{"id":78752,"date":"2026-03-01T00:00:00","date_gmt":"2026-02-28T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=78752"},"modified":"2026-03-02T06:55:04","modified_gmt":"2026-03-02T05:55:04","slug":"caion-vila-enriba-do-mar","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/blog\/caion-vila-enriba-do-mar","title":{"rendered":"CAI\u00d3N, VILA ENRIBA DO MAR"},"content":{"rendered":"\n<p>Calquera viaxeiro que desexe co\u00f1ecer a <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/caion-a-laracha\" title=\"Cai\u00f3n (A Laracha)\"><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/conjunto-historico-artistico-de-caion\" title=\"Cai\u00f3n (A Laracha)\">vila de Cai\u00f3n<\/a><\/a>,, primeiro ter\u00eda que observar a s\u00faa situaci\u00f3n de lonxe, desde un dos miradoiros que hai antes de entrar no n\u00facleo. A mellor vista panor\u00e1mica t\u00e9mola desde un que hai na estrada DP-1909, \u00e1 altura de Gox\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi valentes foron aqueles primeiros habitantes que decidiron asentarse nesta pequena pen\u00ednsula na que o mar aberto bate con toda a enerx\u00eda. Unha das primeiras noticias que temos deste porto f\u00e1lanos da caza da balea, informaci\u00f3n que nos transmite o Licenciado Molina a mediados do s\u00e9culo XVI cando se refire a el e ao de Malpica: \u201cen los que principalmente m\u00e1s que en otros del reino, mueren muchas ballenas y la causa por que m\u00e1s que aqu\u00ed que en otras partes haya, es porque estos puertos siempre son m\u00e1s bravos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta pequena vila mari\u00f1eira instalarase unha rama da familia nobre dos Berm\u00fadez de Castro. Un dos seus membros, <strong>Francisco Berm\u00fadez de Castro<\/strong>, fundou na localidade o <strong>conven<\/strong><strong>to dos Padres Agosti\u00f1os<\/strong>, ao que lle concedeu importantes privilexios. Estes relixiosos encargaranse tam\u00e9n de rexentar a parroquia, baixo a nova advocaci\u00f3n da Virxe do Perpetuo Socorro.<\/p>\n\n\n\n<p>Os habitantes do Cai\u00f3n tiveron sempre como actividade econ\u00f3mica principal a pesca, primeiro a da balea e, a partir do s\u00e9culo XVIII, a da sardi\u00f1a, congrio e pescada. Actualmente o turismo converteuse no principal recurso desta localidade, atra\u00eddo pola excelente situaci\u00f3n e <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/caion-a-laracha\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Cai\u00f3n (A Laracha)\"> magn\u00edfica praia<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>Este n\u00facleo, na segunda metade do s\u00e9culo XX, experimentou unha fonda transformaci\u00f3n urban\u00edstica que supuxo a substituci\u00f3n das antigas casas mari\u00f1eiras por edificios de nova construci\u00f3n. No centro da vila a\u00ednda se conservan algunhas edificaci\u00f3ns tradicionais que nos permiten imaxinar como era aquel <a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/conjunto-historico-artistico-de-caion\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Conjunto hist\u00f3rico art\u00edstico de Cai\u00f3n\">Cai\u00f3n hist\u00f3rico<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta vila mari\u00f1eira ofr\u00e9celle ao viaxeiro varios atractivos que non deber\u00eda deixar de visitar. En primeiro lugar a <strong>praza de Eduardo V<\/strong><strong>ila Fano<\/strong>, considerada como o centro urbano. Nela sit\u00faanse os dous edificios hist\u00f3ricos m\u00e1is emblem\u00e1ticos: <strong>o pazo dos condes de Graxal<\/strong> e <strong>a igrexa parroquial de Santa Mar\u00eda do Perpetuo Socorro<\/strong>. O primeiro deles \u00e9 un edificio alongado que ocupa a parte oeste dese espazo. A igrexa foi o antigo templo do convento dos agosti\u00f1os e substitu\u00edu \u00e1 anterior parroquial, situada onde actualmente se localiza a capela dos Milagres. O seu maior interese arquitect\u00f3nico repres\u00e9ntao a <strong>portada renacentista<\/strong> do muro norte, que d\u00e1 \u00e1 praza. Arrimada \u00e1 parte sur da cabeceira da igrexa sit\u00faase o edificio do <strong>antigo convento<\/strong>. Na fachada m\u00f3stranse dous escudos: no da esquerda repres\u00e9ntase unha torre e a seguinte inscrici\u00f3n: <em>Malo mori quam foedari<\/em> (Prefiro morrer antes que mancharme). No da dereita aparecen os s\u00edmbolos dos Berm\u00fadez e dos Castro.<\/p>\n\n\n\n<p>Moi preto da praza, at\u00f3pase o <strong>edificio da confrar\u00eda de pescadores<\/strong>, que acolle os fondos do arquivo de pesca e unha exposici\u00f3n permanente sobre a cultura mari\u00f1eira desta vila.<\/p>\n\n\n\n<p>Resulta interesante achegarse ao <strong><strong><a href=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/romeria-dos-milagres-de-caion\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\" title=\"Romer\u00eda dos Milagres de Cai\u00f3n\">santuario da Virxe dos Milagres<\/a><\/strong>,<\/strong>, situado a uns dous quil\u00f3metros da localidade, seguindo a estrada cara a Carballo. O templo actual, de formas barrocas, data de 1836. Ao seu redor cel\u00e9brase unha popular romar\u00eda o 8 de setembro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Descobre A Laracha a trav\u00e9s de \u201cCAI\u00d3N, VILA ENRIBA DO MAR\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: f\u00edxate en cai\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":11,"featured_media":76781,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CAI\u00d3N, VILA ENRIBA DO MAR - Costa da Morte","description":"Descobre A Laracha a trav\u00e9s de \u201cCAI\u00d3N, VILA ENRIBA DO MAR\u201d. Un cap\u00edtulo para gardar: d\u00e1 ideas, referencias e ganas de seguir explorando. Pista: f\u00edxate en cai\u00f3n."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[651],"tags":[107,1320],"class_list":["post-78752","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-a-laracha-gl","tag-naturalmente-unica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78752","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/11"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=78752"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78752\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":79366,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/78752\/revisions\/79366"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76781"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=78752"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=78752"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=78752"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}