{"id":64032,"date":"2024-10-16T12:09:58","date_gmt":"2024-10-16T10:09:58","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/?p=64032"},"modified":"2024-10-16T12:16:16","modified_gmt":"2024-10-16T10:16:16","slug":"blogtrip-costa-da-morte-2024-blogueiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/blogtrip-costa-da-morte-2024-blogueiros","title":{"rendered":"Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen pr\u00e9sa: as\u00ed definen Costa da Morte catro blogueiros profesionais"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>ZAS, 05\/09\/2024.&nbsp;<\/strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) convidou a catro blogueiros de viaxe a percorrer diversos concellos da Costa da Morte nunha actividade de promoci\u00f3n tur\u00edstica de tres d\u00edas na \u00faltima fin de semana de agosto. Nela, puideron gozar de actividades relacionadas co astroturismo, a artesan\u00eda local, a gastronom\u00eda, a cultura e a natureza do territorio. Este iniciativa foi posible grazas ao<strong>&nbsp;convenio de colaboraci\u00f3n entre a CMAT e Turismo de Galicia.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>As\u00ed viviron os catro blogueiros a s\u00faa experiencia<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Durante os tres d\u00edas que durou esta experiencia, os blogueiros participaron en actividades e visitaron lugares nos concellos de Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Dumbr\u00eda, Fisterra, Laxe, Mux\u00eda, Vimianzo, e Zas.<\/p>\n\n\n\n<p>As actividades, visitas e experiencias gastron\u00f3micas vividas foron conducidas por empresas do sector tur\u00edstico da Costa da Morte da Asociaci\u00f3n de Profesionais e Empresarios da Costa da Morte (APTCM). Unha demostraci\u00f3n de como a sinerxia entre o sector p\u00fablico e privado mellora os servizos e produtos tur\u00edsticos existentes na Costa da Morte. As\u00ed o demostran as conclusi\u00f3ns dos catro blogueiros participantes:<\/p>\n\n\n\n<p>Para&nbsp;<strong>Leticia P\u00e9rez,&nbsp;<\/strong>de&nbsp;<a href=\"https:\/\/trucosviajeros.com\/\">Trucos Viajeros<\/a>, (<a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/trucosviajeros\/?hl=es\">@trucosviajeros<\/a>&nbsp;en Instagram), viaxar por Costa da Morte \u00ab\u00e9 poder descubrir cada vez unha Costa da Morte diferente. Este territorio \u00e9 inmenso e con incribles atractivos para quen busca experiencias de natureza, de cultura inmaterial e de sabores. Pero tam\u00e9n cunha enorme capacidade de sorprender coas historias das persoas que viven aqu\u00ed e as s\u00faas tradici\u00f3ns e artes singulares. Sen d\u00fabida&nbsp;<strong>un destino perfecto para quen quere viaxar amodo e con boa letra<\/strong>\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Emma Sexto,&nbsp;<\/strong>blogueira que narra as s\u00faas aventuras a trav\u00e9s de&nbsp;<a href=\"https:\/\/unmundoinfinito.com\/\">Un Mundo Infinito<\/a>, (<a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/1_mundoinfinito\/?hl=es\">@1_mundoinfinito<\/a>&nbsp;en Instagram), conta que para ela, Costa da Morte teno todo: \u00abVolver a Costa da Morte sempre \u00e9 un chute de enerx\u00eda renovada para a alma. Un territorio no que a\u00ednda se atopa natureza virxe, onde perviven antigas tradici\u00f3ns e moita autenticidade. A s\u00faa gastronom\u00eda con produto local, a s\u00faa artesan\u00eda que reclama o propio. E sobre todo a s\u00faa xente, vinculada ao mar, sempre acolledora e disposta a mostrarche o mellor da s\u00faa terra.&nbsp;<strong>Unha zona fascinante de Galicia que o ten todo<\/strong>\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Rafael P\u00e9rez,&nbsp;<\/strong>blogueiro de&nbsp;<a href=\"https:\/\/viajandoelmapa.com\/\">Viajando el Mapa<\/a>, (<a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/viajandoelmapa\/?hl=es\">@viajandoelmapa<\/a>&nbsp;en Instagram) e apaixoado do enoturismo e necroturismo, viviu esta visita como unha aut\u00e9ntica experiencia para os sentidos: \u00abViaxar \u00e1 Costa da Morte \u00e9 facelo a un territorio cun car\u00e1cter distinto e distintivo que se ve reflexado na s\u00faa xente, na s\u00faa gastronom\u00eda, na s\u00faa arquitectura e na s\u00faa natureza. O territorio obr\u00edgache a transformarte (e o recomendable \u00e9 deixarse facer) para desfrutar a fondo da visita.