{"id":74126,"date":"2025-11-03T17:20:18","date_gmt":"2025-11-03T16:20:18","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=74126"},"modified":"2025-11-03T17:36:25","modified_gmt":"2025-11-03T16:36:25","slug":"entrevista-a-marta-lado-embaixadora-da-costa-da-morte-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-a-marta-lado-embaixadora-da-costa-da-morte-2026","title":{"rendered":"Entrevista a Marta Lado, Embaixadora da Costa da Morte 2026"},"content":{"rendered":"\n
A actriz fisterr\u00e1 Marta Lado<\/strong> ser\u00e1 a Embaixadora da Costa da Morte 2026<\/strong>, un reco\u00f1ecemento que distingue cada ano a persoas que contrib\u00faen a proxectar a identidade, a cultura e os valores deste territorio m\u00e1is al\u00e1 das s\u00faas fronteiras. Co\u00f1ecida polo seu papel protagonista en Sicixia<\/em> \u2014pel\u00edcula rodada na Costa da Morte e dirixida por Ignacio Vilar\u2014, Marta \u00e9 unha das voces m\u00e1is reco\u00f1ecidas do audiovisual galego, ademais dunha creadora comprometida coa cultura e coa defensa do medio natural.<\/p>\n\n\n\n
Marta, antes de nada, parab\u00e9ns por este nomeamento. Que significa para ti recibir o t\u00edtulo de Embaixadora da Costa da Morte 2026?<\/strong>
Moitas grazas! Pois reco\u00f1ezo que o primeiro sentimento que se me presentou foi certo pudor. Sei que deber\u00eda estar acostumada a estar exposta polo meu traballo, pero case sempre o estou a trav\u00e9s dunha m\u00e1scara, dunha personaxe, xogando. No persoal son bastante t\u00edmida. Aparte diso, \u00e9 un orgullo que impresiona ser reco\u00f1ecida polos veci\u00f1os e que me te\u00f1an en conta entre xente que admiro tanto como os anteriores embaixadores.<\/li>\n\n\n\n
Ao longo da t\u00faa carreira participaches en proxectos moi diversos, pero Sicixia<\/em> marcou un fito especial. Como recordas aquela experiencia de rodar na Costa da Morte e de interpretar un papel tan vencellado \u00e1 t\u00faa terra?<\/strong>
Rec\u00f3rdoo como unha expedici\u00f3n! Recorr\u00edn sitios nos que non estivera, fixen de gu\u00eda noutros… Estiven moi implicada no proceso de creaci\u00f3n da peli e de construci\u00f3n da personaxe, sent\u00eda que co\u00f1ec\u00eda moi ben a \u201cOlalla\u201d, estaba moi c\u00f3moda improvisando e reaccionando coma ela. \u00d3 mesmo tempo sent\u00eda moita responsabilidade por compartir algunhas escenas con xente que se interpretaba a si mesma porque a maneira de filmar era similar \u00e1 do documental e requir\u00eda unha interpretaci\u00f3n moi natural. Foi moi enriquecedor como actriz, aprend\u00edn moito.<\/li>\n\n\n\n
Esa interpretaci\u00f3n valeuche o Premio \u00e1 Mellor Actriz en Cinespa\u00f1a de Toulouse. Cres que Sicixia<\/em> serviu para dar visibilidade \u00e1 forza cultural e emocional da Costa da Morte no cinema galego?<\/strong>
Non puiden ir a Toulouse para recoller o premio, pero na estrea en Par\u00eds todo o mundo me preguntaba pola terra, a paisaxe, v\u00edana como un para\u00edso, pregunt\u00e1banme como era vivir aqu\u00ed, prometeron visitas… Creo que foi un feito importante que trouxo miradas novas.<\/li>\n\n\n\n
Ademais de actriz, es unha creadora implicada en proxectos educativos e culturais. Que papel cres que ten o arte \u2014e en particular o teatro e o cine\u2014 na educaci\u00f3n e na transmisi\u00f3n dos valores do territorio?<\/strong>
