{"id":73030,"date":"2025-10-04T20:15:19","date_gmt":"2025-10-04T18:15:19","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=73030"},"modified":"2025-10-04T20:15:20","modified_gmt":"2025-10-04T18:15:20","slug":"entrevista-maria-becerra-biologa-supervisa-saidas-avistamentos-baleas-fisterra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-maria-becerra-biologa-supervisa-saidas-avistamentos-baleas-fisterra","title":{"rendered":"Entrevista a Mar\u00eda Becerra, bi\u00f3loga que supervisa as sa\u00eddas nos avistamentos de baleas en Fisterra"},"content":{"rendered":"\n<p>A Costa da Morte sempre viviu mirando ao mar. Durante s\u00e9culos foi escenario de historias \u00e9picas, de pesca, de naufraxios\u2026 e tam\u00e9n de baleas. Porque as baleas sempre estiveron aqu\u00ed: as\u00ed o lembran top\u00f3nimos mari\u00f1os e lendas, como o m\u00edtico <strong>Baixo das Baleas en Reira (Camari\u00f1as)<\/strong>, chamado as\u00ed polo parecido destas pedras cos xigantes mari\u00f1os cando baixa a marea.<\/p>\n\n\n\n<p>Onde antes exist\u00edan factor\u00edas baleeiras como a de <strong>Caneli\u00f1as en Cee<\/strong>, hoxe resp\u00edrase un aire novo: o de admirar estes animais en liberdade, celebrando cada salto como un milagre que nos conecta coa natureza m\u00e1is salvaxe.<\/p>\n\n\n\n<p>Neste cambio de mirada xoga un papel esencial a ciencia e a divulgaci\u00f3n. <strong>Mar\u00eda Becerra Rodr\u00edguez<\/strong>, bi\u00f3loga mari\u00f1a que acompa\u00f1a \u00e1s sa\u00eddas organizadas por <strong>Buceo Finisterre<\/strong>, forma parte da <strong>Coordinadora para o Estudo dos Mam\u00edferos Mari\u00f1os (CEMMA)<\/strong>, unha ONG galega fundada en 1992 e dedicada ao estudo e \u00e1 divulgaci\u00f3n dos mam\u00edferos e tartarugas mari\u00f1as de Galicia. A trav\u00e9s da investigaci\u00f3n, a participaci\u00f3n en proxectos estatais e internacionais e o seu labor divulgativo mediante exposici\u00f3ns, conferencias e cursos, o CEMMA converteuse nun referente no \u00e1mbito mari\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende 1999, grazas a convenios coa <strong>Direcci\u00f3n Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia<\/strong>, o CEMMA \u00e9 a instituci\u00f3n responsable da asistencia a varamentos na costa galega, da recuperaci\u00f3n de animais feridos, da xesti\u00f3n do banco de mostras e da redacci\u00f3n dos plans de conservaci\u00f3n das especies m\u00e1is ameazadas. Unha labor que Mar\u00eda contrib\u00fae a reforzar co seu traballo, achegando ciencia e paix\u00f3n en cada sa\u00edda para observar \u00e1s baleas na Costa da Morte.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Entrevista con Mar\u00eda Becerra Rodr\u00edguez, bi\u00f3loga mari\u00f1a que supervisa as sa\u00eddas para avistar baleas en Fisterra<\/h2>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">1. Como naceu a t\u00faa vocaci\u00f3n polo mundo mari\u00f1o e polos cet\u00e1ceos?<\/h3>\n\n\n\n<p>O meu amor polos animais naceu xa dende ben pequena, polo que gran parte da mi\u00f1a vida paseina dicindo que quer\u00eda ser veterinaria. Sin embargo, por cousas do destino, non puiden entrar na carreira e foi cando decid\u00edn darlle unha oportunidade \u00e1 Biolox\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>En canto aos cet\u00e1ceos, toda a vida me espertaron curiosidade. De nena gust\u00e1bame ir \u00e1s rochas de Cai\u00f3n para intentar ver os arroaces, a maior\u00eda das veces sen moi bos resultados. Pero o momento exacto no que decid\u00edn enfocarme neste campo foi cursando 2\u00ba de carreira.<\/p>\n\n\n\n<p>Un d\u00eda, indo para clase, vin que colgaran un cartel anunciando unha conferencia adicada aos mam\u00edferos mari\u00f1os. O po\u00f1ente era Anxo Cao, un bi\u00f3logo que, tras traballar coa CEMMA, marchou \u00e1s Azores para especializarse neste mundo. Foi a ra\u00edz de ese d\u00eda, cando me empecei a interesar polo mundo dos cet\u00e1ceos e da Biolox\u00eda mari\u00f1a. Busquei informaci\u00f3n sobre a CEMMA, contactei con Alfredo e fixemos un convenio coa Universidade para que eu puidera desenvolver as pr\u00e1cticas externas da carreira con eles. O ver\u00e1n seguinte xa comecei a facer os embarques participativos da CEMMA en colaboraci\u00f3n con Buceo Finisterre e dende ah\u00ed, ata o d\u00eda de hoxe.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">2. Que significa para ti traballar en Fisterra, nunha zona cun pasado baleeiro tan marcado?