{"id":64089,"date":"2024-07-03T18:46:00","date_gmt":"2024-07-03T16:46:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/?p=64089"},"modified":"2024-10-16T19:05:05","modified_gmt":"2024-10-16T17:05:05","slug":"curso-verano-turismo-inteligente-udc-gal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/curso-verano-turismo-inteligente-udc-gal","title":{"rendered":"O Curso de Ver\u00e1n de Turismo da UDC concl\u00fae de xeito exitoso con grandes conclusi\u00f3ns sobre a importancia da xesti\u00f3n intelixente no sector tur\u00edstico"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>ZAS,&nbsp;03\/07\/2024.&nbsp;<\/strong>A CMAT, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, participou activamente no Curso de Ver\u00e1n organizado pola Universidade da Coru\u00f1a (UDC) e titulado&nbsp;\u00abTransformaci\u00f3n no Turismo: Oportunidades, Retos e Casos de \u00e9xito na Xesti\u00f3n Tur\u00edstica Intelixente\u00bb. Durante o mesmo, interviron diferentes membros da asociaci\u00f3n, inclu\u00edndo ao presidente,&nbsp;<strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Catherine Garc\u00eda Pernas<\/strong>, membro da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT, de Grupo Atlante.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Desaf\u00edos e oportunidades da Intelixencia Artificial no Turismo<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>A primeira mesa redonda do primeiro d\u00eda do curso, moderada por Catherine Garc\u00eda Pernas, ocupouse do potencial da intelixencia artificial como mecanismo para profesionalizar o sector tur\u00edstico no territorio. Nela, participaron tanto o vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e deputado de Turismo,&nbsp;<strong>Xos\u00e9 Regueira<\/strong>; como o presidente do Cl\u00faster do Turismo de Galicia,&nbsp;<strong>Ces\u00e1reo Pardal<\/strong>. Ambos quixeron destacar a importante evoluci\u00f3n do sector tur\u00edstico nos \u00faltimos anos:&nbsp;\u00abA d\u00eda de hoxe contamos cun sector formado, competitivo e que aposta pola calidade\u00bb, destacou Regueira. Tam\u00e9n se fixeron eco do problema da falta de datos actualizados no sector tur\u00edstico e da necesidade de atopar v\u00edas para a s\u00faa obtenci\u00f3n nos pr\u00f3ximos anos.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os retos que se prantexaron nesta mesa, salientaron a importancia de adaptarse aos cambios e aprender a aproveitar os avances tecnol\u00f3xicos para poder mellorar a xesti\u00f3n tur\u00edstica. Se ben \u00e9 certo que existen outros importantes retos con menos relevancia tecnol\u00f3xica por diante nos que a Costa da Morte debe continuar traballando desde a cooperaci\u00f3n p\u00fablico-privada.<\/p>\n\n\n\n<p>Outro dos grandes retos \u00e9 precisamente o da xesti\u00f3n dos datos sobre turismo, xa que unha vez obtidos os mesmos, \u00e9 importante ter mecanismos para utilizalos nas estratexias de planificaci\u00f3n. Deste xeito, mellorar\u00eda moito a calidade e eficacia da xesti\u00f3n tur\u00edstica en xeral.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Un novo paradigma para a xesti\u00f3n tur\u00edstica<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Durante a segunda mesa redonda, abordouse a necesidade de aplicar mecanismos de xesti\u00f3n e planificaci\u00f3n tur\u00edstica intelixentes para mellorar a eficacia no sector. Nesta mesa, participaron coa s\u00faa experiencia<strong>&nbsp;Xos\u00e9 Manuel Merelles<\/strong>, director de Turismo de Galicia;&nbsp;<strong>Mar\u00eda do Ros\u00e1rio Borges<\/strong>,&nbsp;do&nbsp;Observatorio Tur\u00edstico do Alentejo&nbsp;e&nbsp;<strong>Ada Gonz\u00e1lez Fern\u00e1ndez<\/strong>, t\u00e9cnica de turismo&nbsp;do&nbsp;Concello de Dumbr\u00eda.&nbsp;Esta mesa foi moderada por&nbsp;<strong>Iria Caama\u00f1o<\/strong>, directora do curso e docente na UDC.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Dous d\u00edas para mellorar as oportunidades da Costa da Morte<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Durante o segundo d\u00eda de conferencias, houbo oportunidade para falar de temas de gran relevancia para o turismo. Abriu a ma\u00f1\u00e1&nbsp;<strong>Ana Leiras<\/strong>, da Universidade da Coru\u00f1a, falando sobre a necesidade de facer accesibles os datos no eido tur\u00edstico para mellorar tanto a xesti\u00f3n como a experiencia de usuario.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao medio d\u00eda, foi a quenda de<strong>&nbsp;Sergio Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>&nbsp;<strong>Freire<\/strong>, da Universidade de Santiago de Compostela, cunha conferencia centrada na relaci\u00f3n entre desenvolvemento local e turismo e como unha boa xesti\u00f3n tur\u00edstica pode axudar a xerar oportunidades no territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa durante a tarde e para rematar, levouse a cabo un obradoiro con casos pr\u00e1cticos da aplicaci\u00f3n da intelixencia tur\u00edstica na planificaci\u00f3n en diferentes destinos por parte de diferentes profesionais da Universidade da Coru\u00f1a; como&nbsp;<strong>Bego\u00f1a Mu\u00ed\u00f1o, Silvina L\u00f3pez e Iria Caama\u00f1o<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>Seguir avanzando na xesti\u00f3n tur\u00edstica na Costa da Morte<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Este curso, que foi posible grazas ao traballo conxunto da Universidade da Coru\u00f1a; de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica; da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e do Concello de Dumbr\u00eda, permitiu unha posta en com\u00fan dos grandes retos que atravesa o turismo para os pr\u00f3ximos anos en Galicia pero tam\u00e9n espec\u00edficamente na Costa da Morte. Uns retos que, \u00e1 vez, implican oportunidades que hai que aproveitar.<\/p>\n\n\n\n<p>A CMAT apoiou tam\u00e9n economicamente o desenvolvemento do curso, como actividade enmarcada dentro das axudas da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a aos entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica da provincia. A presenza e apoio da asociaci\u00f3n neste tipo de encontros \u00e9 un s\u00edntoma da boa sa\u00fade e direcci\u00f3n coa que as entidades p\u00fablicas e privadas relacionadas co turismo contan no noso territorio. Neste sentido, a CMAT impulsar\u00e1 novas actividades e cursos destinados a mellorar as oportunidades e a formaci\u00f3n do sector tur\u00edstico na Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante dous d\u00edas, O \u00c9zaro foi testemu\u00f1a de diferentes debates sobre as oportunidades da xesti\u00f3n intelixente para Galicia e a Costa da Morte.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64086,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"O Curso de Ver\u00e1n de Turismo da UDC concl\u00fae de xeito exitoso con grandes conclusi\u00f3ns sobre a importancia da xesti\u00f3n intelixente no sector tur\u00edstico - Costa da Morte","description":"Durante dous d\u00edas, O \u00c9zaro foi testemu\u00f1a de diferentes debates sobre as oportunidades da xesti\u00f3n intelixente para Galicia e a Costa da Morte."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[549],"class_list":["post-64089","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-universidade-da-coruna-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64089","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64089"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64089\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64086"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64089"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64089"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64089"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}