{"id":64980,"date":"2024-11-13T19:00:15","date_gmt":"2024-11-13T18:00:15","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=64980"},"modified":"2024-11-14T18:36:44","modified_gmt":"2024-11-14T17:36:44","slug":"in-encontro-turismo-costa-da-morte-2024-es","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/in-encontro-turismo-costa-da-morte-2024-es","title":{"rendered":"A CMAT celebra os \u00e9xitos do sector tur\u00edstico durante o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edicion deste Encontro que cada ano re\u00fane aos axentes p\u00fablicos e privados do sector tur\u00edstico da Costa da Morte<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p><strong>ZAS, 13\/11\/2024<\/strong>. Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) valora de xeito moi positivo o desenvolvemento do <strong>IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, <\/strong>un evento que conta co apoio financeiro da Xunta de Galicia, grazas ao convenio de colaboraci\u00f3n entre a CMAT e Turismo de Galicia, e que neste ano contou con diversos relatorios para facer balance dun ano con moita actividade.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-16-9 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe title=\"IV ENCONTRO de TURISMO da COSTA da MORTE | CMAT\" width=\"800\" height=\"450\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/p1jy9JXSAro?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Un balance positivo do ano<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>O evento, conducido polo locutor <strong>Francisco Rodr\u00edguez<\/strong>, comezou \u00e1s 18 horas no Pazo de Trasariz, en Vimianzo. Durante o mesmo, houbo oportunidade para que a CMAT fixera <strong>unha reflexi\u00f3n sobre o desenvolvemento dos seus proxectos durante o \u00faltimo ano<\/strong>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Neste sentido, durante a s\u00faa intervenci\u00f3n para dar a benvida \u00e1s persoas asistentes,&nbsp; <strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, presidente da CMAT, quixo destacar a importancia do papel das persoas no desenvolvemento da Costa da Morte: \u00abAdemais dos nosos solpores, das praias e r\u00edos e da natureza salvaxe; as persoas que traballades cada d\u00eda no desenvolvemento deste territorio en diferentes sectores, sodes imprescindibles e as verdadeiras art\u00edfices dos \u00e9xitos da Costa da Morte. Coa vosa ilusi\u00f3n e esforzo facedes medrar cada d\u00eda este territorio\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon-1024x683.jpg\" alt=\"Muino Cmato Iv Encontro 1 11zon\" class=\"wp-image-64988\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon-768x512.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/muino_cmato_iv_encontro-1_11zon.jpg 1620w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Manuel Mu\u00ed\u00f1o, presidente da CMAT<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Con respecto aos fitos acadados este ano, Mu\u00ed\u00f1o salientou a celebraci\u00f3n do <strong>VII Encontro Internacional Starlight <\/strong>na Costa da Morte: \u00abDesde que se organizou este Congreso, ao que acudiu xente de toda a pen\u00ednsula, demostramos que si se pode facer unha gran cita na Costa da Morte. Temos capacidade hoteleira, de restauraci\u00f3n e podemos mostrar ao mundo a grande riqueza natural do noso territorio. Acabamos de abrir unha nova v\u00eda e agora hai que seguir traballando, pero temos que sentirnos moi orgullosos desta meta\u00bb.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A implicaci\u00f3n institucional no desenvolvemento da Costa da Morte<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Durante o evento, ademais da intervenci\u00f3n de Manuel Mu\u00ed\u00f1o, participaron como relatores outros representantes institucionais como <strong>Raquel S\u00e1nchez<\/strong>, presidenta de Paradores de Turismo de Espa\u00f1a; <strong>Xos\u00e9 Manuel Merelles<\/strong>, director de Turismo de Galicia e <strong>Xos\u00e9 Regueira<\/strong>, vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e deputado da \u00e1rea de Turismo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Raquel S\u00e1nchez<\/strong>, presidenta de <strong>Paradores de Turismo<\/strong>, agradeceu a acollida da CMAT durante a s\u00faa visita e quixo lembrar o compromiso de Paradores co turismo na Costa da Morte: \u00abLa CMAT y el resto de instituciones implicadas en el desarrollo tur\u00edstico de la Costa da Morte cuentan con el apoyo de todo el equipo de Paradores y m\u00e1s concretamente del Parador de Mux\u00eda, trav\u00e9s de su director de Julio Castro. Seguiremos trabajando y poniendo en valor la importancia de las instituciones p\u00fablicas como impulsoras de empleo y turismo de calidad\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/RAQUEL-SANCHEZ-1024x683.jpg\" alt=\"Raquel Sanchez\" class=\"wp-image-65003\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/RAQUEL-SANCHEZ-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/RAQUEL-SANCHEZ-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/RAQUEL-SANCHEZ-768x512.