{"id":64079,"date":"2024-07-09T18:32:00","date_gmt":"2024-07-09T16:32:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/?p=64079"},"modified":"2024-10-16T18:39:08","modified_gmt":"2024-10-16T16:39:08","slug":"a-cmat-e-a-deputacion-da-coruna-colaboran-un-ano-mais-para-o-desenvolvemento-turistico-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-cmat-e-a-deputacion-da-coruna-colaboran-un-ano-mais-para-o-desenvolvemento-turistico-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"A CMAT e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a colaboran un ano m\u00e1is para o desenvolvemento tur\u00edstico da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>ZAS, 09\/07\/2024.&nbsp;<\/strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) recibe o apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a a trav\u00e9s da concesi\u00f3n da subvenci\u00f3n dentro do programa de axudas dirixido a entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica para a mellora da calidade, competitividade e actividades tur\u00edsticas da provincia da Coru\u00f1a no ano 2024.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>95.520 euros sobre un orzamento total de 119.400 euros<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>O apoio do organismo provincial sup\u00f3n unha importante axuda para o desenvolvemento tur\u00edstico na Costa da Morte, pois implica unha axuda do 80% sobre o total do orzamento de actividades e acci\u00f3ns da CMAT para o exercicio 2024. Neste sentido, desde a directiva da CMAT, dest\u00e1case a importancia de que a Deputaci\u00f3n apoie cada ano a labor da entidade, imprescindible para que esta&nbsp;<strong>poida seguir liderando a xesti\u00f3n e promoci\u00f3n tur\u00edstica do xeodestino Costa da Morte<\/strong>, referente de turismo de calidade a nivel auton\u00f3mico e nacional.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\"><strong>Un programa de actividades ambicioso e ilusionante<\/strong><\/h2>\n\n\n\n<p>Desde o ano 2018, a CMAT impulsou un Plan de Acci\u00f3n para o Turismo na Costa da Morte que funciona como unha folla de ruta para impulsar o turismo a trav\u00e9s de cinco grandes retos: lograr que a Costa da Morte sexa un destino tur\u00edstico reco\u00f1ecido pola s\u00faa calidade; contar cun modelo de desenvolvemento tur\u00edstico sostible a nivel econ\u00f3mico, ambiental e social; acadar un maior equilibirio dos fluxos tur\u00edsticos a nivel territorial e ao longo do ano; contar cun tecido tur\u00edstico m\u00e1is unido e coordinado e&nbsp;<strong>consolidar a marca tur\u00edstica Costa da Morte<\/strong>&nbsp;a nivel rexional, nacional e internacional.<\/p>\n\n\n\n<p>Despois de seis anos de moito traballo en diferentes \u00e1reas, neste ano 2024 a CMAT busca dar continuidade \u00e1s actividades que est\u00e1n funcionando con \u00e9xito e eficacia. As\u00ed, as acci\u00f3ns que se est\u00e1n a desenvolver e se levar\u00e1n a cabo nesta anualidade, no marco destas axudas, son as seguintes:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>Implantaci\u00f3n do Sistema de Calidade tur\u00edstica en Destino (SICTED), que se iniciou en 2023 coa adhesi\u00f3n de 35 empresas de aloxamento, turismo activo, museos e centros de interpretaci\u00f3n e oficinas de informaci\u00f3n tur\u00edstica, e que contin\u00faa esta anualidade con outras 40 m\u00e1is, entre as cales tam\u00e9n se atopan restaurantes, artes\u00e1ns e comercios de artesan\u00eda local. Todos os participantes recibiron formaci\u00f3ns estes meses antes do ver\u00e1n, e continuar\u00e1n con visitas de asesoramento para a implantaci\u00f3n dun plan de melloras, as\u00ed como diferentes actividades formativas e de traballo en rede a partires de setembro.<\/li>\n\n\n\n<li>Darlle continuidade \u00e1 mellora da competitividade no sector astrotur\u00edstico con actividades e formaci\u00f3ns sobre a mellora da iluminaci\u00f3n e a reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa, c<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/contaminacion-luminosa-dombate-2024-cmat\">omo a xornada celebrada no Dolme de Dombate o pasado mes de xu\u00f1o.<\/a>\u00a0Ademais, este ano, do 1 ao 4 de outubro, celebrarase na Costa da Morte, en concreto, na Casa da Cultura de Cee, o VII Encuentro Internacional Starlight, que traer\u00e1 expertos e expertas do astroturismo nacionais e internacionais, e que servir\u00e1 tanto para posicionar o destino da Costa da Morte como para po\u00f1er \u00e1 disposici\u00f3n das empresas, concellos e poboaci\u00f3n local, m\u00faltiples referencias de proxectos de dinamizaci\u00f3n tur\u00edstica a trav\u00e9s do astroturismo en todo o mundo, que servir\u00e1n sen d\u00fabida de inspiraci\u00f3n e de impulso \u00e1 posta en marcha de novas iniciativas deste tipo na nosa bisbarra.