&nbsp;<strong>As pr\u00e9sas son menos, as ganas de probar novos sabores aumentan e o ollo acost\u00famase a unha forma diferente de ver a vida&nbsp;<\/strong>que far\u00e1 que un percebe nos pareza o animal m\u00e1is fermoso\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Para&nbsp;<strong>Dani Keral<\/strong>&nbsp;(<a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/danikeral\/?hl=es\">@danikeral<\/a>&nbsp;en Instagram), que tam\u00e9n visitou a Costa da Morte noutras ocasi\u00f3ns, volver cami\u00f1ar por este destino implica facelo con calma e desfrutando de cada detalle: \u00abCon cada viaxe por Costa da Morte (xa perd\u00edn a conta), qu\u00e9dame m\u00e1is claro o infinitamente rico que \u00e9 este territorio en artes(an\u00edas), natureza, tradici\u00f3ns, gastronom\u00eda, astroturismo e turismo de experiencias&#8230; Isto reaf\u00edrmame na idea de que, na mi\u00f1a funci\u00f3n de comunicador, o meu deber \u00e9 dicirlle aos lectores (e futuros visitantes) que non fagan unha visita &#8220;can\u00edbal&#8221; por Costa da Morte, dedic\u00e1ndolle un ou dous d\u00edas para tomar as fotos t\u00edpicas. Polo ben do territorio pero, sobre todo, polo seu propio ben:&nbsp;<strong>o que se perden por viaxar con pr\u00e9sa \u00e9 incalculable<\/strong>\u00bb.<\/p>\n\n\n\n<p>Estas experiencias vividas polos blogueiros ser\u00e1n reflexadas nos seus propios espazos na web e nas s\u00faas redes sociais a trav\u00e9s de diferentes contidos. Esta acci\u00f3n busca promocionar a Costa da Morte como un xeodestino para poder desfrutar en calquera \u00e9poca do ano. Entre os catro blogueiros, contan con<strong>&nbsp;mill\u00f3ns de visitas anuais nos seus blogs.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\"><strong>M\u00e1is iniciativas para promocionar o turismo na Costa da Morte<\/strong><\/h3>\n\n\n\n<p>Esta iniciativa \u00e9 posible grazas ao financiamento de Turismo de Galicia a trav\u00e9s dun convenio de colaboraci\u00f3n coa CMAT, que ser\u00e1 asinado neste mes de setembro.<\/p>\n\n\n\n<p>Este convenio indica o forte compromiso dos concellos e de Turismo de Galicia co xeodestino Costa da Morte. A seguinte iniciativa de promoci\u00f3n do turismo enmarcada dentro deste convenio ser\u00e1 o&nbsp;<strong>blogtrip #CostaDaMorteEnFamilia<\/strong>, unha iniciativa que ten como obxectivo promocionar a Costa da Morte como destino tur\u00edstico ideal para familias. Nesta viaxe, que se celebrar\u00e1 os d\u00edas 14 e 15 de setembro, participar\u00e1n blogueiros especializados en viaxes en familia. Os blogueiros visitar\u00e1n&nbsp;<strong>os outros seis concellos do xeodestino Costa da Morte&nbsp;<\/strong>(Carballo, Coristanco, A Laracha, Malpica de Berganti\u00f1os, Mazaricos e Ponteceso)<strong>,&nbsp;<\/strong>coa intenci\u00f3n de asegurar o equilibrio territorial na promoci\u00f3n tur\u00edstica nestes dous blogtrips.<\/p>\n\n\n\n<p>A outra importante acci\u00f3n inclu\u00edda dentro do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia \u00e9 a celebraci\u00f3n do&nbsp;<strong>IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte<\/strong>, que ser\u00e1 o&nbsp;<strong>12 de novembro de 2024.&nbsp;<\/strong>Actualmente, o proceso de selecci\u00f3n da s\u00faa sede&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/presentacion-candidaturas-iv-encontro-turismo-costa-da-morte\">est\u00e1 aberto a candidaturas ata o 17 de setembro<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Catro blogueiros percorren a Costa da Morte nunha viaxe organizada pola CMAT para promocionar a artesan\u00eda, gastronom\u00eda, tradici\u00f3ns, natureza e cultura deste territorio<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":64010,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Un destino fascinante de Galicia para viaxar sen pr\u00e9sa: as\u00ed definen Costa da Morte catro blogueiros profesionais - Costa da Morte","description":"Catro blogueiros percorren a Costa da Morte nunha viaxe organizada pola CMAT para promocionar a artesan\u00eda, gastronom\u00eda, tradici\u00f3ns, natureza e cultura deste ter"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[661],"class_list":["post-64032","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-blogtrip-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64032","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=64032"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/64032\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/64010"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64032"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=64032"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=64032"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}