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/RAQUEL-SANCHEZ.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Raquel S\u00e1nchez, presidenta de Paradores de Turismo<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><strong>Xos\u00e9 Manuel Merelles<\/strong>, director da Axencia <strong>Turismo de Galicia, <\/strong>aproveitou a s\u00faa intervenci\u00f3n para destacar os bos datos do sector tur\u00edstico na comunidade e na Costa da Morte en particular: \u00abO desenvolvemento tur\u00edstico da Costa da Morte \u00e9 moi positivo, cun crecemento do 13% de visitantes no \u00faltimo ano. Esperamos que esta progresi\u00f3n se consolide e o turismo contin\u00fae sendo durante moitos anos unha das grandes fortalezas da Costa da Morte\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro-1024x683.jpg\" alt=\"Encontro\" class=\"wp-image-64994\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro-768x512.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Xos\u00e9 Manuel Merelles, Director de Turismo de Galicia<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, <strong>Xos\u00e9 Regueira, <\/strong>vicepresidente da <strong>Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/strong> e deputado da \u00c1rea de Turismo, quixo comentar varios dos retos que a provincia da Coru\u00f1a e a Costa da Morte ter\u00e1n que afrontar no futuro relacionados coa sostibilidade e o emprego: \u00abO turismo para a provincia da Coru\u00f1a sup\u00f3n o 14% do emprego. A nivel tur\u00edstico, somos un destino consolidado grazas \u00e1 coordinaci\u00f3n das diferentes instituci\u00f3ns e do sector privado. Grazas a esta colaboraci\u00f3n, batemos r\u00e9cords ano tras ano. Pero nos pr\u00f3ximos anos, debido ao cambio clim\u00e1tico, a xente buscar\u00e1 viaxar m\u00e1is cara o noso destino por ser un refuxio clim\u00e1tico, polo que \u00e9 importante que comecemos a articular entre todos unha estratexia de cara ao futuro\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>A importancia dun sector privado forte e organizado<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Por parte do sector privado, puideron intervir tanto <strong>Pepe Formoso<\/strong>, presidente da Asociaci\u00f3n de Profesionais do sector Turistico da Costa da Morte <strong>(APTCM)<\/strong> e secretario da CMAT; como <strong>Bego\u00f1a Fern\u00e1ndez, <\/strong>da empresa <strong>STOUPA<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-1024x768.jpg\" alt=\"Img 8017 2 11zon\" class=\"wp-image-64991\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-300x225.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-768x576.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/IMG_8017-2_11zon-2048x1536.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Pepe Formoso, secretario da CMAT e presidente de APTCM<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Para <strong>Formoso<\/strong>, o asociacionismo empresarial \u00e9 clave como motor de cambio no desenvolvemento tur\u00edstico da Costa da Morte: \u00abS\u00f3 indo da man \u00e9 como podemos levar adiante os grandes retos que ten a Costa da Morte. O sector privado \u00e9 fundamental para este territorio e temos que demostrar que temos m\u00fasculo. Cando somos capaces de empregar toda a nosa paix\u00f3n e o noso esforzo para sacar adiante os nosos proxectos, \u00e9 cando demostramos que a Costa da Morte \u00e9 \u00fanica\u00bb. Tam\u00e9n quixo aproveitar a presesencia da presidenta de Paradores para solicitar a m\u00e1xima implicaci\u00f3n do Parador da Costa da Morte co turismo da contorna: \u00abSolicit\u00e1moslle a Raquel S\u00e1nchez a m\u00e1xima implicaci\u00f3n do Parador de Mux\u00eda co turismo para que abra as s\u00faas portas o m\u00e1ximo per\u00edodo posible durante o ano. E que poida prescribir os aloxamentos da comarca cando o Parador te\u00f1a a s\u00faa ocupaci\u00f3n completa\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Bego\u00f1a Fern\u00e1ndez<\/strong>, da empresa <strong>STOUPA<\/strong>, levou adiante unha exposicion de artesan\u00eda da Costa da Morte e un breve relatorio sobre a importancia da <strong>artesan\u00eda no noso territorio, <\/strong>no que agradeceu a labor da xente que traballa neste sector: \u00abA artesan\u00eda forma parte do patrimonio vivo do noso territorio grazas ao traballo diario das persoas artes\u00e1s da Costa da Morte, que pensan coas mans e traballan co coraz\u00f3n para manter vivas as nosas tradici\u00f3ns\u00bb.