<\/h3>\n\n\n\n<p>S\u00edntome unha privilexiada. \u00c9 un luxo presenciar en primeira persoa este paso da caza \u00e1 admiraci\u00f3n. Moita xente desco\u00f1ece toda a historia da industria baleeira en Galicia. \u00c9 m\u00e1is, a maior\u00eda das persoas que ve\u00f1en aos embarques conf\u00e9sannos que ignoraban a existencia de baleas nas nosas costas. Moitas delas, foron a pa\u00edses como Noruega, Chile ou Arxentina para tratar de ver o que temos aqu\u00ed ao lado.<\/p>\n\n\n\n<p>Poder contribu\u00edr a divulgar sobre o noso entorno, a importancia de conservalo e ver que a xente desfruta e che agradece o teu traballo, \u00e9 unha maneira de comprobar que estamos facendo algo ben. A historia xa nos demostrou a riqueza e o potencial do noso mar, agora o reto \u00e9 noso: conservar o que temos e non volver a repetir o pasado.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">3. Que especies se poden avistar nas sa\u00eddas de Buceo Finisterre?<\/h3>\n\n\n\n<p>Nas augas galegas habitan 22 especies de cet\u00e1ceos, divididos en 2 grandes grupos: o dos odontocetos (cet\u00e1ceos con dentes) e o dos misticetos (cet\u00e1ceos con barbas, co\u00f1ecidos comunmente como baleas). Algunhas destas especies son residentes e outras estacionais (pasan s\u00f3 en determinadas \u00e9pocas do ano).<\/p>\n\n\n\n<p>Por concretar algunhas, dentro dos odontocetos, os m\u00e1is frecuentes nas nosas sa\u00eddas son os golfi\u00f1os com\u00fans (<em>Delphinus delphis<\/em>) e os arroaces (<em>Tursiops truncatus<\/em>) a\u00ednda que tam\u00e9n se soen ver caldeir\u00f3ns (<em>Globicephala melas<\/em>), arroaces boto (<em>Grampus griseus<\/em>) e, un d\u00eda con moita sorte, orcas (<em>Orcinus orca<\/em>).<\/p>\n\n\n\n<p>En relaci\u00f3n aos misticetos, nos \u00faltimos anos, est\u00e1n ga\u00f1ando un gran protagonismo os avistamentos de baleas. Tanto os rorcuais com\u00fans (<em>Balaenoptera physalus<\/em>) como as grandes azuis (<em>Balaenoptera musculus<\/em>) soen deixarse ver en Fisterra durante a \u00e9poca estival, que \u00e9 cando realizan as s\u00faas migraci\u00f3ns, viaxando en grandes grupos. Por este motivo, \u00e9 bastante frecuente ver as d\u00faas especies mesturadas, compartindo zonas de alimentaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is al\u00f3 do avistamento e monitorizaci\u00f3n de cet\u00e1ceos, que \u00e9 o noso obxectivo principal, estas sa\u00eddas supo\u00f1en unha oportunidade para ver tam\u00e9n outras formas de vida: dende alg\u00fans hidrozoos como as famosas carabelas portuguesas (<em>Physalia physalis<\/em>), ata unha ampla diversidade de aves mari\u00f1as como mascatos (<em>Morus bassanus<\/em>), pardelas (<em>Calonectris diomedea<\/em> e <em>Puffinus mauretanicus<\/em>), charr\u00e1ns (<em>Sterna hirundo<\/em>), pa\u00ed\u00f1os (<em>Hydrobates pelagicus<\/em>) ou as tan buscadas polos ornit\u00f3logos, gaviotas de sabine (<em>Xema sabini<\/em>).<\/p>\n\n\n\n<p>Moitos dos participantes sorpr\u00e9ndense destes datos pero, debemos recordar que Galicia en xeral, e Fisterra en particular, son unha \u201cvent\u00e1\u201d ao Oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico. Aqu\u00ed, confl\u00faen moitas correntes que, sumadas aos afloramentos costeiros, aportan unha gran cantidade de nutrientes, o que se traduce en alimento para os animais. Isto fai das nosas augas especialmente ricas e susceptibles a recibir unha gran diversidade de especies.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">4. Que papel xoga Buceo Finisterre nestas experiencias?<\/h3>\n\n\n\n<p>Buceo Finisterre sup\u00f3n unha oportunidade para que todas aquelas persoas interesadas nos cet\u00e1ceos, poidan desfrutar dun avistamento respectuoso dos animais no seu medio natural. As\u00ed, esta actividade mesturar\u00e1 ciencia, mediante a monitorizaci\u00f3n das poboaci\u00f3ns e a divulgaci\u00f3n sobre a importancia da s\u00faa conservaci\u00f3n, coa diversi\u00f3n e o turismo responsable.