{"id":75192,"date":"2025-12-05T21:39:16","date_gmt":"2025-12-05T20:39:16","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=75192"},"modified":"2025-12-05T21:39:16","modified_gmt":"2025-12-05T20:39:16","slug":"a-costa-da-morte-naturalmente-unica-o-libro-que-conta-quen-somos-xa-esta-ao-teu-alcance","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-costa-da-morte-naturalmente-unica-o-libro-que-conta-quen-somos-xa-esta-ao-teu-alcance","title":{"rendered":"\u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d: o libro que conta quen somos xa est\u00e1 ao teu alcance"},"content":{"rendered":"\n<p>A Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) celebra a presentaci\u00f3n de <strong>\u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d<\/strong>, unha publicaci\u00f3n promovida pola <strong>APTCM<\/strong>, socia da CMAT en representaci\u00f3n do sector privado, e desenvolvida grazas ao apoio financeiro da <strong>Xunta de Galicia<\/strong>. Tr\u00e1tase dun libro pensado para <strong>po\u00f1er en valor e ordenar os recursos tur\u00edsticos da Costa da Morte<\/strong>, reforzando a colaboraci\u00f3n entre administraci\u00f3ns, profesionais do turismo e tecido asociativo. M\u00e1is ca unha gu\u00eda, \u00e9 unha homenaxe colectiva a un territorio que combina forza, identidade e hospitalidade a partes iguais.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto de presentaci\u00f3n contou coa presenza de <strong>numerosos alcaldes dos concellos da Costa da Morte<\/strong>, as\u00ed como coa <strong>directiva da CMAT e da APTCM<\/strong>, encabezadas polos seus respectivos presidentes. O gran convidado foi o director de Turismo de Galicia, <strong>Xos\u00e9 Manuel Merelles<\/strong>, impulsor financeiro do proxecto, que subli\u00f1ou a importancia de contar con <strong>produtos tur\u00edsticos coidados, ben narrados e que reflictan o car\u00e1cter propio do xeodestino Costa da Morte<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>A obra recolle, en <strong>galego, castel\u00e1n e ingl\u00e9s<\/strong>, a riqueza <strong>paisax\u00edstica, cultural e patrimonial dos 17 concellos do xeodestino Costa da Morte<\/strong>, a trav\u00e9s dos textos de <strong>Xan Fern\u00e1ndez Carrera<\/strong> e das fotograf\u00edas de <strong>Antonio Fern\u00e1ndez<\/strong>. P\u00e1xina a p\u00e1xina, o libro convida a percorre-lo territorio con calma: <strong>faros e cant\u00eds, vilas mari\u00f1eiras, cami\u00f1os hist\u00f3ricos, tradici\u00f3ns vivas, praias abertas ao oc\u00e9ano e espazos naturais \u00fanicos<\/strong> que fan da Costa da Morte un destino diferente, aut\u00e9ntico e, como recolle o seu t\u00edtulo, <strong>naturalmente \u00fanico<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro deste mesmo proxecto financiado pola Xunta de Galicia, <strong>presentouse no propio acto a dixitalizaci\u00f3n completa do libro<\/strong>, que estar\u00e1 accesible a trav\u00e9s da <strong>web da CMAT<\/strong>. Este paso sup\u00f3n <strong>un impulso clave na estratexia de dotar o portal do xeodestino Costa da Morte de contidos xenu\u00ednos e de alta calidade<\/strong>, capaces de xerar tr\u00e1fico cualificado cara \u00e1 web. A aposta por contido propio, ligado \u00e1 realidade do territorio e \u00e1s s\u00faas xentes, quere <strong>reforzar o posicionamento da web da CMAT como referencia dun xeodestino de calidade<\/strong>, sostible, ben contado e no que cada visita \u00e1 p\u00e1xina sexa tam\u00e9n unha pequena viaxe pola Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<p>O libro <strong>poder\u00e1 consultarse nas bibliotecas da Costa da Morte e en todos os locais das empresas socias da APTCM<\/strong>, convert\u00e9ndose nunha ferramenta \u00fatil tanto para quen nos visita como para a veci\u00f1anza que quere co\u00f1ecer mellor a s\u00faa propia terra. Co apoio conxunto da APTCM, da CMAT e da Xunta de Galicia, <strong>\u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d<\/strong> nace como unha peza clave para seguir constru\u00edndo, entre todos, a marca Costa da Morte como un destino <strong>aut\u00e9ntico, inspirador e de calidade<\/strong>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se che gusta a Costa da Morte, agora tes un motivo perfecto para namorarte dela unha vez m\u00e1is: o libro \u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d, promovido pola APTCM coa financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia, presentouse nun acto que reuniu a boa parte da Costa da Morte institucional e tur\u00edstica, e no que se deu a co\u00f1ecer tanto a edici\u00f3n f\u00edsica como a versi\u00f3n dixital desta obra chamada a ser unha referencia do xeodestino.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":75217,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"\u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d: o libro que conta quen somos xa est\u00e1 ao teu alcance - Costa da Morte","description":"Se che gusta a Costa da Morte, agora tes un motivo perfecto para namorarte dela unha vez m\u00e1is: o libro \u201cA Costa da Morte. Naturalmente \u00fanica\u201d, promovido pola AP"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[686],"class_list":["post-75192","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-aptcm-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/75192","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=75192"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/75192\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":75193,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/75192\/revisions\/75193"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/75217"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=75192"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=75192"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=75192"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}