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na exposici\u00f3n de artesan\u00eda, puid\u00e9rnose mostrar diferentes pezas de artes\u00e1ns da Costa da Morte que evidencian a calidade e a importancia deste sector para o emprego, a cultura e o desenvolvemento do territorio.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Premios do I Concurso Fotogr\u00e1fico \u00abCosta da Morte, Naturalmente Salvaxe\u00bb<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Durante o Encontro foron expostas tam\u00e9n as <strong>fotografias finalistas <\/strong>da primeira edici\u00f3n deste concurso. \u00c1 hora de anunciar as persoas ga\u00f1adoras, <strong>Mar\u00eda Lema<\/strong>, vicepresidenta da <strong>CMAT<\/strong> e membro do xurado, quixo destacar a variedade e calidade de fotograf\u00edas participantes. &nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>En canto \u00e1s fotograf\u00edas ga\u00f1adoras, <strong>Daniel Mata, <\/strong>residente en Madrid, logrou o <strong>Premio do Xurado <\/strong>tras recibir a m\u00e1xima puntuaci\u00f3n do mesmo coa s\u00faa fotograf\u00eda do Faro Roncudo no solpor. O xurado destacou \u00abo bo contraste, onde se observa unha persoa sentada de lado do faro que lle da un toque misterioso a fotograf\u00eda\u00bb. As outras d\u00faas fotograf\u00edas finalistas foron unha de<strong> Rafael Quint\u00e1ns<\/strong>, que capturou un arco da vella sobre a fervenza do \u00c9zaro; e unha de <strong>Mara Aguilar<\/strong>, cunha instant\u00e1nea dun peregrino xunto ao Santuario da Virxe da Barca de Mux\u00eda nun d\u00eda de intensa br\u00e9tema.<\/p>\n\n\n\n<p>O Premio do P\u00fablico, pola s\u00faa banda, foi entregado a <strong>Ux\u00eda Garc\u00eda Pereira, <\/strong>blogueira de viaxes de A Coru\u00f1a, que cunha fotograf\u00eda vertical da impo\u00f1ente Furna Furada (Carballo), logrou m\u00e1is de 1.000 &#8220;g\u00fastames&#8221; na publicaci\u00f3n de Instagram coa que participou no concurso.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-group is-vertical is-layout-flex wp-container-core-group-is-layout-fe9cc265 wp-block-group-is-layout-flex\">\n<div class=\"wp-block-columns is-layout-flex wp-container-core-columns-is-layout-28f84493 wp-block-columns-is-layout-flex\">\n<div class=\"wp-block-column is-layout-flow wp-block-column-is-layout-flow\" style=\"flex-basis:100%\">\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" data-id=\"65023\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/tempImagepoEVT7.heic\" alt=\"\" class=\"wp-image-65023\"\/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Rafa Quint\u00e1ns<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" data-id=\"65021\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/tempImagecNML4o.heic\" alt=\"\" class=\"wp-image-65021\"\/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Ux\u00eda Garcia<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img decoding=\"async\" data-id=\"65020\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/tempImagemjSvAp.heic\" alt=\"\" class=\"wp-image-65020\"\/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Mara Aguilar<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"436\" data-id=\"65032\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-1024x436.jpg\" alt=\"Daniel Mata Roncudo\" class=\"wp-image-65032\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-1024x436.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-300x128.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-768x327.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-1536x654.jpg 1536w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/DANIEL_MATA_RONCUDO-2048x872.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Daniel Mata<\/figcaption><\/figure>\n<\/figure>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n\n\n\n<p>Ademais da exposici\u00f3n das s\u00faas fotograf\u00edas durante o evento e dun diploma, os ga\u00f1adores recibiron como premio nunha noite para d\u00faas persoas nun establecemento da Costa da Morte e unha experiencia gastron\u00f3mica.