O teatro sobre todo ten a facultade de crear comunidade. Nas clases temos a oportunidade de expresar cousas nosas, de darlles valor e expo\u00f1elas para compartir con xente que tam\u00e9n se sente identificada. Unha das cousas das que me sinto orgullosa \u00e9 ver un cambio na forma de percibir o traballo na clase por parte das alumnas, pasar de ver o material que recolliamos como an\u00e9cdotas coti\u00e1s a valoralo como parte da nosa historia que nos fai ser como somos. Houbo un momento en particular, no ensaio xeral de \u201cMamoria\u201d: entraron d\u00faas se\u00f1oras moi maiores. A obra trataba escenas da historia recente de Fisterra, eran en lugares de encontro de mulleres principalmente, o r\u00edo de lavar a roupa, os velorios… As se\u00f1oras que entraron emocion\u00e1ronse moito e dixeron \u201cEra as\u00ed! As\u00ed faciamos n\u00f3s!\u201d. Foi moi bonito ver que sent\u00edan valorada a s\u00faa historia, que merec\u00eda estar nun escenario.<\/li>\n\n\n\n
Ti tam\u00e9n fuches a imaxe do cartel e do spot da Mostra do Encaixe de Camari\u00f1as 2018, outro proxecto moi ligado \u00e1 identidade da Costa da Morte. Que che aportou aquela experiencia e como lembras ese traballo?<\/strong>
Creo que a palabra que mellor o expresa \u00e9 que foi unha \u201cchulada\u201d. A\u00ednda que non \u201cexerza\u201d moito, inter\u00e9same a moda como xeito de expresi\u00f3n, par\u00e9ceme unha arte complexa e \u00f3 mesmo tempo cunha capacidade de comunicaci\u00f3n universal. O encaixe \u00e9 unha das xoias m\u00e1is fermosas que temos no noso territorio e a colaboraci\u00f3n con grandes dese\u00f1adores par\u00e9ceme unha combinaci\u00f3n perfecta para sostelo e exportalo. A mi\u00f1a t\u00eda adoitaba dicirme \u201cCando vas casar?\u201d e eu contestaba \u201cCando me fagas un vestido de encaixe!\u201d. E mira, case o cumpr\u00edn!<\/li>\n\n\n\n
Que consello lle dar\u00edas \u00e1s novas xeraci\u00f3ns que so\u00f1an con dedicarse \u00e1 interpretaci\u00f3n ou \u00e1s artes esc\u00e9nicas dende un lugar perif\u00e9rico como o noso?<\/strong>
Naciches en Fisterra, un lugar simb\u00f3lico e profundamente ligado \u00e1 idea do fin e do comezo. Como infl\u00fae esa orixe na t\u00faa forma de ver o mundo e de crear?<\/strong>
Non son moi consciente do que me infl\u00fae, non acostumo ter unha intenci\u00f3n a priori. Aparece unha idea e s\u00edgoa. Despois, revisando, si que vexo que hai temas que me atraen m\u00e1is. A morte \u00e9 un deles, por exemplo, \u00e9 si que pode ter que ver coa nosa mitolox\u00eda ou coa idea de fin. Pero por outra banda, eu vexo a Fisterra unida \u00e1 terra por unha lingua pero \u00f3 mundo enteiro polo mar. Fisterra \u00e9 un sitio de chegada e iso fai que sexa un lugar ecl\u00e9ctico, sempre tiven a impresi\u00f3n de que pod\u00eda aparecer calquera personaxe pintoresca cando menos o esperas. Esa idea para crear par\u00e9ceme marabillosa.<\/li>\n\n\n\n
A CMAT destacou o teu compromiso coa sostibilidade e co respecto polo territorio. Que significa para ti o concepto de turismo sostible aplicado \u00e1 Costa da Morte?<\/strong>
Creo que para que algo sexa sostible ten que ser aut\u00e9ntico. Se nos deixamos levar por modas, por tendencias globais, acabaremos sendo un m\u00e1is de tantos. N\u00f3s non temos praias de auga quente e sol abrasador, par\u00e9ceme absurdo intentar buscar iso un mes \u00f3 ano aqu\u00ed e lamentar cando non se atopa. Temos bosques, paisaxes, temporais, casas de pedra, monumentos, gastronom\u00eda, artesan\u00eda, arte, historia… Creo que \u00e9 m\u00e1is interesante potenciar e coidar o que temos todo o ano que apostar por saturarnos un mes. Centros de interpretaci\u00f3n, museos… lugares para visitar co abrigo posto e lugares nos que traballar todo o ano.<\/li>\n\n\n\n
Cando falas da Costa da Morte, sempre o fas con emoci\u00f3n. Se tiveras que describila cunha soa palabra ou cunha imaxe, cal ser\u00eda?<\/strong>
