se-volve-encaixe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/camarinas-onde-o-mar-se-volve-encaixe","title":{"rendered":"CAMARI\u00d1AS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE"},"content":{"rendered":"\n<p><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/concellos\/camarinas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Concello de Camari\u00f1as\">Camari\u00f1as<\/a> \u00e9 desas vilas que ten un selo de identificaci\u00f3n moi definido, pois simplemente con pronunciar o nome desta localidade xa se incorpora \u00e1 nosa memoria a verba encaixe, ese tecido elaborado polas mans lixeiras e expertas de artes\u00e1s.<\/p>\n\n\n\n<p>A orixe do nome desta vila procede da planta arbustiva denominada carami\u00f1a (Corema album), que medraba nas dunas da desaparecida praia sobre a que se asentou este n\u00facleo. Primeiro naceu a parroquia de <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/igrexa-de-san-xurxo-de-camarinas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Igrexa de San Xurxo de Camari\u00f1as\">San Xurxo de Bur\u00eda<\/a>, m\u00e1is cara ao interior e agr\u00edcola, e despois fundouse a localidade mari\u00f1eira, m\u00e1is achegada \u00e1 costa, para aproveitar os recursos do mar.<\/p>\n\n\n\n<p>Os Moscoso, desde a s\u00faa <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/castelo-de-vimianzo\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Castillo de Vimianzo\">fortaleza de Vimianzo<\/a>, impuxeron o dominio sobre este porto, que polo s\u00e9culo XV xa destacaba pola s\u00faa actividade pesqueira e comercial. A abrigada praia do Curveiro fac\u00eda de embarcadoiro, frecuentado por embarcaci\u00f3ns doutros pa\u00edses que navegaban por este litoral. A sardi\u00f1a e o congro eran as especies que m\u00e1is se capturaban nesta r\u00eda. A mediados do s\u00e9culo XVIII hab\u00eda dous trincados ou gale\u00f3ns que se dedicaban \u00e1 pesca da sardi\u00f1a, que, unha vez salgada, export\u00e1base para o Pais Vasco.<\/p>\n\n\n\n<p>Nos primeiros anos do s\u00e9culo XX, Camari\u00f1as era unha vila pesqueira cunha harmon\u00eda urban\u00edstica de casas con balc\u00f3ns ou galer\u00eda, pintadas de branco e r\u00faas estreitas que conduc\u00edan ao porto. Apenas hab\u00eda edificaci\u00f3ns que alterasen esa sinton\u00eda en altura e colorido. A igrexa parroquial e o mu\u00ed\u00f1o de vento sobresa\u00edan na parte alta.  A pesca era a actividade principal, complementada co comercio que se realizaba por v\u00eda mar\u00edtima. A trav\u00e9s do seu porto export\u00e1banse sardi\u00f1as salgadas, madeira e cereais e import\u00e1banse mercador\u00edas manufacturadas e produtos alimentarios diversos.<\/p>\n\n\n\n<p>Aquela fisionom\u00eda urban\u00edstica cambiou a partir dos anos setenta e oitenta, cando as novas construci\u00f3ns substitu\u00edron \u00e1 arquitectura tradicional, d\u00e1ndolle ao n\u00facleo o aspecto que vemos a d\u00eda de hoxe. Camari\u00f1as pres\u00e9ntasenos actualmente como unha vila m\u00e1is moderna, pero sen aquel encanto que ti\u00f1a anos atr\u00e1s de casas brancas ou de cores acorde coas s\u00faas embarcaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Son varios os atractivos que ofrece a vila camari\u00f1\u00e1 ao visitante. En primeiro lugar, o de ser capital do encaixe de Galicia, que permite a calquera viaxeiro co\u00f1ecer esta artesan\u00eda e descubrir a s\u00faa historia no <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/museo-del-encaje-camarinas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Museo do Encaixe de Camari\u00f1as\">Museo do Encaixe<\/a>, ou ver en vivo como se elabora, observando a algunha palilleira coa que se atope pola r\u00faa ou acheg\u00e1ndose a unha das escolas municipais de aprendizaxe. Se a visita se produce en Semana Santa, atoparase coa maior exposici\u00f3n que se poida imaxinar na <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/mostra-do-encaixe\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Mostra do Encaixe\">Mostra do Encaixe<\/a>, que cada ano se v\u00e9n celebrando por esa \u00e9poca desde 1991.<\/p>\n\n\n\n<p>Aquel turista m\u00e1is interesado pola historia ou pola arte pode visitar as ru\u00ednas do castelo do Soberano, fortaleza constru\u00edda a mediados do s\u00e9culo XVIII ou a <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/igrexa-de-san-xurxo-de-camarinas\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Igrexa de San Xurxo de Camari\u00f1as\">igrexa parroquial de San Xurxo<\/a>, unha obra relevante tanto pola s\u00faa arquitectura como polos retablos que acolle no seu interior.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Merg\u00fallate en Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cCAMARI\u00d1AS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista: f\u00edxate en vuelve.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":77895,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CAMARI\u00d1AS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE - Costa da Morte","description":"Merg\u00fallate en Camari\u00f1as a trav\u00e9s de \u201cCAMARI\u00d1AS, ONDE O MAR SE VOLVE ENCAIXE\u201d. Unha lectura perfecta para situarte: contexto, paisaxe e claves sen recheo. Pista:"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[112,1320],"class_list":["post-78754","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-camarinas-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78754","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78754"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78754\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79502,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78754\/revisions\/79502"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/77895"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78754"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78754"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78754"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}