{"id":76014,"date":"2026-01-14T20:41:41","date_gmt":"2026-01-14T19:41:41","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=76014"},"modified":"2026-01-14T20:43:12","modified_gmt":"2026-01-14T19:43:12","slug":"a-costa-da-morte-levara-a-fitur-a-sua-nova-campana-donde-la-tierra-habla-y-el-cielo-responde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-costa-da-morte-levara-a-fitur-a-sua-nova-campana-donde-la-tierra-habla-y-el-cielo-responde","title":{"rendered":"A Costa da Morte levar\u00e1 a FITUR a s\u00faa nova campa\u00f1a: \u201cDonde la tierra habla y el cielo responde\u201d"},"content":{"rendered":"\n<p>A Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) aproveitar\u00e1 a s\u00faa presenza na feira para presentar oficialmente o pr\u00f3ximo xoves 22 de xaneiro a s\u00faa nova campa\u00f1a de promoci\u00f3n: <strong>\u201cCOSTA DA MORTE: ONDE A TERRA FALA E O CEO RESPONDE\u201d<\/strong>, un lema que resume a esencia do territorio e a s\u00faa maneira \u00fanica de relacionarse coa paisaxe, a cultura e a experiencia tur\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<p>A campa\u00f1a nace da convicci\u00f3n de que a Costa da Morte \u00e9 moito m\u00e1is ca un destino: \u00e9 identidade, \u00e9 car\u00e1cter, \u00e9 memoria viva. Un territorio onde o mar, a terra, o vento, o silencio e a luz dialogan constantemente con quen o habita e con quen o visita. Un lugar onde as experiencias non se constr\u00faen de maneira artificial, sen\u00f3n que xorden da autenticidade do propio territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde a CMAT ap\u00f3stase por proxectar un modelo de destino coherente co que a Costa da Morte \u00e9: un territorio vivo, habitado e con cultura propia, onde a paisaxe non se decora, as tradici\u00f3ns non se representan e a hospitalidade non se forza. Apostase por un turismo respectuoso, sostible e profundamente conectado coas persoas que constr\u00faen d\u00eda a d\u00eda a identidade do territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste sentido, a Costa da Morte destaca polos seus elementos estrat\u00e9xicos como destino: a riqueza da s\u00faa natureza en estado puro, a s\u00faa herdanza hist\u00f3rica e riqueza patrimonial e arqueol\u00f3xica, e a s\u00faa gastronom\u00eda aut\u00e9ntica, baseada nos produtos do mar e da terra, elaborados segundo receitas tradicionais que mante\u00f1en viva a s\u00faa identidade. Todo isto conforma experiencias \u00fanicas que combinan paisaxe, cultura e sabores locais, integrando \u00e1s persoas que fan posible este territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, o v\u00eddeo que se presentar\u00e1 en FITUR recorre lugares clave do territorio mostrando de forma visual e emocional a beleza e identidade da Costa da Morte, ao tempo que recolle as voces reais dos seus veci\u00f1os: os xornalistas <strong>Josi\u00f1o Mira<\/strong> e <strong>Fran Rodr\u00edguez<\/strong>, <strong>a Tania<\/strong>, t\u00e9cnica de cultura de Zas, e <strong>Virxina<\/strong>, da Asociaci\u00f3n de Astroturismo da Costa da Morte, que nos transmiten con naturalidade e desde a autenticidade o que este lugar \u00e9 e significa para quen o habita e sente.<\/p>\n\n\n\n<p>A presentaci\u00f3n en FITUR ser\u00e1 tam\u00e9n unha oportunidade para reforzar o traballo conxunto con instituci\u00f3ns e entidades que apoian este modelo de desenvolvemento tur\u00edstico. Neste sentido, a CMAT quere po\u00f1er en valor o apoio continuado de <strong>Turismo de Galicia<\/strong> e da <strong>Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/strong>, que acompa\u00f1aron o proxecto desde os seus inicios e compartiron a visi\u00f3n de constru\u00edr un destino baseado na calidade, na sostibilidade e na identidade.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, a presenza na feira permitir\u00e1 manter encontros con outros destinos, entidades e empresas do sector que favorezan o intercambio de boas pr\u00e1cticas e o co\u00f1ecemento de novas ideas e enfoques que poidan aplicarse e adaptarse ao territorio da Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>A nova campa\u00f1a audiovisual que se dar\u00e1 a co\u00f1ecer en Madrid reflicte precisamente esa ollada honesta sobre o territorio: a Costa da Morte tal e como \u00e9, sen artificios, coas voces reais da s\u00faa xente, co seu acento, coa s\u00faa maneira de expresarse e coa s\u00faa forma de entender o mundo como parte esencial do seu patrimonio cultural.<\/p>\n\n\n\n<p>Con esta presenza en FITUR, a Costa da Morte reafirma o seu posicionamento como un destino emerxente, aut\u00e9ntico e diferenciado, que non busca parecerse a outros, sen\u00f3n proxectar con orgullo o que sempre foi.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A CMAT presentar\u00e1 o xoves 22 de xaneiro en Madrid unha proposta que posiciona o destino como territorio de emoci\u00f3n, identidade e experiencias aut\u00e9nticas. A Costa da Morte estar\u00e1 presente un ano m\u00e1is en FITUR, a Feira Internacional de Turismo de Madrid, para seguir reforzando o seu posicionamento como un destino con voz propia dentro do mapa tur\u00edstico galego e estatal.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":76013,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Costa da Morte levar\u00e1 a FITUR a s\u00faa nova campa\u00f1a: \u201cDonde la tierra habla y el cielo responde\u201d - Costa da Morte","description":"A CMAT presentar\u00e1 o xoves 22 de xaneiro en Madrid unha proposta que posiciona o destino como territorio de emoci\u00f3n, identidade e experiencias aut\u00e9nticas. A Cost"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[533],"class_list":["post-76014","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-fitur-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/76014","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=76014"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/76014\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":76015,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/76014\/revisions\/76015"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/76013"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=76014"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=76014"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=76014"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}