Hai un cadro, \u201cO cami\u00f1ante sobre o mar de nubes\u201d, que se considera a representaci\u00f3n da idea do sublime. A min transm\u00edteme algo parecido \u00f3 que podo sentir na praia do Rostro en inverno ou no Monte Pindo. Pero \u201csublime\u201d par\u00e9ceme un concepto m\u00e1is espiritual, con menos terra. Creo que quedar\u00eda con \u201cbravura\u201d.<\/li>\n\n\n\n
Que cres que distingue \u00e1 Costa da Morte doutros lugares de Galicia ou do mundo?<\/strong>
Principalmente a xente, o seu car\u00e1cter, a festa, a retranca e o talento art\u00edstico. E tam\u00e9n a natureza, virxe e impo\u00f1ente pero accesible, que podes percorrer e mergullarte nela. E claro, o marisco!<\/li>\n\n\n\n
Como ves o futuro deste territorio? Que retos e oportunidades cres que temos por diante como comunidade?<\/strong>
Temos grandes recursos naturais e humanos pero creo que temos importantes retos por diante para evitar que a xuventude marche: recuperar e mellorar os servizos m\u00e9dicos, os educativos, crear emprego de calidade, esixir a mellora das comunicaci\u00f3ns… Temos a obriga de constru\u00edr unha sociedade sa e non cometer os erros que se cometeron noutras \u00e9pocas por avaricia ou ignorancia.<\/li>\n\n\n\n
E por \u00faltimo, como Embaixadora da Costa da Morte 2026, que mensaxe che gustar\u00eda transmitir \u00e1 xente que nos visita e tam\u00e9n aos que vivimos aqu\u00ed?<\/strong>
Que nos respectemos, entre n\u00f3s e \u00e1 terra. E que nos deamos a co\u00f1ecer e nos relacionemos dende a curiosidade e a empat\u00eda e non dende a sospeita. Sei que pode soar inocente ou na\u00edf pero creo que vivimos un tempo no que \u00e9 preciso recordar que a vida \u00e9 demasiado curta para vivila enfrontados. Como ben dic\u00eda o meu querido av\u00f3: \u201cHaber\u00e1 algo m\u00e1is bonito que quererse?\u201d.<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n
Fotos: Nerea D\u00edaz<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Actriz, creadora e fisterr\u00e1 de coraz\u00f3n, Marta Lado \u00e9 unha das voces m\u00e1is aut\u00e9nticas e sensibles do audiovisual galego. Coa s\u00faa mirada profunda e o seu discurso comprometido, encarna \u00e1 perfecci\u00f3n o esp\u00edrito da Costa da Morte: salvaxe, emocional e chea de verdade. Agora, como Embaixadora da Costa da Morte 2026, conv\u00e9rtese na voz que representa a esta terra no mundo, coa mesma paix\u00f3n coa que interpretou o seu papel en Sicixia \u2014a pel\u00edcula que a uniu para sempre ao territorio que a viu nacer\u2014 e coa forza tranquila de quen entende que a cultura tam\u00e9n \u00e9 un acto de amor polo lugar que habitamos.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":74130,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Marta Lado, Embaixadora da Costa da Morte 2026 - Costa da Morte","description":"Actriz, creadora e fisterr\u00e1 de coraz\u00f3n, Marta Lado \u00e9 unha das voces m\u00e1is aut\u00e9nticas e sensibles do audiovisual galego. Coa s\u00faa mirada profunda e o seu discurso"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[529,1302],"class_list":["post-74126","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas","tag-embaixador-costa-da-morte","tag-marta-lado-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/74126","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=74126"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/74126\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":74145,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/74126\/revisions\/74145"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/74130"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=74126"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=74126"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=74126"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}