<\/li>\n\n\n\n<li>Promoci\u00f3n do destino e produtos tur\u00edsticos prioritarios a trav\u00e9s da rede e dos medios de comunicaci\u00f3n. Coa idea de continuar promocionando o xeodestino, estase profesionalizando tanto a xesti\u00f3n das redes sociais como da web da CMAT e a difusi\u00f3n en medios de comunicaci\u00f3n. A trav\u00e9s dos servizos dunha empresa especializada nestes campos, as redes da CMAT xa creceron, en conxunto, en m\u00e1is de 1.100 seguidores. Tam\u00e9n mellorou a presenza en medios de comunicaci\u00f3n, con medio centenar de noticias publicadas en diferentes xornais no mesmo per\u00edodo. Este servizo tam\u00e9n puxo en marcha o\u00a0<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/i-concurso-fotografico-costa-da-morte-naturalmente-salvaxe-cmat-gal\">I Concurso Fotogr\u00e1fico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe<\/a>, aberto ata o 30 de outubro deste ano 2024.<\/li>\n\n\n\n<li>Actualizaci\u00f3n e mellora da p\u00e1xina web de promoci\u00f3n tur\u00edstica da CMAT, visitacostadamorte.com, coa que se est\u00e1 a traballar desde hai uns meses, e que ver\u00e1 a luz nas vindeiras semanas.<\/li>\n\n\n\n<li>Nova edici\u00f3n do mapa tur\u00edstico da Costa da Morte, na que se est\u00e1n introducindo diversas melloras, coma por exemplo, incorporar un pequeno espazo para cada un dos concellos socios da CMAT, cunha proposta de ata 3 plans a facer en cada un deles, relacionados coa natureza, a cultura e a gastronom\u00eda ou festas. Ademais, o mapa incorporar\u00e1 un c\u00f3digo QR que dirixir\u00e1 \u00e1 nova web de turismo na que se est\u00e1 a traballar, e onde se informar\u00e1 das empresas tur\u00edsticas adheridas \u00e1 CMAT a trav\u00e9s de APTCM.<\/li>\n\n\n\n<li>Para levar a cabo todas estas actividades, a CMAT conta, ademais, co apoio dun servizo de asistencia t\u00e9cnica e outro de asesor\u00eda contable para garantir que a entidade cumpre cos requisitos necesarios para xestionar axudas e fiscalidade.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>En definitiva, este 2024 \u00e9 un ano de progreso para o desenvolvemento da xesti\u00f3n tur\u00edstica na Costa da Morte. Este progreso estase a traducir en importantes noticias para todo o territorio, como o feito de ser sede para o&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/post\/costa-da-morte-vii-encuentro-internacional-starlight\"><strong>VII Encontro Internacional Starlight de Astroturismo.<\/strong><\/a><\/p>\n\n\n\n<p>A colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada est\u00e1 a ser un motor de desenvolvemento moi relevante para a Costa da Morte e a CMAT \u00e9 un gran exemplo deste tipo de sinerx\u00edas. Por iso, o apoio de organismos como a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a \u00e9 crucial para continuar traballando na direcci\u00f3n correcta.<\/p>\n\n\n\n<p>Estase a traballar, paralelamente, para asinar un convenio de colaboraci\u00f3n entre a CMAT e Turismo de Galicia para 2024, co cal se ten previsto po\u00f1er en marcha viaxes de blogueiros profesionais do turismo para promocionar o patrimonio natural e cultural da Costa da Morte, a s\u00faa gastronom\u00eda, a s\u00faa artesan\u00eda e o proxecto Starlight, as\u00ed como outras iniciativas de promoci\u00f3n tur\u00edstica, como ser\u00e1 o IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, que se celebrar\u00e1 en novembro deste ano, pendente a\u00ednda de establecer onde. Tense previsto, en setembro, solicitar propostas ao sector privado da Costa da Morte para acoller o evento, que coa s\u00faa cuarta edici\u00f3n, p\u00f3dese dicir que xa est\u00e1 consolidado como o gran evento da uni\u00f3n do sector do territorio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a concede unha axuda de 95.520 euros \u00e1 entidade para levar adiante as acci\u00f3ns de xesti\u00f3n e promoci\u00f3n tur\u00edstica na Costa da Morte durante o ano 2024.<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64077,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A CMAT e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a colaboran un ano m\u00e1is para o desenvolvemento tur\u00edstico da Costa da Morte - Costa da Morte","description":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a concede unha axuda de 95.520 euros \u00e1 entidade para levar adiante as acci\u00f3ns de xesti\u00f3n e promoci\u00f3n tur\u00edstica na Costa da Morte durante o"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-64079","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64079\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64077"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}