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais, non debemos esquecernos que \u00e1 hora de sa\u00edr ao mar, \u00e9 moi importante a seguridade, m\u00e1is se cabe trat\u00e1ndose da Costa da Morte. Neste senso, Buceo Finisterre conta cos mellores profesionais, expertos nas augas e correntes da zona, o que fai destas sa\u00eddas unha experiencia \u00fanica, segura e responsable. Desas experiencias que, como nos transmitiu Rosa, unha participante deste ano, non se contan, sen\u00f3n que se levan dentro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"1490\" height=\"994\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/Buceo-Finisterre.jpg\" alt=\"Buceo finisterre\" class=\"wp-image-73032\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/Buceo-Finisterre.jpg 1490w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/Buceo-Finisterre-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/Buceo-Finisterre-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/Buceo-Finisterre-768x512.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1490px) 100vw, 1490px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">5. Que recomendaci\u00f3ns dar\u00edas a quen queira vivir un avistamento por primeira vez?<\/h3>\n\n\n\n<p>O primeiro que recomendo, \u00e9 vir con ganas de desfrutar da natureza e deixar que esta nos sorprenda. Cada sa\u00edda \u00e9 \u00fanica e irrepetible: nunca hai dous avistamentos iguais. Dende os curiosos golfi\u00f1os com\u00fans que se achegan \u00e1 nosa embarcaci\u00f3n para xoguetear e saltar na proa, ata as xigantes baleas, que fan ferver o mar cos seus impo\u00f1entes soplos, crean momentos especiais que se quedan gravados na memoria de todos e todas n\u00f3s.<\/p>\n\n\n\n<p>Como recomendaci\u00f3ns engadidas: biodramina para aqueles que o consideren necesario, roupa de abrigo, crema solar&#8230; e a prepararse para emoci\u00f3ns fortes!<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">6. Como ves o futuro dos avistamentos de baleas na Costa da Morte?<\/h3>\n\n\n\n<p>Considero que sempre que se realice de forma respectuosa co medio, pode ter un futuro prometedor e moi positivo, contribu\u00edndo coa sensibilizaci\u00f3n polo medio ambiente: desfrutar sen danar.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas nosas sa\u00eddas, po\u00f1o como referencia a figura de Jacques-Ives Costeau, investigador franc\u00e9s que adicou parte da s\u00faa vida \u00e1 biolox\u00eda mari\u00f1a. Unha frase que nos deixou foi: \u201cA xente protexe o que ama\u201d&#8230; e soamente podemos amar o que co\u00f1ecemos. A nosa misi\u00f3n, \u00e9 precisamente esta: que os participantes poidan co\u00f1ecer e comprender aos cet\u00e1ceos para que tomen conciencia da importancia de conservalos. S\u00f3 deste xeito poderemos seguir disfrut\u00e1ndoos moitos anos m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Ver emerxer unha balea diante da proa \u00e9 unha desas experiencias que quedan gravadas para sempre. Non \u00e9 s\u00f3 ver un animal enorme no seu h\u00e1bitat, \u00e9 sentir que o mar respira contigo e que a natureza nos regala un instante irrepetible. Por iso esta entrevista con Mar\u00eda Becerra Rodr\u00edguez, bi\u00f3loga mari\u00f1a da CEMMA e colaboradora de Buceo Finisterre, \u00e9 unha oportunidade para mergullarse nas s\u00faas vivencias e descubrir como a ciencia, a paix\u00f3n polo oc\u00e9ano e a emoci\u00f3n dos avistamentos se unen na Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":73046,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Mar\u00eda Becerra, bi\u00f3loga que supervisa as sa\u00eddas nos avistamentos de baleas en Fisterra - Costa da Morte","description":"Ver emerxer unha balea diante da proa \u00e9 unha desas experiencias que quedan gravadas para sempre. Non \u00e9 s\u00f3 ver un animal enorme no seu h\u00e1bitat, \u00e9 sentir que o ma"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105,37,103],"tags":[1244,1245,1273,127,1272],"class_list":{"0":"post-73030","1":"post","2":"type-post","3":"status-publish","4":"format-standard","5":"has-post-thumbnail","6":"hentry","7":"category-entrevistas","9":"category-interviews","10":"tag-avistamento-de-baleas","11":"tag-buceo-finisterre-gl","12":"tag-cemma","13":"tag-fisterra-gl","14":"tag-maria-becerra"},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/73030","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=73030"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/73030\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":73064,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/73030\/revisions\/73064"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/73046"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=73030"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=73030"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=73030"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}