{"id":64802,"date":"2024-11-11T12:18:19","date_gmt":"2024-11-11T11:18:19","guid":{"rendered":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/?p=64802"},"modified":"2024-11-29T19:53:45","modified_gmt":"2024-11-29T18:53:45","slug":"xurado-i-concurso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/xurado-i-concurso","title":{"rendered":"Dous fot\u00f3grafos da Costa da Morte, entre o xurado do I Concurso Fotogr\u00e1fico organizado pola CMAT"},"content":{"rendered":"\n<h2 class=\"wp-block-heading\">Lorena Mari\u00f1o, Diego Alonso e Mar\u00eda Lema decidir\u00e1n entre m\u00e1is de corenta fotograf\u00edas a ga\u00f1adora do I Concurso Fotogr\u00e1fico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe<\/h2>\n\n\n\n<p><strong>ZAS, 06\/11\/2024.<\/strong> Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) anuncia as persoas que forman parte do xurado que elixir\u00e1 a fotograf\u00eda ga\u00f1adora desta primeira edici\u00f3n do concurso fotografico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe. A persoa ga\u00f1adora recibir\u00e1 o premio durante a celebraci\u00f3n do IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, que ser\u00e1 o martes 12 de novembro \u00e1s 18:00h no Pazo de Trasariz, Vimianzo.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">O xurado desta primeira edici\u00f3n<\/h3>\n\n\n\n<p>O xurado desta edici\u00f3n est\u00e1 formado por tres persoas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Diego Alonso:<\/strong> nado en 1976, leva a fotograf\u00eda no sangue. V\u00e9n dunha familia de fot\u00f3grafos que, desde o seu bisav\u00f3 ata os seus pais, retrataron os momentos e as paisaxes da Costa da Morte, unha terra que lle deu as s\u00faas primeiras inspiraci\u00f3ns e un fondo sentido de pertenza. No 2006 decidiu abrir o seu propio cami\u00f1o e creou\u00a0Diego Alonso Fot\u00f3grafo, un proxecto co que se adentrou no mundo da fotograf\u00eda social. Agora, despois de case d\u00faas d\u00e9cadas, a s\u00faa especialidade son as vodas. G\u00fastalle pensar que o seu traballo \u00e9 m\u00e1is que unha serie de fotos: \u00e9 capturar eses instantes \u00fanicos nos que d\u00faas persoas se din &#8220;si&#8221; para sempre, e formar parte deses momentos \u00e9ncheo de gratitude.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Lorena Mari\u00f1o<\/strong> \u00e9 unha fot\u00f3grafa de Malpica de Berganti\u00f1os. Actualmente ad\u00edcase a realizar fotomontaxes con autorretratos, nos cales desenvolve en xeral un estilo escuro ou id\u00edlico procedente da inspiraci\u00f3n que lle provocan as pel\u00edculas e historias de medo, as lendas cos seus seres fant\u00e1sticos ou a mitolox\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Mar\u00eda Lema<\/strong> \u00e9 funcionaria de carreira da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, vicepresidenta da CMAT e concelleira de cultura, educaci\u00f3n e turismo no Concello de Dumbr\u00eda. Def\u00ednese como unha persoa \u00e1 que lle gusta compartir o co\u00f1ecemento e sempre disposta a aprender algo novo. En relaci\u00f3n ao mundo da fotograf\u00eda, \u00e9 a impulsora do movemento #Dumbr\u00eda\u00c9, creado en 2011 para visibilizar os departamentos e acci\u00f3ns en redes do Concello de Dumbr\u00eda, e proxectado aos longo dos anos en diferentes \u00e1reas, dando lugar a un concurso de fotograf\u00eda co mesmo nome para visibilizar diferentes tem\u00e1ticas de Dumbr\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Os premios do concurso<\/h3>\n\n\n\n<p>Esta primeira edici\u00f3n contar\u00e1 con dous premios: un Premio do P\u00fablico e un Premio do Xurado.<\/p>\n\n\n\n<p>O Premio do P\u00fablico ser\u00e1 para a foto que, a 31 de outubro \u00e1s 23:59 horas, contara con m\u00e1is g\u00fastame na publicaci\u00f3n de Instagram coa que participou no concurso.<br>No Premio do Xurado, a decisi\u00f3n sair\u00e1 do xurado mencionado, que ter\u00e1 que seleccionar entre todas as fotograf\u00edas participantes tres finalistas, das que sair\u00e1 a ga\u00f1adora. <\/p>\n\n\n\n<p>As catro fotograf\u00edas (a premiada polo p\u00fablico e as tres finalistas do Premio do Xurado) ser\u00e1n expostas durante o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT, que se celebrar\u00e1 o pr\u00f3ximo 12 de novembro no Pazo de Trasariz, en Vimianzo.<\/p>\n\n\n\n<p><br>Ser\u00e1 nese evento onde se entregar\u00e1n os premios \u00e1s d\u00faas persoas ga\u00f1adoras. Os premios consistir\u00e1n nunha noite nun establecemento tur\u00edstico da Costa da Morte para d\u00faas persoas e unha experiencia gastron\u00f3mica, ademais da entrega da fotograf\u00eda impresa e un diploma.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">Un concurso para promocionar a Costa da Morte<\/h3>\n\n\n\n<p>Este concurso fotogr\u00e1fico, que estivo activo desde xu\u00f1o ata o 31 de outubro, serviu para dinamizar as redes sociais da CMAT, onde m\u00e1is de cincuenta publicaci\u00f3ns demostraron a gran riqueza natural do noso territorio baixo o cancelo #concursonaturalmentesalvaxe.<\/p>\n\n\n\n<p><br>Manuel Mu\u00ed\u00f1o, presidente da CMAT e alcalde de Zas, valorou positivamente o desenvolvemento do concurso: \u00abEsta primeira edici\u00f3n abre unha boa oportunidade para seguir ampliando as iniciativas de promoci\u00f3n tur\u00edstica nas redes sociais. A boa participaci\u00f3n e a diversidade das imaxes demostran unha vez m\u00e1is a riqueza do noso territorio en moitas \u00e1reas\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lorena Mari\u00f1o, Diego Alonso e Mar\u00eda Lema decidir\u00e1n entre m\u00e1is de corenta fotograf\u00edas a ga\u00f1adora do I Concurso Fotogr\u00e1fico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64436,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Dous fot\u00f3grafos da Costa da Morte, entre o xurado do I Concurso Fotogr\u00e1fico organizado pola CMAT - Costa da Morte","description":"Lorena Mari\u00f1o, Diego Alonso e Mar\u00eda Lema decidir\u00e1n entre m\u00e1is de corenta fotograf\u00edas a ga\u00f1adora do I Concurso Fotogr\u00e1fico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[523,701,122,698,697,676],"class_list":["post-64802","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-cmat-gl","tag-concurso-fotografico-2","tag-costa-da-morte-gl","tag-encontro-turismo-costa-da-morte","tag-iv-encontro-turismo","tag-naturalmente-salvaje-2"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64802","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64802"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64802\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64436"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64802"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64802"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64802"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}