<\/p>\n\n\n\n<p>Para Mar\u00eda Lema, a boa participaci\u00f3n desta primeira edici\u00f3n \u00e9 unha gran noticia: \u00abDesde a Xunta Directiva da CMAT, gustar\u00edanos levar adiante novas edici\u00f3ns deste concurso para seguir visibilizando a natureza salvaxe da Costa da Morte e para co\u00f1ecer o punto de vista das persoas que nos visitan e que viven aqu\u00ed\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Bieito Romero, novo Embaixador da Costa da Morte<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/bieito-1024x683.jpg\" alt=\"Bieito\" class=\"wp-image-65000\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/bieito-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/bieito-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/bieito-768x512.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/bieito.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Bieito Romero coa Xunta Directiva da CMAT<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Como broche final a este IV Encontro de Turismo, entregouse o galard\u00f3n de <strong>Embaixador de Costa da Morte<\/strong> ao m\u00fasico <strong>Bieito Romero<\/strong>, do co\u00f1ecido grupo<strong> Luar na Lubre<\/strong>. Tras un intenso aplauso por parte do p\u00fablico asistente, Bieito Romero quixo agradecer o reco\u00f1ecemento e facer un repaso pola importancia que ten a Costa da Morte na traxectoria da m\u00fasica do seu grupo: \u00abEste reco\u00f1ecemento \u00e9 un gran honor para min. Na Costa da Morte s\u00edntome como en casa e \u00e9 unha parte moi importante da mi\u00f1a vida\u00bb.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>A quenda de intervenci\u00f3ns finalizou coa despedida de <strong>M\u00f3nica Rodr\u00edguez<\/strong>, alcaldesa de <strong>Vimianzo<\/strong>, que quixo agradecer a todas as persoas asistentes, profesionais e traballadoras o esforzo para celebrar este IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte e destacar o valor da Costa da Morte como territorio: \u00abA Costa da Morte ten moito que ofrecer, e non s\u00f3 a nivel paisax\u00edstico, sen\u00f3n tam\u00e9n a trav\u00e9s de actividades, gastronom\u00eda e da nosa xente. A hospitalidade da nosa terra \u00e9 clave, porque a Costa da Morte non \u00e9 s\u00f3 un destino tur\u00edstico, \u00e9 unha experiencia para vivir cos cinco sentidos e que deixa pegada\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro_1-1024x683.jpg\" alt=\"Encontro 1\" class=\"wp-image-64997\" srcset=\"https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro_1-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro_1-300x200.jpg 300w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro_1-768x512.jpg 768w, https:\/\/visitacostadamorte.com\/wp-content\/uploads\/encontro_1.jpg 1080w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Luar na Lubre ao vivo<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Tras a intervenci\u00f3n de M\u00f3nica Rodr\u00edguez, as persoas asistentes puideron gozar dunha actuaci\u00f3n en <strong>directo de Luar na Lubre<\/strong>, que interpretou co\u00f1ecidos temas como \u00abCamari\u00f1as\u00bb, \u00abTu gitana\u00bb e \u00abM\u00e1rtiros e o V\u00e1kner\u00bb.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edici\u00f3n deste Encontro que cada ano re\u00fane aos axentes p\u00fablicos e privados do sector tur\u00edstico da Costa da Morte<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64985,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"IV Encontro de Turismo de Costa da Morte - Costa da Morte","description":"O Pazo de Trasariz, en Vimianzo, acolleu este martes 12 de novembro a cuarta edici\u00f3n deste Encontro que cada ano re\u00fane aos axentes p\u00fablicos e privados do sector"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[48,106],"tags":[531,138],"class_list":["post-64980","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias","category-novas","tag-encontro-de-turismo","tag-vimianzo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64980","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64980"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64980\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64985"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64980"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64980"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64980"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}